Nesta versión do Avaro atopamos fondas leccións de vida que nos falan do máis profundo e íntimo de nós mesmos e do máis grande defecto de todos os tempos: a avaricia, o pecado capital que nos leva a realizar as accións máis censurables. Esta obra é un agudo bisturí que nos permite diseccionar todo o horror ao que nos conduce a cobiza, e entrar no máis profundo do noso psiquismo. A avaricia ten levado ao ser a agudizar o máis escuro e criticable da súa condición
Unha noite escura de treboada. Unha casa apartada. Un motor que non arranca. Un teléfono que non funciona. E unha novela. Seis persoas que nun xogo inocente deben representar un papel: unha novelista feliz e algo retorcida; unha criada sumisa que podería comportarse doutro xeito; unha mente libre apaixonada da morte; un asesor de imaxe disposto a facer de forense e dúas mulleres de mundo, pragmáticas pero incautas. Porque para que a vida sexa creíble é preciso crear un mundo ficticio, onde nada é o que parece porque todos podemos construir a nosa propia realidade.
A representación deste espectáculo de alta repercusión social e actualidade foi elixido con motivo da celebración do "Día Internacional contra a violencia de xénero". Conta a historia dunha muller casada que é maltratada polo seu marido. Como consecuencia dunha brutal malleira recibida, o marido vai á cadea por un período de tres anos. Mentres tanto, María, vive co seu pai Ulises, que está gravemente enfermo... O marido sae do cárcere e regresa á casa. A muller, anguriada polo que le poida facer o marido terá que tomar a decisión da súa vida.
."Birth school work death" - Dir. Gabriel Ochoa / Prod. Teatre de L`Ull.
."Máis Madeira" - Dir. John Eastham / Prod. Lolalí
."O Intruso" - Dir. Omar Rabunhal / Prod. Correlo Pictures
."La más breve historia de amor jamás contada" - Dir. Fernando de France / Prod. Idea Film, Lolailo
."Sintonía" - Dir. Jose Mari Goenaga / Prod. Kimuak