Decembro

venres 1
20:30 h
Auditorio
"Engado" de Nova Galega de Danza
Espetáculo de Danza e Música galegas en directo

Tralo éxito acadado en 2004 coa súa obra "Alento" coa que conseguíu ser finalista nos premios MAX no apartado de Mellor Espectáculo Revelación de España e coa que lle merecíu a calificación de "compañía galega independente máis exitosa de 2004", chéganos o seu novo espectáculo: Engado. En Engado afóndase no proceso de fusión en vivo de música e danza, de vangarda e tadición galegas con vocación universal. É un espectáculo que fala da fantasía e da realidade nas nosas vidas. Trata de engaiolar ao público, de ser o engado para chegar a descubrir o misterio que levamos dentro, para soñar e atrevernos a loitar por aquelo que sentimos e sentir aquelo que arelamos.

sábado 2
19:00 h
Auditorio
"Un marido de ida e volta" de A Retranca
Teatro afecionado

"Un marido de ida e volta" representa unha das obras maestras do dramaturgo español Enrique Jardiel Poncela (1901-1952). Nela reflicte o autor a súa pasión máis pura polas situacións inverosímiles. Dividida en tres actos, a obra desenvólvese no marco dunha familia acomodada madrileña de finais dos anos trinta na que se fai intervir os personaxes nun argumento moi rico nas situacións cómicas, que convida ao sorriso desde o principio até o final.

  • Dirección: Melandrainas