15º Concurso de narracións breves Manuel Murguía |
Bases
- O Concello de Arteixo, para contribuír ó desenvolvemento da narrativa galega e honrar ó noso Patriarca, convoca con carácter anual o Premio "Manuel Murguía".
- Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
- Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior ós 15 folios nin superior ós 30.
- Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espacio, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Ademais, achegaranse nun sobre pechado o título, lema, nome, enderezo, teléfono e currículo do autor.
- As obras deben enviarse, facendo constar no sobre "15º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves", antes do 1 de marzo de 2006 ó seguinte enderezo.
Concello de Arteixo
Praza Alcalde Ramón Dopico, 1 15142 Arteixo A Coruña
- Establécese un único premio dotado con 3.665 Euros, sometido á correspondente retención. O galardón pode declararse deserto ou ser repartido "ex aequo" entre dous autores.
- O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2006.
- Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo de un mes a partir do fallo.
- O/s autor/es premiado/s renuncia/n ós seus dereitos no caso de que o Concello edite o/s texto/s ese fixer outras edicións fará constar que foi premiado neste certame.
- A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ó xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.
|
 |
|