VII Feira Histórica. Arteixo 1900

Arteixo e o mar

Nesta VII Edición preténdese unha alusión ao MAR na época histórica que aquí se rememora: finais do século XIX e principios de século XX. Diferentes representacións e ambientacións xirarán arredor das faenas da pesca: as redeiras, as artes de pesca, as peixeiras, a lonxa...

Para esta edición se recuperará algunha embarcación tradicional que se empregue como centro de atención nas distintas representación

Personaxes de animación como grupos teatrais escenificarán estas labores do mar, tentando reflectir dun xeito festivo ao tempo que realista e histórico, costumes e oficios fundamentais no desenvolvemento de poboacións tan próximas a Arteixo (Caión e mesmo na Coruña) en xeral, na Galiza de hai un século.

Cartel Feira Histórica Arteixo 2005