Bases
Normas de participación nos xogos tradicionais
Zancos
- Carreira nunha pista de 15 m, con ida e volta ata completar 30 m.
- 4 participantes por carreira.
- Cada caída penalizarase con un retroceso de 3 pasos.
- Realizaránse tantas eliminatorias como sexa necesario ata completar unha final de 4 membros. Só pasará en cada eliminatoria o gañador.
Birlos (bolos)
- Os birlos e demáis pezas puntuables colocaránse no chan, a 15 metros da zona de lanzamento, segundo este gráfico.
- O lanzamento da bola será en velocidade, debe ser polo aire, nunca tocando o chan, para caer dentro do cuadrado que limita a zona de puntuación. Cando a bola cae dentro do cuadrado e tira polo menos un birlo, comézase a sumar os puntos. Se a bola cae fóra do cadro, non se suma punto ningún. Non se pode tirar directamente á virolla nin á cega.
Competición forza individual: TIRO DA PEDRA
- Lanzamento dunha pedra de 3 o 5 Kg. para mulleres e homes respectivamente, á maior distancia posible.
Competición forza por parellas: SUBIDA DO PEIXE AFUMADO (novidade)
- Subida de sacos de peixe de 25 Kg. dende o chan ata o hórreo
Turre de maroma (tiro da corda)
- Equipos de 7 participantes tirando dunha corda por ámbolos dous extremso da mesma
Corda sobre o río
- Maiores de 16 anos: sábado 15 de outubro a partires das 17.00 h
- Nas dúas especialidades montaranse os sistemas de seguridade oportunos.
Carrilanas
A carreira disputarase en dúas modalidades; unha proba para carrilanas tradicionais (de madeira), e outra na que participen carrilanas de modelo libre.
Modelo tradicional ( de madeira )
O chasis , eixos e rodas, serán de madeira. Non se permiten casquillos, rodamentos nin similares entre a roda e o eixo, permitíndose calquera tipo de engraxe. As pezas que sexan móviles deben de ser de madeira. Deberá xirar madeira contra madeira, as rodas non poden ir provistas con ningún tipo de cámara de aire, aínda que sí poderán recubrirse con gomas cravadas ou pegadas para facer máis segura a baixada. O sistema de freada é libre, por razóns de seguridade recomendamos que o fagades o máis sinxelo e seguro posible. É importante que as carrilanas presenten unhas mínimas garantías de seguridade, de non ser así poderán ser excluídas da carreira por parte da organización.
- Medidas:
- a)Lonxitude máxima 3,5 metros
- b)Ancho máximo de 1,75 metros
- c)Diámetro de roda máximo de 50 centímetros
Modelo libre:
Nesta categoría tomarán parte todas aquelas carrilanas que estén feitas con calquera tipo de materiais, combinados de calquera maneira.
En calquera das dúas modalidades é obrigatorio o uso do casco, accesorio imprescindible para participar.
En ambas modalidades, as carrilanas non deben ter ningún medio de propulsión que non sexa a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos.
CARREIRA
- Realizarase unha primeira quenda de toma de tempos entre os participantes, que sairán nunha orde de saída a criterio da organización.
- A segunda quenda realizarase en grupos , segundo os tempos acadados na primeira. Esta segunda serie é a que decidirá os postos da clasificación final.
- Nesta segunda quenda non coincidirán ó mesmo tempo carrilanas tradicionais e de modelo libre
- As carrilanas poden ser inspeccionadas antes, durante ou desopois da proba, a estimación da propia organización. Podéndose desmonta-las rodas para comproba-los eixos ou o material.
- Non se permiten comportamentos antideportivos por parte dos participantes, o que será motivo automático de descalificación.
- Débense presentar os pilotos inscritos previamente e non outros, debendo estes presentar o DNI no caso de que lles sexa requerido por parte da organización, para comproba-la idade.
- Non pode participar ninguna carrilana que non esté previamente inscrita.
- A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se o estimase oportuno.
PREMIOS (dentro da modelidade de carrilanas de madeira)
Premios velocidade
- 1º clasificado: 300 Euros
- 2º clasificado: 150 Euros
- 3º clasificado: 90 Euros
Premio beleza
Premio carrilana tradicional
Na categoría de carrilanas de modelo libre, non se outorgarán premios nin trofeos.