O ir e vir de Pepe e máis de Xulia, as voltas e reviravoltas que dan no camiño, constitúen o contexto e o pretexto para amosar o movemento constante dunha terra que xira sobre si mesma e que pode ser tanto a nosa como calquera outra que se lle pareza.
Chegou aos escenarios o teatro de gansters ao máis puro estilo do cine negro americano. "Por un millón de dólares" traslada desde o celuloide ao escenario todos os ingredientes do xénero negro e algún máis. En "Por un millón de dólares" hai acción, tiros, persecucións, raptos, gangsters sen escrúpulos, detectives arriscados, soplóns, exconvitos ávidos de vinganza, amor e moito, moito, moito humor. E para derezar todo isto: a másica, con cancións interpretadas en rigoroso directo, que converten a "Por un millón de dólares" nun espectáculo mafioso-musical no que cabe todo agás o aburrimento.