Espectáculo revelación do 2004: Ruso negro é un concerto cómico ao estilo de Les Luthiers. Humor con guitarras, acordeóns, frautas, timbres, ralladores de queixo... É unha viaxe xeográfica (Brasil, Cuba, Arxentina, Exipto, Nova Iork ...) e musical(popular galego, flamenco, salsa, tango, ...). Tamén é parte do espectáculo "Trotamundos"(xunto con "O clan dos timos" e "Mofa e Befa".)
Espectáculo cómico e de variedades para todos os públicos, con diferentes números de "Casting" van desde a parodia, a maxia cómica, o "clown" e os malabares, até o cabaret, unidos por un excéntrico presentador, que fai pasar aos artistas á escea.
"Un marido de ida e volta" representa unha das obras maestras do dramaturgo español Enrique Jardiel Poncela (1901-1952). Nela reflicte o autor a súa pasión máis pura polas situacións inverosímiles. Dividida en tres actos, a obra desenvólvese no marco dunha familia acomodada madrileña de finais dos anos trinta na que se fai intervir aos personaxes nun argumento moi rico nas situacións cómicas, que convida ao sorriso desde o principio até o final.
Don, o dono dunha tenda de obxectos de segunda man, vende unha moeda coa figura dun búfalo americano por máis cartos do que esperaba. Se nda do que hai na chatarrería ten valor real, se todo é quincallería, ¿por qué pagaría alguén tantos cartos pola moeda? Don comeza a crer que foi timado.
Aparición de pombas, obxectos que levitan, que desaparecen, risas, moita maxia e todo coa participación do público. Actuación para nenos e maiores. Número de maxia internacional.
Escrita en 1933, esta obra do dramaturgo Enrique Jardiel Poncela trata o concepto de cazador cazado a través dun Don Xoán que se namora da única muller que o rexeita. Sempre baixo o finísimo prisma do humor de Jardiel Poncela, o absurdo mixtúrase cos personaxes nunha deliciosa comedia de enredo.
Maxia visual, desparicións, lectura de pensamento, etc.
¿E por qué feminino? Pois porque fala basicamente de mulleres. Son nove historias de mulleres. ¿E por qué plural? Porque fala de moitos tipos de mulleres. Falamos de mulleres normais. Coma vós ... e como nós.