Escudo do Concello Correo Inicio

Decembro

venres 2
20:30 h
Auditorio
Vento mareiro
de Avelino González e Cuarteto Caramuxo
Teatro profesional

Espectáculo músico-vocal que conta historias do mar. Sentar á beira do mar é sentar á beira dun bo conversador, fonte de historias, sucedos, anécdotas amables, tráxicas ou canallas. Contamos a copla da factoría baleeira de Cee, contamos a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón da Toxa; a decadencia do acordeón por culpa das sereas; a historia do Andrucho- de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia foi dar en contrabandista no Amazonas; o Golpe de Mar - de Manuel Rivas - que ataca aos barcos que pescan no Gran Sol contada en galenglish. Coas palabras facemos as historias e cos sons a música para facer do vento mareiro un baile bailable...

  • Autores: Manuel Rivas, Avilés de Taramancos, Xurxo Souto, Avelino González
  • Dirección: Avelino González
  • Elenco: Avelino González, Fernando Abreu, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto, Patricia Cela, Alonso Cadaxe
sábado 3
17:00 h
C. C. Larín
O Kasting
de Picompe
Teatro de rúa infantil

Espectáculo de circo. Unha pista central onde os espectadores participan do desenvolvemento da actuación. Grupo de animación infantil traballando a mímica, globoflexia, malabares, teatro, ...

  • Dirección: Picompe
  • Elenco: Xavi Picos, Pepablo Patiño