Escudo do Concello Correo Inicio

sábado 15

  • 11:00 - 14:30 h. FEIRA DE ARTESÁNS 1900 e FEIRÓN ARTEIXO
     
  • 11:00 h. Apertura feira de artesáns 1900
     
  • Apertura das portas simbólicas - 3 accesos ao recinto
    Avda. Balneario (entrada principal) - Travesía de Arteixo - Paseo do Balneario
  • Apertura de Exposicións e Mostras
    • Exposición Aparellos 1900
      Lugar: Carpa zona do hórreo
    • Mostra Traxes tradicionais 1900
      Lugares: Centro Cívicos Froxel, Arteixo e Casa do Concello. Dende o 19 de setembro
    • Obxectos e Fotografía Antiga
      Lugar: Centro Cívico Cultural Arteixo Do 4 ao 15 de outubro Organizada pola Asociación de Pensionistas e Xubilados de Arteixo
    • Saída da comitiva 1900
      Onde diferentes persoeiros ataviados de época anunciarán o comenzo da feira cun percorrido polo recinto. Lugar de saída: Centro Cívico Cultural de Arteixo
    • Máis...
      Taberna de Picadillo, Venda de rosquiñas, castañas asadas, licor caseiro, bailes e músicas tradicionais.
  • 12:00 h. Traballos tradicionais do agro

    Presentados en forma de actividades que recuperan a memoria histórica de como se vivía e sen desenvolvían os traballos do campo.

    A malla. Arredor da máquina de mallar, xuntaránse labregos e labregas para levar a cabo este traballo tan duro onde a unión entre os veciños servía tamén para o disfrute.

    Esfolladores, traballando arredor do millo,esfollando e xuntando a poma do millo que máis tarde sería utilizada para facer os colchóns...

    Cesteiros, grupo que estará facendo cestos coas brimias ao xeito tradicional...

    Zoqueiros, arranxando zocas coas ferramentas da é...

    Redeiras, traballando preto do río...

    Tabaqueiras, percorrendo os distintos lugares da feira...

    Vendedoras de peixe, comerciando co xurelo, parrocha, arenque...

    Lugar: O Hórreo e recinto feiral 1900
  • 13:00 h. Escenificación de "A Malla"

    Recreación en tono de humor de como as mulleres exercían a súa labor nestas xuntanzas.

    Lugar: O Hórreo (a carón do Centro Cívico Cultural)
  • 16:00 - 20:30 h. RUEIRO E PASEO DO BALNEARIO
     
  • 17:00 h. Xogos Populares de adultos

    Actividades para competir para maiores de 16 anos - Información no stand do Concello

    Corda sobre o río - Baixada de carrilanas - Tiro con arco

  • 17:30-20:00 h. Xogos Tradicionais

    Con xogos para participar e aprender tamén actividades para competir (maiores de 16 anos. Inscripcións e bases no stand do Concello ao longo do sábado. Apuntamento de balde e premios para os gañadores.)

  • 17:30 h. Para participar e aprender: ZANCOS E BOLOS

    Ao longo de toda a tarde. Participación aberta á todolos públicos. Apuntamento no lugar do xogo. Os monitores darán información e material para participar.

  • 18:30 h. Competición de forza individual: TIRO DA PEDRA

    Lanzamento dunha pedra de 3 a 5 k. á maior distancia posible

  • 19:00 h. Competición de forza por parellas: SUBIDA DO TRIGO

    Subida de sacos de trigo de 25 k. dende o chan ata o hórreo

  • 19:30 h. Competición de forza por equipos: TURRE DA MAROMA

    Equipos de 7 participantes tirando da corda polos extremos

  • 20:30 h. Entrega de premios

    Xogos Populares e Tradicionais

  • 22:00 h. CEA BAILE 1900 (previa entrada numerada)

    Cea tradicional 1900 con agasallo de prendas (Homes:montera/Mulleres:pano)

    Menú:Polbo á feira, xamón asado con pataca cocida, queixo con membrillo

    Ademais:Baile 1900, Queimada Máxica, Chocolatada, Orquestra Pontevedra

Aconséllase a tódolos asistentes vestir prendas de anteriores edicións, convidando a todos a vestirse como en 1900.