Escudo do Concello Correo Inicio

VI Feira Histórica. Arteixo 1900

Arteixo e o agro

Nesta VI Edición preténdese unha alusión ao AGRO na época histórica que aquí se rememora: finais do s.XIX e principios de século XX.

O "AGRO" preséntase pois a través de diferentes representacións que xirarán arredor das labores do campo:a malla, construcción de medeiros para colocar os monllos de trigo de pé, a esfolla de millo...Para esta edición prantouse trigo do pais, o cal ao longo do mes de xullo se levou a cabo a sega en colaboración dos veciños de Arteixo e almacenouse posteriormente no hórreo co fin de poder conservalo ata as datas da feira.

Asimesmo, rehabilitouse unha máquina de mallar para recrear o proceso tradicional da malla seguindo as fases de prantación, sega, recollida, meda, malla e almacenamento e muiñaxe.

Personaxes de animación como o labrego e o espantallo así como grupos teatrais interpretarán e escenificarán estas labores da terra, tentando reflectir dun xeito festivo ó tempo que realista e histórico, costumes tan importantes no desenvolvemento económico de Arteixo e, en xeral, no mundo rural da Galiza de hai un século.

Cartel Feira Histórica Arteixo 2005