A organización resérvase o dereito de modificar e interpretalas normas destes xogos sempre e cando fóra necesario para o bó desenvolvemento do xogo.
A carreira disputarase en dúas modalidades; unha proba para carrilanas tradicionais (de madeira), e outra na que participen carrilanas de modelo libre.
O chasis , eixos e rodas, serán de madeira. Non se permiten casquillos, rodamentos nin similares entre a roda e o eixo, permitíndose calquera tipo de engraxe. As pezas que sexan móviles deben de ser de madeira. Deberá xirar madeira contra madeira, as rodas non poden ir provistas con ningún tipo de cámara de aire, aínda que sí poderán recubrirse con gomas cravadas ou pegadas para facer máis segura a baixada. O sistema de freada é libre, por razóns de seguridade recomendamos que o fagades o máis sinxelo e seguro posible. É importante que as carrilanas presenten unhas mínimas garantías de seguridade, de non ser así poderán ser excluídas da carreira por parte da organización.
Nesta categoría tomarán parte todas aquelas carrilanas que estén feitas con calquera tipo de materiais, combinados de calquera maneira.
En calquera das dúas modalidades é obrigatorio o uso do casco, accesorio imprescindible para participar.
En ambas modalidades, as carrilanas non deben ter ningún medio de propulsión que non sexa a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos.
Pola nosa parte vos teremos informados de calquera novidade que poida surxir.