Escudo do Concello Correo Inicio

Arteixo Namorado

Nesta V Edición preténdese unha alusión ó AMOR na época histórica que aquí se rememora: finais do s.XIX e principios de século XX.

O "Arteixo Namorado" preséntase pois a través de diferentes representacións que tentan ser un referente dese sentimento universal ubicado nesta ocasión en Arteixo e reflectindo a Galicia histórica. Así, esta edición contará, entre outras moitas actividades, coa actuación dunha bailarina para o papel de LA BELLA OTERO, muller que namorou ós máis poderosos homes de negocios e política, dende Rockefeller ata o Zar de Rusía.

A liña temática comezará o venres co pregón e coa posta en escea de "A Noite" da Compañía Quinquilláns, na que un camiñante, se enfrenta ós seus medos e á posibilidade de atopar o amor no seu peregrinar. No Feirón, as animacións estarán integradas nas propostas de voluntarios, como as "Cantigas de Namorar", "Gaiteiros a mocear polas rúas"... e moito máis.

Cartel Feira Histórica 2004