Procesión de "San Tocón de Madeira" e "Romería da Madeira"
Baseándose na tradicional "Feira da Madeira", que se celebra en Pastoriza, arredor deste tempo, (co gallo da festividade de San Miguel), elixiuse como motivo de participación grupal a "Romería da Madeira" coa sempre presente "Procesión de San Tocón de Madeira".
Esta romaría, será a ocasión dos labradores e labradoras para mercar os aparellos que necesitaban de distintos materiais de madeira para facer os cestos, cestas, paxes, xugos de vacas e mulas, arados, etc. Tamén será a ocasión para asistir como "é debido" á Procesión e logo botar unhas repichocas, regueifas, etc. e para acabar a noite de cea e baile.
Competición de Carrilanas
Para esta III Edición, contaráse unha vez máis coa tradicional baixada de Carrilanas, - tamén coñecidas por estes lares como zorras -. Engádese á espectacularide que ten por sí a carreira o feito de que tódolos vehículos estarán costruidos polos propios participantes, con chasis, eixos e rodas de madeira. Debido ó exito do pasado ano e ás peticións recibidas por parte dos participantes, esta edición a carreira contará cun maior percorrido para diversión de participantes e espectadores. Como novidade nesta edición, terá lugar unha Competición de Carrilanas Infantil, na que poderán participar nenos e xoves ata os 16 anos. Na entrega de premios darase merecido recoñecemento ós vehículos máis veloces así como ós mellor construídas. Os premios serán os seguintes:
Premios competición Adultos:
- Velocidade:
- 1º premio: 300,51 €
- 2º premio: 150,25 €
- 3º premio: 90,15 €
- Ornamentación:
- Premio único á carrilana mellor ornamentada: 150,25 € + Trofeo
Premios competición Infantil
(Tódolos participantes de ambas modalidades recibirán unha camiseta de recordo)
Obradoiros Lúdicos e Xincana de Xogos Populares
Incorpóranse de xogos populares ordeados ó longo do Paseo Fluvial: Construcción de Xoguetes Tradicionais -correcamiños e patinetes-" e "Creación de Títeres e Bonecas de Millo". Asimesmo, a Xincana de Xogos Populares este ano visitará as casas máis importantes de toda a parroquia: Casa do Cacique, Casa da Escola, Casa do Boticario, Casa do Crego, Casa de "Tócame Roque".
Concurso de Cociña
Para esta III edición ofrécese para tódolos interesados a posibilidade de presentar un máximo de tres pratos (primeiro prato, segundo prato e postre), elaborados coas tradicionais receitas de Picadillo. Este concurso de cociña reparte 3 premios consistentes nun exemplar do libro "La Cocina Práctica por Picadillo).
Carreira de Burros
Unha das actividades que acadaron maior éxito na pasada edición, debido á súa espectacularidade e á emoción da loita pola victoria entre os magníficos exemplares arteixáns, xunto coa aportación fundamental de tódolos xinetes nunha rifa anectótica e divertida que discorre a galope entre os aplausos do público. Tódolos participantes recibirán unha camiseta de recordo.
Cucaña Vertical
Festexo típico de habilidade e forza cosistente e trepar por un longo pao de madeira polo cal haberá de subir ata a súa parte máis alta todo aquel xoven ou adulto que desexe facerse co premio que se atopa na cima. O gañador recibirá un suculento xamón.
Corda sobre o Río
Sen dúbida unha das actividades máis atractivas e divertidas para público e participantes. Os xóvenes e adultos máis hábiles e resistentes deberán facer un percorrido suspendidos ou asidos dunha corda que atravesará o rio do paseo Fluvial. Non é doado conseguilo pero abofé que paga a pena tentalo. Ó igual que na Cucaña Vertical, o gañador obsequiaráselle cun xamón.
Tiro con Arco
A gran novidade desta edición. Situraráse nun dos terrenos ubicados detrás do centro Cívico, a carón do río, tratará de comprobar se os xóvenes do século XXI conservan a habilidade e punteiría dos nosos antergos.
Torneo de Xadrez
Durante a mañá do domingo, estarán postas a disposición dos visitantes diferentes mesas de xadrez para poder participar activamente nun dos xogos con máis tradición na nosa cultura. Asimesmo, os integrantes do Clube de Xadrez Arteixo xogarán caracterizados da época para divertimento e curiosidade de tódolos visitantes.
|