Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
Presentación
Descripción
A Marca
Programa
Representacións
Colaboracións
 
Indice

Programa de Actividades

VENRES 18

  • 20: 15 h. Inauguración Oficial
    Mostra de Vídeo e Exposición Fotográfica
    Reportaxe da I e II Edición da Feira Histórica Arteixo 1900 na Sala de Exposicións do Centro Cívico.
  • 20:45 h. "O País da Comedia" - Nordesía Produccións -
    Auditorio do Centro Cívico Cultural
  • 22:30 Pregón a cargo do actor Carlos Blanco
    Centro Cívico Cultural
  • 22:45 h.-02:00 h "Noite de Foliada"
    Varios grupos de gaiteiros realizarán un percorrido polas rúas de Arteixo -partindo do Centro Cívico Cultural- efectuando paradas ás portas de cafés e cervexarías e amenizando a velada ós novos que alí se dean cita.

Animación nos seguintes locais: Cervexaría A Taberna, Cervexaría Avenida, Cafetería O Paseo e Cafetería Pasatempos.

A Santa Compaña fará a súa aparición polas rúas de Arteixo, polo que durante uns minutos a Vila de Arteixo quedará sen luz.

SÁBADO 19

  • 11:00 h-14:30 h. Apertura Feira de Artesáns e Feirón de Arteixo
    Presencia no Feirón de Arteixo dos personaxes de Manuel Murguía e Picadillo
    "Xogos de Patio" escenificación de xogos populares: as boliñas, pañuelo, churra monta na burra...
    As Lavandeiras no Río, venda das "Herbas dos Remedios" e Asadores de Castañas
    Cantar de Cego e Lazarillo con títeres e un esquelete.
    Lobishome representado por un zancudo
    Espectáculo de Titiriteiros con Teatriño
    Representación dunha compra-venda cos personaxes: vendedora, compradora e xendarme
  • 12:00 h. Procesión de "San Tocón de Madeira" e "Romaría da Madeira"
  • 13:30 h. Concurso de Cociña na Taberna de Picadillo
  • 16:30 h.-20:30 h. Rueiro e Paseo Fluvial de Arteixo
  • 16:30 h. Obradoiros Tradicionais infantís: "Construcción de Xoguetes Tradicionais -correcamiños e patinetes-" e "Creación de Títeres e Bonecas de Millo".
  • 17:00 h. Xogos Populares de adultos
    Carreira de Carrilanas, Carreira de Burros, Cucaña, Corda sobre o Río e Tiro con Arco
  • 20:30 Entrega de premios
  • 21:30 h. Cea Baile 1900 - previa entrada -
    Cea Tradicional con agasallo dunha prenda tradicional (chaleque e pano)
    Menú: Empanada de Xouba, Zorza con cachelos e Queixo con Membrillo
    Escenificación dunha queimada
    Gran Baile 1900 amenizado pola Orquestra Los Key
    Chocolatada

DOMINGO 20

Paseo Fluvial de Arteixo

  • 11:30 h. Apertura Postos de Artesáns e Taberna de Picadillo
  • 11:30 h. Xincana de Xogos Populares que este ano visitará as casas máis importantes de toda a parroquia: Casa do Cacique, Casa da Escola, Casa do Boticario, Casa do Crego, Casa de "Tócame Roque".
  • 12:00 h. Torneo de Xadrez
  • 13:00 h. Carreira de Patinetes
    Músicas pola rúa
  • 13:30 h. Entrega de Premios
  • 14:00 h. Peche da Feira Histórica. Arteixo 1900

  |   Indice   |