Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
Presentación
Descripción
A Marca
Programa
Representacións
Colaboracións
 
Indice

Debido ó éxito acadado en canto á asistencia e participación de público nas dúas primeiras edicións, o Concello de Arteixo celebra por terceiro ano consecutivo a Feira Histórica. Arteixo 1900. Neste senso, esta nova cita coa historia preséntase como a edición máis sólida en canto ó programa, pois o evento celebrarase por vez primeira durante tres xornadas, quedando fixadas as datas para o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de outubro de 2002. O propósito é instaurar a Feira Histórica. Arteixo 1900 na 3ª fin de semana de outubro, aumentando o programa de actividades de un día (primeira edición) a dous días (segunda edición) ata os tres días nos que se celebrará este ano.

É para nós fundamental asentar as bases marcadas en anteriores ocasións, e que fan que a Feira Histórica. Arteixo 1900 sexa única a nivel de toda Galicia. Así pois, son varios os aspectos que me gostaría destacar especialmente nesta III Edición, e que son as claves para que o éxito desta feira siga medrando ano tras ano:

Dende a organización prantexamos achegarnos á diversidade de visitantes e satisfacer as súas necesidades abarcando diferentes áreas como poidan ser: a Artesanía a través dos expositores, a Música con actuacións polas rúas, a Gastronomía cun Concurso de Cociña e a Taberna de Picadillo, a Xuventude a través de concursos e xogos populares e, como non, as Tradicións con escenificacións populares, sen esquecer os costumes, oficios, xogos, vestimenta e personaxes do Arteixo de 1900. Cabe destacar, asimesmo, o apoio prestado por parte dos organismos, empresas, asociacións e voluntariado, que, cada vez máis, fan posible o desenvolvemento da Feira Histórica. Arteixo 1900. En consecuencia, por todas estas razóns convidámosvos a asistir, participar e disfrutar da Feira Histórica. Arteixo 1900 o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de outubro.

Gracias pola vosa presencia e colaboración.

  |   Indice   |