|
A consolidación do evento, instaurado de xeito permanente, conduce neste terceiro ano a crear unha identidade propia que identifique gráficamente as características e valores que se pretenderon trasladar dende o nacemento en 2000 da Feira Histórica. Arteixo 1900.
O obxectivo pretendido coa creación da Marca foi representar o evento reflectindo na súa gráfica o carácter propio de principios do século XX. Resultaba de importancia crear unha imaxe perdurable pero versátil, entendendo como Marca propiamente dita Feira Histórica. Arteixo 1900, e considerando de xeito paralelo a aplicación de Arteixo 1900, tendo en conta que é posible que nun futuro próximo desenvolvan outras actividades relacionadas coa temática que se extendan máis aló da feira. Asimesmo, poderase integrar na Marca o número romano que represente a cada edición. Para conquerilo utilizáronse dúas tipografías clásicas:
Para o texto "Arteixo" empregouse a fonte Sabon (a coincidencia toponímica é casual ) en caixa alta. Trátase dunha tipografía sobria de peso equilibrado para representar o nome-poboación, o tratarse dunha nomenclatura invariable ó longo dos anos. Para aproximala a ese carácter antigo que necesitábamos aplicouselle un leve efecto de rotura que lle outorga unha irregularidade propia do papel non fabricado en serie.
Para o texto "Feira Histórica" e "1900" decantámonos por unha tipografía que imita á escrita a man (propia de pluma), que consideramos encaixa axeitadamente coa data que representa.
Cores corporativas:
Concebíronse dúas versións (branco e negro e unha versión nunha tinta). Para a elección das cores considerouse axeitado o emprego da cor Pantone 140cvc, xa que é unha cor terra agradable e elegante e que nos recorda a ese ton sepia das fotografías antigas e evoca o pó dos camiños polos que debían de transitar na época as persoas e animais de carga que se dirixían ou facían parada en Arteixo para intercambiar mercadorías....
O cartel:
Paralelamente, no cartel emprégase a cor sepia como si de unha fotografía antiga se tratase, facendo uso para elo dunha imaxe propia da dunha das actividades máis representativas da feira e da época (labrego ó coidado dun burro), cun tratamento de distorsión que nos traslada a tempos pasados.
|