Plublicidade non sexista
Qué é ?
É un Organismo que depende do Servicio Galego de Igualdade que ten como principais funcións as seguintes:
- Análise e clasificación dos contidos denunciados co fin de obter unha visión da situación actual da publicidade con respecto a muller
- A recollida de denuncias cidadáns sobre anuncios e campañas publicitarias consideradas sexistas.
- Difundir a información obtida co fin de continuar fomentando o rexeitamento ó tratamento discriminatorio na publicidade e nos medios de comunicación.
- Constituír un foro de intercambio e comunicación sobre a publicidade non sexista.
- Recibir información sobre actividades que poñan en marcha as Administración Públicas en materia de publicidade non sexista.
Requisitos:
- Que sexa publicidade aparecida no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia
- Non se atenderán aspectos xurídicos, si de trámite e de sensibilizaci&aocute;n
- Que o contido sexista do anuncio encaixe dentro da definición recollida no artigo 3 da Lei 34/1988, xeral de publicidade, no que se dispón que se entenderá como publicidade ilícita "a que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores e dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente no que se refire á infancia, á xuventude e á muller."
Formulario de denuncia de publicidade sexista
Lexislación