Estou farta de ser mercadoría de cambio. Estou farta de ser a primeira vítima en guerras que non comecei. Estou farta de estar en cabeza na estadística de pobreza. Estou farta de tanta humillación. Estou farta de que me regalen bonecas e cacharriños. Estou farta de que me recorden o síndrome. Estou farta de ter que mirare no espello continuamente. Estou farta das dietas. Estou farta da publicidade de AXE. Estou farta de ser unha esposa, nai e traballadora que non entra no canon dos publicistas. Estou farta dos baños nos que hai que ser contorsionista para entrar.
Quero entrar nunha tenda e pedir sen rubor unha talla 50. Quero que na publicidade aparezan mulleres coma mín. Quero que ninguén me diga como "ser muller". Quero pensar por min e para min. Quero respecto cando collo a vasoira ou frego os pratos. Quero ser eu mesma sen pensar en que categorÃía me encadran. Quero dialogar e polemizar on homes sen que mostren actitudes paternalistas. Quero regalarlle á miña filla coches e balóns sen que me critiquen. Quero tomar café nun bar sen que se pregunten se fixen os labores da casa. Quero practicar artes marciais e non quero apuntarme a bailes de salón.
Pido respecto para min por ser persoa, non por ser muller. Pido que me deixen elixir o meu estilo de ser muller. Pido a todos os fundamentalismos que deixen de selo. Pido a eliminación da violencia contra as mulleres. Pido a eliminación da discriminación contra a muller. Pido a eliminación da dobre discriminación das lesbianas. Pido revistas para a muller nas que non se fale de como compracer ao marido ou como estar guapa aos 40 sen aparentalos. Pido que me deixen decidir sobre o meu corpo sen presións de certos grupos. Pido poder desenvolverme como persoa. Pido que se tomen en serio enfermidades como a anorexia e a bulimia. Pido que se acaben as manifestacións onde se me di como debo ser e sentirme coma muller.
Elvira Maceiras Piñeiro (Artigo gañador ano 2008)