Quen é Dora Vázquez?

Dora Vázquez naceu en Ourense o 21 de agosto de 1913. Os seus primeiros estudios foron en A Coruña, onde viviu dende os 6 ata os 13 anos. Logo ós 17 comezou os estudios de maxisterio na Escola Normal de Ourense.

Fíxose Mestra Nacional no ano 1933, exerciu a súa profesión en Teimende (Ourense) durante 18 anos e durante outros 15 foino en Larín-Arteixo.

Dende moi nova comeza a publicar artigos nos diarios "De Noche", "El Ideal Gallego", "La Voz de Galicia", "Vida Gallega", etc.

Tamén foi colaboradora na radio co programa "Sempre en Galicia", e na emisora de RNE A Coruña en "Emisión Bazar" nos anos 1956 e 1957.

A súa obra literatura componse dun milleiro de traballos, artigos e poemas publicados en diversos periódicos e revistas, aparte da súa obra maior, composta de ensaios, contos infantís e de maiores, novelas, teatro, et.

No ano 1997 o Concello de Arteixo publica a súa obra "Madeiras Debandando".