Bases

  • O Concello de Arteixo a través da súa Concellaría de Muller, convoca o "VII Certame Xornalístico Dora Vázquez" 2009.
  • Poderán concorrer a el todas as mulleres que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, de temática libre e escrito en galego. As autoras serán responsábeis do contido dos artigos.
  • Os artigos deben ter unha extensión de entre 1500 e 2200 caracteres, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado e cun lema da autora.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autora do artigo. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno, tamén pechado, que levará escrito por fóra o título do artigo e o lema da autora. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.
  • Os artigos poderanse presentar ou enviar, facendo constar "PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ", antes do 13 de febreiro de 2009 ao

    Concello de Arteixo

    Pza. Alcalde R. Dopico, 1

    15142, Arteixo, (A Coruña)

  • Establécese un único premio dotado de 600 € e sometido á retención legal establecida. O premio pode quedar deserto.
  • O xurado, designado polo Concello de Arteixo, fará pública a súa decisión inapelábel no mes de marzo, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin. A autora premiada comprométese a asistir a este acto.
  • Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes dende o fallo do xurado,na Concellaría de Muller

    Centro de Información ás Mulleres

    Avda. do Balneario, 10, baixo

    15142 - Arteixo.

    Transcorrido este prazo, os artigos non premiados que non sexan recollidos, serán destruidos.
  • A autora premiada renuncia aos seus dereitos económicos en caso de que o Concello publique o texto. A obra gañadora será publicada no xornal "El Ideal Gallego" e "La Opinión", da Coruña.
  • A interpretación das bases corresponde ao xurado. O feito de participar supón por parte das autoras a aceptación destas bases.

Nota: o Concello dispón dun servizo de Normalización Lingüística, que poderán utilizar as autoras antes da presentación do artigo a este Certame.