Orientación laboral
Servicio Público de Emprego de Galicia
O Concello de Arteixo dende 1996 forma parte da Rede de Centros Asociados ó Servizo Galego de Colocación, e presta os seguintes servizos:
Programa de INFORMACIÓN PROFESIONAL
Tratamento da Demanda de Emprego mediante Entrevista Ocupacional, individual e persoalizada, co fin de validar o Curriculo Vitae do demandante de Emprego, introducilo na Bolsa de Emprego do Servizo Galego de Colocación e asesorar ó demandante sobre as ocupacións ás que opta ou outras alternativas.
Programa de ORIENTACIÓN LABORAL E BUSCA DE EMPREGO
- Accións Individuais: Asesoramento persoal co obxectivo de acadar, entre outras, as seguintes actuacións:
- Axudar ó usuario a definilo seu proxecto profesional, mediante a elaboración dun itinerario de inserción laboral
- Instrucción nas Técnicas de Busca Activa de Emprego
- Elaboración e adaptación do Curriculo Vitae Personalizado
- Información acerca do Mercado Laboral e a Oferta de Emprego
- Intervención Motivacional cara ó proceso
- Accións Colectivas: Execución de Programas Especiais para a inserción laboral de colectivos en risco de Exclusión Social (Grupos de Busca de Emprego e Inserción Socio Laboral).