Programa de cooperación

Os Programas de Cooperación supoñen unha subvención para a contratación, por parte das entidades locais, de traballadoras/es desempregadas/os inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social con obxecto de mellorar o seu grao de empregabilidade, a través da adquisición dunha experiencia profesional que lles permita a súa inserción no mercado laboral.

As persoas interesadas en participar nestes programas de fomento do emprego deben estar necesariamente inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como desempregados ou desempregadas e, con carácter xeral, quen foron contratadas por un periodo superior a nove meses nos últimos tres anos non poderán volver a ser contratados ao abeiro desta orde ata transcurridos outros tres anos.

Para o ano 2008 o Concello de Arteixo recibiu subvencións da Consellería de Traballo para o desenvolvemento de 8 Programas de Cooperación cun total de 30 traballadoras/es. Os programas estan dirixidos a:

  • Brigada Forestal
  • Salvamento
  • Obras
  • GRUMIR (Grupo Municipal de Intervenciín Rápida)
  • Conserxe/Limpadora
  • Educadores/as de rúa
  • Apoio Servizos Sociais
  • Auxiliar de Deportes