É un novo servizo de Formación e Emprego do Concello de Arteixo, que fai unha aposta cara ás novas tecneloxías, incorporando un portal de emprego á páxina web do Concello.
Este proxecto consiste en achegar a busca de emprego á cidadanía a través da chamada sociedade de información e do coñecemento, facilitando así o aceso directo ás ofertas de emprego, sen intermediarios e sen ter que desprazarse, só cun ordenador e desde calquer lugar de residencia, permitindo deste xeito atopar un emprego aínda que residas noutra cidade.
O Concello de Arteixo conta cunha bolsa de emprego on-line, onde se poden inscribir todas aquelas persoas que pescuden un traballo.
A bolsa de emprego está dirixida a:
Para formar parte da bolsa de emprego existen duas modalidades:
Deben adxuntar a solicitude de emprego o D.N.I./N.I.E. ou calquer documento acreditativo provisional ao Departamento de Formación e Emprego, ou ben por correo electrónico ou fax.
Os interesados nas ofertas de traballo poden visualizalas no apartado: consulta das ofertas actuais da bolsa de emprego on-line na web www.arteixo.org.
Para presentar a oferta tamen existen dúas modalidades:
Pode entrar na Bolsa de emprego on-line no enlace de abaixo: