Fundamentalmente diríxense a usuarios/as de entre os 3 e os 14 anos pero con algunha outra dirixida a adultos.
A animación á lectura ten tres épocas ó ano: mes de febreiro, dedicada ós alumnos de educación infantil, meses de marzo a maio con campañas de animación á lectura para rapaces/as ata os 11 anos con grupos como Trinke-Trinke e profesionais como a ilustradora Marisa Irimia.
Durante os meses de novembro e decembro realízase outra campaña como remate do ano. A participación é duns 80 rapaces/as cada día e, as función realízanse cada 15 días aproximadamente.
Tamén se admiten propostas polos usuarios.
Todas estas actividades abranguen a tódolos puntos bibliotecarios do Concello.
| Indice |