20-01-2004 Manuel Pose e Juan Rey participan nun seminario sobre a xestión da auga
O alcalde Manuel Pose, acompañado do Concelleiro de Facenda, Juan Rey, viaxan a Madrid para participar nun seminario adicado á xestión da auga. Trátase de analizar en dous días, tódalas posibilidades que existen neste aspecto así como o seu funcionamento para o aplicar á futura empresa mixta que se creará no municipio para a xestión do servicio.
As xornadas, organizadas pola Escola de Xestión Pública e Consultores da Administración Pública, leva por título .Xestión da auga: modelos competenciais de xestión e aspectos financeiros..
Unha xunta de voceiros celebrada o pasado mes de decembro decidiu deixa-lo futuro auga en Arteixo en mans dunha empresa mixta. Técnicos municipais estudian arestora a fórmula, dentro dunha empresa mixta, máis adecuada ó municipio e ás súas necesidades. O Concello podería, según as circunstancias, participar da sociedade como socio maioritario ou minoritario.
Entre os compromisos adoptados polo goberno para a creación desta empresa destacan os principios de calidade á hora de presta-lo servicio e o custo que suporá para o viciño.
| Inicio |