24-05-2004 VI Xuntanza de maiores (3ª Idade) Festa-Xantar 2004 (sábado 29 de maio)
Nota: A entrada á zona de Comedor reservado farase entregando o Vale-Xantar que previamente se recollerá nos centros colaboradores, ó precio de 6 euros.
24-05-2004 Festa das flores. 28/29/30 de maio de 2004
O Concello de Arteixo, en colaboración con varias asociacións locais, organiza por sétimo ano consecutivo esta cita dedicada a un producto de recoñecida sona polos nosos lares, A EMPANADA.
Neste día, que terá lugar dentro do amplo programa da Festa das Flores, festa de profunda raizame no noso pobo, contarase de novo coa participación especial dos nosos maiores, ós que se lles ofrecerá unha serie de actos coidadosamente pensados para o seu pleno divertimento.
O día 29 de maio, sábado, tódolos arteixáns e aqueles que nos visiten poderán saborea-las distintas variedades deste exquisito e tradicional manxar, que irá acompañado por outro tamén moi apreciado da nosa terra OS CALLOS Ó CALDEIRO, unha innovadora modalidade de sona no noso Concello.
Este atractivo menú será servido nunhas tradicionais pezas de barro, cuncas e cazolas; pezas conmemorativas que, sen dúbida, se converterán nun útil e excelente recordo deste evento.
Neste encontro gastronómico non faltará tampouco o mellor pan cocido nos nosos fornos e o viño da terra, complementos imprescindibles dunha boa mesa.
E coma ingredientes musicais, os nosos grupos tradicionais, que compracerán os gustos dos máis esixentes.
Só agardamos contar coa vosa presencia para que este festa estea ben servida.
19-05-2004 Entrega do XIII Premio Manuel Murguía
O sábado 22 de maio ás 6 da tarde terá lugar na Casa da Cultura de Arteixo a entrega do XIII premio de narrativa Manuel Murguía que convoca o Concello de Arteixo. No acto que contará coa presenza do Alcalde arteixán e do Concelleiro de Cultura e de representantes do Goberno Galego e da Deputación da Coruña.
Actuará de mantedor o escritor Henrique Rabuñal que formou parte do xurado con Lino Braxe, Paula San Vicente e Purificación Tejelo.
O premio foi gañado en anteriores ocasións por Xavier Alcalá, Xosé C. Caneiro ou Marilar Aleixandre e nos seus xurados participaron Carlos Casares, Xesús Alonso Montero ou Luísa Villalta dando lugar aos libros Relatos, Airadas de palabras, Tecendo panos, Paisaxes con palabras e De soños e memorias. Nesta XIII convocatoria concorren ao galardón un total de 80 autores, a cifra máis alta de participación.
18-05-2004 Seminario de uso de internet na empresa
O Concello de Arteixo en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE organiza un "Seminario de uso de internet na empresa"
Dirixido a empresarios e directivos de pequenas e medianas empresas.
Prezo: Gratuíto
Data de celebración: 18 de xuño de 2004
Lugar de celebración: Aula de informática do Centro Cívico
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Obxectivos: Aproximación a Internet e ós seus aproveitamentos empresariais. Vantaxes comerciais do uso das novas tecnoloxías con un baixo custo de inversión. Achegamento a aplicacións concretas que reporten beneficios inmediatos: comercio electrónico, páxinas web, áxil tramitación con outras entidades, ... Impacto de Internet na organización dos recursos humanos. Servicios de interese que ofertan tanto proveedores galegos nacionais.
Contido:
Inscripcións: ata o 14 de xuño no Centro de Servizos Sociais - R/Ría de Noia, 2
Persoa de contacto: Beatriz García Mollón
Teléfono: 981 64 08 36
18-05-2004 Curso: Sistemas de xestión da produción
A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón organiza o Curso de Sistemas de Xestión da Produción
Dirixido a Traballadores en Activo
Contido:
Data e horario: De luns 24 de maio a xoves 3 de xuño de 18:00 a 21:00 h
Lugar de celebración: Centro de Servizos Sociais do Concello de Arteixo
Prezo: Gratuíto
Información e inscripcións en:
Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo.
Polígono de Sabón, Avd. da Diputación , 1
Telf: 981 64 09 66
14-05-2004 Clausura dos Cursos de Actividades Sociais
Na primeira semana de xuño o Departamento de Servicios Sociais do Concello de Arteixo clausura os cursos de actividades sociais coa entrega de diplomas a os asistentes.
Nas actividades de Aulas de Adultos, Obradoiros Artísticos e Bailes de Salón, participaron máis de setecentas persoas.
Nos actos de clausura terán lugar exposicións artísticas, mostras-actuación de bailes, actuación de canto e unha visita cultural.
Consultar datas e lugares eiquí
12-05-2004 Numerosas autoridades asistirán ó nomeamento de Mariano Arana como fillo adoptivo de Arteixo
O Salón de plenos da Casa Consistorial acollerá o venres 14 de maio o nomeamento de Mariano Arana, alcalde de Montevideo, como fillo adoptivo de Arteixo nun acto que se desenvolverá a partir das 13.00 h.
Ó acto asistirán o Conselleiro de Presidencia, Xaime Pita e o de Emigración Aurelio Miras. O presidente da Xunta Manuel Fraga asistirá ó almorzo oficial que se celebrará ás 14.00 h. No salón de plenos estarán ademáis o Alcalde de A Coruña Francisco Vázquez e o Presidente da Deputación Provincial de A Coruña Salvador Fernández Moreda.
O actual alcalde da capital uruguaya aínda conserva familia en Arteixo. A súa nai María Maceiras, naceu en Arteixo en 1899. Oitava de nova irmás chegou como emigrante a Uruguay, xunto con dúas das súas irmás e a súa nai.
O Concelleiro de cultura Juan Antonio Mouzo é o que resume a importancia de Mariano Arana en Uruguay e a súa relación con Arteixo
O arquitecto Arana milita, dende a súa creación, no frente amplio (Partido Comunista) polo que foi candidato a intendente xa en 1984. En 1994 foi segundo vicepresidente da cámara e en 1995 foi elixido Intendente Municipal de Montevideo polo frente amplio.
PROGRAMA DA VISITA
13. 00 h .- Chegada de Mariano Arana á Praza do Concello onde será recibido polo Alcalde Manuel Pose, os membros da corporación municipal e o resto de autoridades.
13.05 h.- Alcaldía Oficial.- Sinatura no libro de Honra do Concello. (Asistencia de medios gráficos)
12-05-2004 A Concellería da Muller organiza unha xornada técnica sobre a violencia de xénero
Cómo actual ante os casos de violencia de xénero. Sobre este pilar se sustenta a xornada técnica que organiza para mañá xove a Concellería da Muller. A asesora xurídica deste departamento municipal é a encargada de expoñer temas como .o protocolo de actuación ante a demanda de asistencia da muller víctima da violencia de xénero.; .a violencia de xénero. ou .Oficina de información á muller..
A concelleira da muller, Rosario Figueiras, destaca a importancia destas citas para manter informados ós técnicos municipais e para compartir experiencias entre aqueles que se ocupan destes casos. En Arteixo, no que vai de 2004, non se rexistraron casos de violencia doméstica coñecidos aínda que advirten da existencia de casos encubertos. Neste aspecto tamén incidirá a charla de mañá xa que se poñerá en marcha unha campaña para, a través de asociacións veciñais e outros colectivos, axudar a detectar estes casos.
A concellería da muller dispón de seis unidades de teléfonos móviles merced a un convenio con telefónica móviles, para distribuir entre as mulleres posibles víctimas de malos tratos. Ata hoxe só un deses teléfonos está operativo.
| Inicio |