12-02-2004 Educación plantexa alternativas ó autobus universitario
Os 133 universitarios de Arteixo que, segundo o vicerrectorado de estudiantes, están censados na Universidade de A coruña, recibirán nos próximos días unha carta na que, o departamento de educación e xuventude, explica a posta en marcha do transporte especial que hai dúas semanas se puxo en funcionamento.
Na misiva os responsables municipais ofrecen alternativas ó servicio actual para atender a outras necesidades dos estudiantes e alcanzar un mínimo de usuarios, trinta, que evite a desaparición do autobús.
As novas propostas ofrecen a posibilidade de realizar só algunha das viaxes, ida, volta ou ambas, mediante a expedición de tres carnés (vermello, branco e negro). O estudiante escollería a máis axeitada ás súas necesidades e pagaría diferentes tarifas segundo a súa elección. Dos 60 euros actuais por tódalas viaxes ata os 33 euros que costaría contar só con viaxe de ida.
Para o mantenemento do servicio sería necesario, segundo os cálculos da concellería, contar cun mínimo de 11 alumnos inscritos na modalidade de unha soa viaxe e 12 na modalidade de ida e volta.
Os cambios dunha tarifa a outra serán gratuitos no caso de pasar de .ida e volta. a só unha viaxe. Se o cambio se poducira de .unha soa viaxe. a .dúas viaxes. habería que pagar 22 euros.
A concellería de educación espera que con estas medidas aumenten os usuarios, catro actualmente, e se diversifique o uso que se lle da ó autobús. O baixo número de estudiantes que actualmente utiliza o servicio coincide coa celebración dos exames cuatrimestrais polo que a concellería agardará ó mes de marzo próximo para poñer en marcha as novas iniciativas.
O concello non descarta chegar a acordos coa universidade para mellorar este servicio no futuro.
09-02-2004 A Biblioteca de Arteixo programa unha campaña especial con motivo do seu XV Aniversario
Achegar o mundo dos libros ós máis pequenos, o aumento do hábito lector entre a poboación máis xoven e mostrar as bibliotecas e os seus fondos bibliográficos e audiovisuais á poboación en xeral son os tres principais obxectivos que persegue a celebración, durante os próximos meses, do decimoquinto aniversario da Biblioteca central de Arteixo.
A concellería de cultura organiza unha campaña de animación á lectura con dúas vertientes:
A primeira comeza hoxe luns 9 de febreiro e se prolongará ata o vindeiro día 20 con actividades polas mañás nas diferentes bibliotecas do Concello que acollerán a nenos e nenas de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria de todolos colexios.
A outra vertiente serán os contacontos cada 15 días en tódalas bibliotecas para nenos e nenas de 3 a 11 anos, entre os meses de febreiro e maio, que contarán coa participación das cías Melandrainas, Trinke Trinke, Matapiollos e a ilustradora Marisa Irimia.
A biblioteca municipal de Arteixo naceu en febreiro do ano 1989 e ocupou nos inicios o segundo andar do edificio de servicios múltiples onde está situado actualmente o departamento de obras. As instalacións contaban con 110 metros cadrados de sala de lectura e 30 metros cadrados de sala infantil. O fondo, daquela, chegaba ós 4200 volumes. O cambio máis significativo na vida deste departamento produciuse en maio de 1999 co seu traslado ó Centro Cívico e Cultural, a súa actual situación. Conta agora con 180 metros cadrados de sala de lectura e 40 metros cadrados de sala infantil ás que se incorporaron salas audiovisuais e equipos informáticos. O fondo bibliográfico supera, a día de hoxe, os 20.000 volumes.
| Inicio |