Escudo do Concello

Concello de Arteixo

Correo Novas Inicio

Abril 2004

29-04-2004 A fundación ARAO colabora có Concello na recuperación ambiental dos entornos de Sisalde e Rañal

A entidade aportará máis de 300.000 euros a sendos proxectos de recuperación ambiental.

A Fundación Arao e o Concello de Arteixo veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá a execución de dúas obras que pretenden recuperar zonas do municipio consideradas de interés medioambiental.

O acordo xorde do interés de ambas entidades por promover, incentivar e executar accións orientadas á recuperación do entorno e, segundo se recolle nos obxectivos da fundación, canalizando tódalas axudas públicas ou privadas adicadas a esta fin.

O primeiro dos traballos recolle a .restauración e acondicionamento dos camiños tradicionais da praia de Barrañán e Sisalde e o seu entorno.. Se executará con un coste de 272.849 Euros.

O convenio contempla ademáis a .rehabilitación das vías CM-361 e CM-376 entre a Praia de Salsa e os núcleos de Rañal e Figueiroa. por un importe de 99.615´19 Euros.

En ambos casos o Concello de Arteixo se encargará de cumprir tódolos trámites legais necesarios e solicitar tódolos permisos para a execución dos traballos. A administración levará a cabo a contratación, dirección facultativa e técnica e recepción dos traballos e equipamentos.

O convenio recolle ademáis a creación dunha comisión de seguimento que se reunirá, ó menos, unha vez cada dous meses e que se encargará de velar polo cumprimento do estipulado no acordo. Esta comisión a integrarán dous representantes do Concello designados polo Alcalde e dous representantes da Fundación designados polo seu Director.


14-04-2004 A biblioteca de Arteixo venderá libros a un euro

A concellería de cultura organiza un mercadillo de libros procedentes do expurgo das bibliotecas municipais aprobado en pleno do mes de febreiro.

Dentro dos actos incluídos no programa de celebración do mes do libro e aproveitando o décimo quinto aniversario da biblioteca central o evento terá lugar no feirón de Arteixo durante a mañá do sábado próximo, 17 de abril.

No posto tratarase de ofrecer ós usuarios das bibliotecas libros a baixos prezos que oscilan entre 1 e 2 euros, moitos deles referentes para os coleccionistas.

Os libros restantes do expurgo serán donados a distintas ONG´s e outros departamentos municipais. Os maís deteriorados serán reciclados


14-04-2004 O muiño grande de Sisalde convértese en aula por un día

40 estudiantes de secundaria do IES Murguía percorren durante toda esta mañá parte da costa de Arteixo, entre Barrañán e Sisalde, como parte das actividades ofertadas pola concellería de medio ambiente ós centros escolares.

É a primeria das iniciativas deste tipo que se pon en marcha este ano e que ten como fin o muiño grande de Sisalde restaurado hai dous anos. Con esta actividade preténdese mostrar ós mozos a tradición da muiñada así como o modo de vida dos nosos antergos. O programa da visita non esquence outros aspectos da vida no municipio como a flora, fauna e historia dos lugares que comprende o camiño.

O muiño grande de sisalde é unha construcción típica de canle que estaba formado por dous muiños acaroados con dúas entradas distintas e dúas enxeñerías de moenda diferenciadas.

En Arteixo, o proxecto toponimia de Galicia constatou a presencia de máis de cen muiños, moitos deles xa desaparecidos.


02-04-2004 O Goberno informa ós afectados da inminente expropiación para a execución do proxecto de desviación das liñas de alta tensión

O Goberno local quere evitar que os viciños afectados polo proxecto de desviación das liñas de alta tensión padezan un proceso de expropiación que é inminente.

A información chega a través dunhas cartas que estes días reciben os propietarios de Sol y Mar implicados no proceso. Nas súas misivas o goberno lembra que un convenio evitaría a expropiación e contemplaría a cesión voluntaria da superficie necesaria para a execución das obras a cambio dun aproveitamento da edificabilidade na contía de 0.30 metros de superficie edificable por cada metro cadrado de superficie total da finca antes da cesión que se efectúa.

Deste xeito garántese un dereito de edificabilidade que se fará efectivo nun solo colindante, un dereito, que lembra a misiva, non se poderá obter unha vez se efectúe a expropiación. Manuel Pose asegura que con esta explicación tratan de evitar situacións como as que padeceron algúns propietarios afectados polo proxecto do paseo marítimo que, chegado o momento da expropiación, e cando non había volta atrás, solicitaban a sinatura do convenio de cesión voluntaria.

O procedemento expropiatorio comezaría a se excutar de xeito inminente e nas súas cartas o goberno local da un prazo, ata o 30 de abril próximo, para que os interesados na subscripción do convenio urbanístico se poñan en contacto co concello para se acoller ó mesmo. Ata o de agora o convenio o asinaron propietarios de máis do 50% da superficie a ocupar.