Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2003
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2002
Ver novas

Xuño

11-06-2003.- O Concello entrega medallas e insignias a tódolos concelleiros das dúas últimas lexislaturas

O último pleno da corporación de Arteixo, hoxe ás oito da tarde, servirá para homenaxear a tódolos concelleiros que traballaron polo Concello nos últimos oito anos. Ó final da sesión se entregarán trinta e tres insignias ós concelleiros. Tamén estarán presentes, para recibi-la súa homenaxe Elvira Cerro, viúva de Carlos José Mosquera concelleiro do PP finado nesta última lexislatura, e Carmen Romero, viúva de José Luis Vázquez, concelleiro de cultura do PP finado na lexislatura 1995-1999.

Os actos servirán ademáis para homenaxear ás sete concelleiras que formaron parte da corporación nos últimos oito anos ás que se lles entregará unha medalla.

Arriba
05-06-2003.- Preto de mil viciños participarán na clausura de actividades de Servicios Sociais

Máis de catrocentos oitenta viciños reciben hoxe os diplomas correspondentes á súa participación nas actividades de Aulas de Adultos, Reforzo da memoria e Español para extranxeiros desenvolvidos pola concellería de servicios sociais nos últimos meses. A entrega terá lugar ás 20.30 h no auditorio do Centro Cívico.

A clausura das actividades promovidas por Servicios Sociais se pecharán o próximo 7 de xuño coa entrega de diplomas ós 297 viciños, de entre cinco e dezaséis anos, que participaron nas actividades de Luditarde, Iniciación ó Voluntariado, teatro e pintura. O acto terá lugar no Centro Cívico ás seis e media da tarde.

Ata o sete de xuño próximo, e como complemento a estas actividades, a sala de exposicións do centro cívico acolle unha mostra dos traballos realizados polos viciños nos obradoiros de manualidades.

Arriba
04-06-2003.- A área do Seixedo contará cun circuito deportivo de mantenemento

A comisión de goberno ven de aprobar un orzamento de 21.308 euros para a execución dun "circuito vita" na área recreativa do seixedo. Trátase dun percorrido deportivo guiado de 1700 metros no que o viciño poderá desenvolver actividades deportivas de mantenemento.

Conta con paneis informativos, nos que se especifica o tempo e modo de execución, para que os viciños desenvolvan diversos exercicios físicos adaptados ás súas capacidades. O punto de partida é unha carreira de 190 metros para continuar con varias tablas de exercicios que permiten traballar os músculos alternativamente.

Integrado no entorno, con materiais de madeira conta con barras de estiramentos, banco de abdominais e barras de pulso.O cirucito discorre polas marxes do río seixeda entre a área recreativa e vilarrodís.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |   Seguinte   |