Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2003
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2002
Ver novas

Xullo

31-07-2003.- Oseiro inaugura o novo campo de fútbol o 16 de agosto

Xa hai data definitiva. O campo de fútbol de oseiro que está na fase final de acondicionamento, se inaugurará o próximo 16 de agosto. Ademáis do inicialmente previsto este espacio incluirá un campo adxacente de terra tamén acondicionado para a práctica deportiva. A inversión, dende o ano 2001 en que comezara o proxecto supera ós 180.000 ..

O Concello, a través do acordo con deputación provincial e xunta de galicia, acometerá nos próximos meses a construcción dun novo campo de herba sintética que se ubicará ó lado do ponte dos brozos. O proxecto de mellora da zona deportiva no que están implicados estas tres administracións supera os 100 millóns de pesetas e inclúe, ademáis dese campo artificial, pistas de tenis, graderíos e outros elementos cos que se dará por completada a infraestructura deportiva do centro de arteixo.

Ata o 4 de agosto próximo a piscina municipal permanecerá pechada. O motivo: parada técnica de obrigado cumprimento no mantenemento das instalacións deportivas de uso colectivo. Nestes días a empresa concesionaria do servicio ocúpase de limpa-lo vaso, reemplaza-la auga e mellora-la infreaestructura para unha mellor conservación.

Mentres se realiza esta parada técnica os máis de 200 nenos que participan nas actividades de verán organizadas na piscina polo servicio municipal de deportes realizan as súas actividades no parque acuático de cerceda. O coste dos autobuses, entrada ó parque e actividades o asumen o concello e a empresa concesionaria da piscina.

Arriba
24-07-2003.- Policia Local e Guardia Civil colaboran no dispositivo de seguridade das festas patronais

A policía local de Arteixo disporá nos próximos días un operativo especial de seguridade e de control de tráfico con motivo das festas patronais Santiago Apóstolo. Ata o luns próximo traballarán diariamente dezaséis axentes en cada turno que contarán, ademáis coa colaboración dos axentes do posto da Garda Civil de Arteixo e do sector de tráfico. A estas tarefas se sumarán como apoio trinta efectivos de Protección Civil. O obxectivo deste dispostivo de garanti-la seguridade de tódolos visitantes e facilita-lo tránsito á entrada e saída do núcleo urbano que, segundo as previsións, podería recibir uns 15000 visitantes diarios.

O Concello habilita varios aparcamentos, todos gratuitos, para acoller o alto número de vehículos que entrarán en Arteixo. Haberá espacios para aparcar na Avenida de Fisterra, Avenida de Caión, a carón do campo de fútbol e na entrada ó núcleo urbano. Todos eles estarán iluminados, sinalizados e contarán con vixiantes.

A policía local impedirá ó acceso de vehículos ó núcleo urbano cando se complete o número de prazas de aparcamento. Neste caso se habilitarán desvíos e outras alternativas para os visitantes. Os puntos fixos de control se ubicarán na Avenida de Fisterra, á entrada do centro, na Avenida de Arsenio Iglesias e na Avenida do Balneario.

Tres patrullas motorizadas sumaranse tamén a estas tarefas en distintos puntos do municipio. A seguridade complétase coa presencia de axentes de policía local e Guardia Civil que traballarán .de paisano..

Arriba
24-07-2003.- A Concellería de Educación adica 8000 euros á subvención dos consellos escolares

Tódolos centros educativos do municipio beneficiaranse dos 800.000 euros que, en concepto de subvención, ven de aproba-la concellería de educación para o mantenemento e creación de actividades educativas dos consellos escolares. A partida servirá ademáis para dotar de equipamento ás programacións que desenvolven os distintos centros.

Con esta iniciativa o departamento que dirixe Marina Álvarez trata de mellorar a calidade do ensino nos centros educativos así como impulsa-la colaboración de pais e nais. A subvención concedida achegará distintos proxectos a preto de 4000 escolares ó longo de vindeiro curso 2003-2004.

O Colexo de Galán poderá con esta subvención mellora-lo salón de usos múltiples, comprar un ordenador portatil e instalar módulos de escenario no pabillón deportivo.

O centro San Xosé Obreiro adquirirá atrezzo para teatro, sufragará a publicación dunha revista e comprará un proxector de audiovisuais.

O instituto Murguía mellorará o xardín e realizará a horta escolar. O IES de Sabón poderá elabora-lo anuario do centro e roteiros do concello e acomete-la pavimentación do sendeiro para acceder á zona arbolada.

Por último o IES de Pastoriza realizará un taller de teatro, un programa de radio, xornadas de deporte alternativo e popular; aplicación de medios informáticos a alumnos con necesidades especiais; elaboración dun libro xigante e realización de diversos concursos.

Ademáis desta colaboración cos consellos escolares o Concello subvenciona con 8000 . saídas educativas dentro e fóra do término municipal.

Arriba
10-07-2003.- Manuel Pose recibe ós nenos que participan no programa "Vacacións en Paz"

O alcalde de Arteixo recibe o luns 14 de xullo ós nenos e nenas saharahuis que este ano participan no programa .Vacacións en Paz..

Seis familias de Arteixo acollen a estes nenos, tres nenos e tres nenas, durante os meses de verán. A recepción terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 12.00 h.

Arriba
04-07-2003.- Medio Ambiente achega ós viciños ós beneficios do aforro enerxético

Cómo aforrar enerxía para unha mellor conservación da natureza ou qué é o etiquetado enerxético son algúns dos temas que o departamento de medio ambiente quere achegar ós viciños de arteixo. O fai a través dunha charla que se impartirá o luns próximo no Centro cívico e Cultural a partir das sete da tarde. A iniciativa pretende chegar a tódolos viciños para os concienciar da necesidade de administra-los recursos naturais en beneficio dunha maior calidade de vida.

Na charla, que impartirán membros do instituto galego de consumo se abordarán consellos prácticos para o aforro enerxético como o uso da iluminación, o auga quente, electrodomésticos, calefacción ou cociñas. Asímesmo se explicará qué é o aforro enerxético, lexislación, información que deben conte-las etiquetas ou enerxética dos electrodomésticos.

Arriba
04-07-2003.- David Civera principal atracción das festas do Apóstolo 2003

Sete grandes eventos deportivos, seis orquestas, un grupo folk, tres bandas de rock e David Civera conforman o programa festivo santiago apóstolo 2003 que se desenvolverá en arteixo entre o 22 e o 27 de xullo próximos. A Concellería de festas ven de presentar este programa no que se investiron 180.303 euros e co que se pretende chegar a tódolos sectores de poboación de Arteixo. O concerto de Rock, gratuito, contempla a actuación dos Herdeiros da Crus ós que acompañarán as bandas locais Alú e La Banda de los pies felices.

O capítulo deportivo inclúe dende patinaxe artístico, ata un concurso nacional de hípica. Outras disciplinas son o xadrez, o fútbol, ciclismo e chave. Ademáis arteixo será o primeiro concello coruñés en organizar unha concentración de skate. Contan ademáis con instalacións específicas para a práctica deste deporte.

Os cálculos do concello estiman a afluencia a estas festas en 15000 visitantes diarios. Manuel Pose asegura que durante esas datas os hoteles e restaurantes de Arteixo colgarán o cartel de completo.

Arriba
01-07-2003.- A Concellería de Educación adica 800.000 euros á subvención dos consellos escolares

Tódolos centros educativos do municipio beneficiaranse dos 800.000 euros que, en concepto de subvención, ven de aproba-la concellería de educación para o mantenemento e creación de actividades educativas dos consellos escolares. A partida servirá ademáis para dotar de equipamento ás programacións que desenvolven os distintos centros.

Con esta iniciativa o departamento que dirixe Marina Álvarez trata de mellorar a calidade do ensino nos centros educativos así como impulsa-la colaboración de pais e nais. A subvención concedida achegará distintos proxectos a preto de 4000 escolares ó longo de vindeiro curso 2003-2004.

O Colexo de Galán poderá con esta subvención mellora-lo salón de usos múltiples, comprar un ordenador portatil e instalar módulos de escenario no pabillón deportivo.

O centro San Xosé Obreiro adquirirá atrezzo para teatro, sufragará a publicación dunha revista e comprará un proxector de audiovisuais.

O instituto Murguía mellorará o xardín e realizará a horta escolar. O IES de Sabón poderá elabora-lo anuario do centro e roteiros do concello e acomete-la pavimentación do sendeiro para acceder á zona arbolada.

Por último o IES de Pastoriza realizará un taller de teatro, un programa de radio, xornadas de deporte alternativo e popular; aplicación de medios informáticos a alumnos con necesidades especiais; elaboración dun libro xigante e realización de diversos concursos.

Ademáis desta colaboración cos consellos escolares o Concello subvenciona con 8000 € saídas educativas dentro e fóra do término municipal.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |   Seguinte   |