|
23-01-2003.-
O Concello manexará un presuposto en 2003 de preto de 17 millóns de euros
Por abatares filosóficos, teoría económica e plantexamentos de futuro discurriu o pleno que serviu para que o grupo de goberno aprobase en solitario os presupostos de concello para o exercicio de 2003. O Concello contará con máis de 16 millóns de euros dos que case o 28%, máis de catro millóns adicaranse a inversións. Os grupos da oposición discrepan dos obxectivos que persegue o orzamento, segundo o goberno mellora-la calidade de vida dos viciños.
O BNG califica o documento de continuista e aventuran, na voz de Fina Vázquez, un presuposto máis pobre que o de exercicios anteriores. Di Vázquez que son máis impresentables que os de anos pasados. Critica que se presente pechado e asegura que non se da alternativa á oposición. Respecto das súas demandas, o BNG insiste en que o orzamento debe contemplar unha partida para acomete-lo saneamento integral de tódalas parroquias e na necesidade de crear unha concellería de muller e un piso tutelado. A voceira nacionalista califica a partida adicada á muller de ridídula e a cifra en 4000 euros.
O grupo de goberno deféndese. Juan Rey asegura que todos tiveron ocasión de aportar suxerencias ó documento e o califica de inversor. Respecto da partida adicada á muller o voceiro do goberno da unha lectura diferente.
Máis polo miudo analizou o voceiro socialista os distintos apartados do presuposto. Para Frutos Martínez o documento non define obxectivos nin os medios dispostos. No capítulo de inversións fai especial fincapé o socialista e aínda que recoñece a necesidade dalgunhas partidas critica agriamente que non exista unha que adique un só euro ós problemas de auga do municipio.
Os problemas de auga teñen tamén a súa resposta dende o grupo de goberno. Di Juan Rey que se trata dun problema que non pode afrontar en solitario o concello de arteixo si non que debe de se tratar con concellos limítrofes aínda que non ten claro si serán a coruña e culleredo ou a laracha e carballo en alusión a futura construcción da presa de acheiro. En calqueira caso, di Rey, as solucións a corto plazo están en marcha coa nova captación que se acomete en sisalde.
O pleno deixanos algunha que outra conclusión. Non se aceptou o voto particular do PSOE que solicitaba , entre outras cousas a construcción de pasarela en o seixedo ou unha axuda de 800.000 euros para os afectados pola marea negra. A resposta neste caso chegou do alcalde que asegura que a pasarela de o seixedo está comprometida con financiación externa a cargo dunha entidade bancaria. Respecto das axudas, acordo e consenso para concluir en que a partida anual que o concello adica a fins solidarios se aplique ós afectados pola marea negra aínda que se determinará nunha comisión de servicios sociais.
O presuposto , que nos deixa inversións en tódalas parroquias, unha pasarela peatonal en vilarrodís e moitos asfaltados, parque novo en Meicende e o inicio de unha gran zona deportiva na avenida de arsenio iglesias, entra agora en exposición pública para presentar alegacións que, anunciaron xa, presentarán dende a oposición, ata a súa aprobación definitiva.
O concello solicita ó ministerio do interior a construcción dun novo cuartel en culleredo para que a garda civil que traballa en arteixo se ocupe só deste concello. O argumento é a poboación de arteixo e a súa entidade. Mentres esto non sucede os presupostos recollen unha ampliación da plantilla de policía.
Na necesidade dun novo cuartel en culleredo parece estar de acordo o grupo socialista. Nembargantes, critica Frutos Martínez, que sexa o concello o que asuma gastos mediante a ampliación da plantilla de policía, de algo que, segundo o socialista, correspondería ó estado.
O exército e o concello veñen de asinar un convenio que servirá para que os elementos propiedade de defensa en Monticaño se utilicen no acondicionamento e ornamento do parque. O alcalde plasmou a súa rúbrica nese acordo onte mesmo.
A terceira fase da escola taller de monticaño rematará de cara o verán e con ela, segundo as previsións, a práctica totalidade das infraestructuras do parque que inclúen entre outras cousas, varios edificios para conserxe e cafetería.
|