Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2003
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2002
Ver novas

Setembro

30-09-2003.- Exposicións, teatro, maxia, múxica e danza encherán os meses de outubro, novembro e decembro en Arteixo

Un outono máis, a concellería de cultura do concello de Arteixo ven de confeccionar un amplo programa cultural con diferentes actividades lúdicas i espectáculos variados para os meses de outono, novembro e decembro de 2003.

O teatro é o grande protagonista. As representacións, algunhas de carácter gratuíto,terán lugar tódolos venres a partir das oito e media da tarde. Uroc teatro, A Retranca, Teatro Maltés, ou Teatro do Aquí son algunhas das compañías que ofrecerán o seu espectáculo no auditorio do centro cívico e cultural, aínda que nalgunha ocasión se achegarán a outros puntos do municipio.

A maxia de Pablo Fariña, a música da Banda de Música Santiago de Arteixo, ou a danza contemporánea do Studio Compañía de Danza son algunhas das iniciativas que configuran este outono cultural, que ademáis contempla diferentes concertos de música profesional nas igrexas das parroquias de Monteagudo, Lañas, Oseiro e Chamín.

As exposicións nos deixan unha mostra de pintura de Ana Novo, unha exposición de Caixa Galicia baixo o título .Todos polos dereitos humanos. e unha mostra de obxectos e fotografía antiga da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Arteixo. Esta última se inaugura este venres, 3 de outubro, ás sete e media da tarde no centro cívico e cultural.

Outros actos como o IV Encontro de Bandas de Música, o II Festival de Panxoliñas ou a IV Feira Histórica Arteixo 1900, que se celebra os 17, 18 e 19 de outubro próximos, completan este Outono Cultural en Arteixo.

Os encargados de poñer a primeira pedra son a compañía madrileña Uroc Teatro que van a saír ó escenario este venres, 3 de outubro, ás oito e media da tarde para ofrecer o seu espectáculo .¿Qué es la vida? (versos de ayer cantados hoy). que está dirixido a tódolos públicos por un prezo de 1´20 euros.

Arriba
30-09-2003.- Afaco continuará atendendo a enfermos e familiares de Alzheimer en Arteixo

Analizar e detecta-las necesidades e carencias sociais dos afectados polo alzheimer, así como os informar, asesorar e orientar sobre a súa enfermidade son dous dos principais obxectivos que persegue o convenio de colaboración asinado esta mesma mañá entre o Concello de Arteixo e a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO), para situar un punto de atención especializado no término municipal arteixán.

O convenio, que prorroga unha colaboración que se puxo en marcha en 2002, establece como prioridades o desenvolvemento de servicios preventivos, mellora da autonomía personal e integración no medio familiar así como a promoción da vida asociativa.

O acordo, vicente ata decembro próximo e prorrogable, indica como obligacións de AFACO, a difusión do coñecemento da enfermidade; formación de coidadores e profesionais; accións formativas para a comunidade; elaboración de itinerarios individualizados; valoración psicosocial dos enfermos; detección de casos; realización de charlas informativas e apoio na elaboración de materiais específicos para a intervención.

Pola súa banda o concello de Arteixo ocuparase de xestiona-los recursos onde realizar as atencións e formacións grupais; publicitará o programa; captación e derivación de benficiarios; intervención directa cos enfermos; xestión de citas; estudio e valoración dos casos que precisen traslados e seguimento e coordenación dos proxectos e recursos técnicos que participen, directa ou indirectamente, nas alternativas á unidade de convivencia.

O punto de atención ós enfermos e familiares de Alzheimer sitúase no Centro de Maiores da Baiuca e funcionará o primeiro e terceiro mércores de cada mes.

Arriba
03-09-2003.- O Goberno Local materá unha xuntanza cos propietarios afectados polo proxecto de desviación das liñas de alta tensión

Informar pormenorizadamente os aspectos que contemplan os convenios de cesión necesarios para acometer a desviación das liñas de alta tensión en Sol y Mar é o obxectivo dunha xuntanza que o Goberno local manterá cos máis de cen propietarios afectados polo proxecto.

A iniciativa xorde a raíz da desinformación na que están sumidos a meirande parte dos afectados que, ou descoñecen, ou descartan plenamente, a cesión do seu terreno. O convenio, que evitaría a expropiación forzosa, concede ós propietarios aproveitamento urbanístico en zonas de futuro desenvolvemento do término municipal, alternativa sen dúbida máis rentable que a expropiación.

A Consellería de Industria e Unión Fenosa acometerán o proxecto de desviación do tendido de xeito inmediato unha vez conten cos terrenos necesarios para o executar.

A xuntanza cos propietarios afectados celebrarase o luns 8 de setembro ás oito da tarde no salón de plenos da Casa Consistorial.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |   Seguinte