|
10-10-2003.-
Cultura pon en marcha unha nova campaña de animación á lectura
A concellería de cultura, a través da biblioteca municipal, inicia o luns próximo unha nova campaña de animación á lectura que, ata decembro próximo, levará semanalmente sesións de contacontos ás bibliotecas de Arteixo, Oseiro e Meicende. Dirixida a nenos de 3 a 11 anos, esta iniciativa pretende achegar a lectura de xeito lúdico ós máis cativos á vez que se lles da a posibilidade de coñecer, directamente, os servicios das bibliotecas como os préstamos, equipos informáticos, audiovisuais ou internet gratuito.
Os encargados das sesións de contacontos serán a ilustradora Marisa Irimia e as compañías teatrais Matapiollos e Trinke-Trinke.
O horario será sempre polas tardes, a partir das 18.30 h cada quince días. Os contacontos estarán en Oseiro os luns, en Meicende os mércores e en Arteixo os xoves.
|