Escudo do Concello Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2003
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2002
Ver novas

Novembro

25-11-2003.- Arteixo aportará 123.621,10 euros á execución de distintas obras de pavimentado incluídas no Plan de Obras e Servicios (POS) da Deputación provincial de A Coruña para o próximo exercicio de 2004

Trátase de 10 obras que supoñen un coste total de 545.657,92 ..

Destaca o pavimentado do sobreancho da Avenida de Fisterra con rúas concurrentes e apertura dunha vía municipal de enlace entre a Avenida e a Travesía da Groufa. Esta actuación ten un coste de 73.460,63 . dos que o Concello aportará 16.642,88.

O POS servirá ademáis para acomete-lo pavimentado da estrada que circula dende o igrexario de Morás ata Canzobre e que costará 71.661,63 .. O Concello aporta neste caso 16.235,24 .. O núcleo de Canzobre tamén será pavimentado merced a unha partida de 59.999,83 . dos que 13.593 sairán das arcas municipais.

Pavimentado dende A Lagoa a Gomesende e Vilanova que costará 45.708,74 .. Arteixo contribúe a esta actuación con 10.355, 51 ..

O plan provincial servirá tamén para pavimentar diversas vías municipais como Hospital; Amparo Alvajar; Nicaragua; Honduras; Costa Rica; Cuba; Montevideo e Salvador. Terán un coste de 55.486,34 .. 12.570,66 serán aportación municipal.

Pavimentado de CM-067 y CM-068 dende o igrexa ata Carretera de Caión que costará 47.766,98 .. O municipio aportará, neste caso, 10.821,81.

Pavimentado de CM-067 dende Lagoa a Eirís por 35.816,15. Arteixo aporta a esta obra 8.114,30 ..

Pavimentado dende Vilanova a carretera de Caión. Costa esta obra 49.663,50 . dos que o Concello aportará 11.251,48.

Por último o POS servirá para acomete-lo pavimentado da rúa do embalse e acceso á praia de Sabón. Esta obra está presupostada en 54.902,22 . dos que o Concello aportará 11.597,67 ..

En total o POS permitirá acometer en 2004, doce obras de pavimentado por un importe total de 545.657,92 ..

Todos estes traballos se aprobarán no transcurso do pleno ordinario que pasado mañá celebra a corporación municipal e que corresponde ó mes de novembro. Será, polo tanto, o penúltimo ordinario deste ano 2003.

A sesión servirá ademáis para da-lo visto bo ó convenio de colaboración entre os concellos do consorcio de as mariñas para que calquera dos rexistros municipais con representación neste ente serva para que os viciños presenten escritos dirixidos ó consorcio.

Arriba
14-11-2003.- Solicitude para Transporte Escolar e Universitario

A Concellería de Educación, Xuventude e Normalización Lingüística abriu o prazo para recoller as solicitudes de todos aqueles estudiantes de Bacharelato (e FP) e Universidade, que queiran utilizar o Servicio de Transporte Escolar e Transporte Universitario respectivamente. Para solicitar este servicio, os usuarios poden presentar a solicitude

na Oficina Municipal de Información Xuvenil ( Trav. de Arteixo 249 3º andar ), por teléfono no 981 600 009 ext 400 e por correo electrónico ramon.castro@arteixo.dicoruna.es , especificando o seu nome, curso no que está, domicilio, centro ó que vai estudiar e teléfono/s de contacto.

Arriba
11-11-2003.- O novo parque de Meicende contará co máis novidoso sistema de seguridade en xogos infantís

Unha empresa de instalación alemana encárgase dende onte de acondiciona-la zona de xogos do novo parque de Meicende, situado entre a igrexa e o colexo San Xosé Obreiro. A superficie adicada a xogos, 130 metros cadrados dos 4000 totais do parque, é o máis novidoso da infraestructura xa que contará co máis moderno sistema de seguridade en zonas infantís dos que se realizan en Europa.

Trátase dun suelo de seguridade contínuo. En contra dos habituais en forma de baldosas, este chan absorve impactos e aseméllase a unha alfombra. Os técnicos do Concello deseñaron o suelo en exclusiva mentres que o material para a súa instalación chegou dunha empresa francesa. O custo total dos 130 metros cuadrados de suelo ascende a 9.015 €.

Os elementos de xogo, dous muelles; un balancín e un módulo grande con tobogán tipo .pista americana. teñen un custo de 19.833,40 €.

As previsións son que esta semana se remate coa instalación dos xogos para, posteriormente acomete-la colocación do suelo. Os xogos non se poderán usar ata que se coloque o suelo de seguridade.

Tamén esta semana comezaron os traballos de axardinamento. O parque podería estar finalizado a principios de decembro próximo.

A execución desta obra contou co apoio da empresa REPSOL que aportou ó proxecto 180.303 €.

Arriba
06-11-2003.- Defensa acepta a consideración de servicio público da residencia de Monticaño

O Ministerio de Defensa da a razón ó Concello de Arteixo respecto da "legalidade" da construcción da Residencia de Asistidos que se constrúe en Monticaño.

O Ministerio fixo chegar hoxe mesmo ó Concello a súa resposta que, asinada polo Director Xeral de Infraestructura da Secretaría de Estado de Defensa conclúe en que: "... a Dirección General estima que cabe considerar el Servicio Público propuesto acorde con lo requerido en la cláusula quinta de la autorización de 6 de octubre de 1998 a favor do Concello de Arteixo...".

Adxuntamos documentación remitida por Defensa.

Arriba
06-11-2003.- Nenos e nenas da escola infantil visitan o Museo de Unión Fenosa

Os "pequerrechos" da Escola Infantil Municipal tratan con Velázquez e Picasso. Toda esta semana os nenos e nenas aprenden nomes de obras e pintores co obxectivo de se familiarizar, de xeito sinxelo, coa arte e a información que proporciona un cadro (cores, formas, personas....).

Como remate desta actividade os cativos visitan mañá o Museo de Arte Contemporáneo de Unión FENOSA ó que teñen previsto chegar cara ás once da mañá.

A iniciativa forma parte das saídas que durante todo o curso realizan a diversos centros culturais, lúdicos ou naturais os nenos da escola infantil. No programa participan todas as escolas de .Os Pequerrechos..

Arriba
05-11-2003.- O Concello estudiará as posibilidades do pequeno comercio no término municipal

A Concellería de Servicios Sociais, a través do departamento de emprego, quere dar a coñecer o potencial do concello de Arteixo para a implantación e desenrolo dun negocio. Con ese obxectivo , os técnicos dese departamento e unha empresa privada, realizarán nos próximos meses un estudio que servirá de diagnóstico para futuros empresarios.

O alcalde Manuel Pose presenta hoxe pola tarde este plan ós empresarios do municipio nun acto que se desenvolverá a partir das 21.00 h no Centro de Servicios Sociais.

Arriba
04-11-2003.- O Concello inviste máis de cincuenta mil euros en mellorar o parque do barrio da Concepción

O Concello de Arteixo, cumplindo o seu obxectivo de dotar de zonas de esparexemento a cada un dos lugares do municipio, inviste 54358 euros en mellora-lo parque do Barrio da Concepción en Froxel, Vilarrodís.

O espacio foi, de 2000 metros cadrados, foi acondicionado e mellorado para dar servicio a unha das zonas máis pobladas e urbanizadas do término municipal.

Tra-la reforma inclúe unha pista polideportiva de 23x13 metros que incorpora unha canasta e dúas porterías para a práctica deportiva.

A zona axardinada conta con paseos de grava , un espacio para xogos infantís, bancos, unha fonte e espacios de descanso con xogos de mesa como o parchís e o xadrez.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |   Anterior   |