Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2003
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2002
Ver novas

Marzo

18-03-2003.- Manuel Pose inaugura o vindeiro sábado o novo pavillón cuberto de Ponte dos Brozos

O alcalde Manuel Pose, acompañado do Conselleiro de Educación, Celso Currás, inaugura o vindeiro sábado 22 de marzo, o novo pavillón polideportivo do Colexo Ponte dos Brozos.

Esta nova instalación, cuberta, apoiará a alta demanda de actividades que oferta o servicio municipal de deportes en todo o seu amplo programa deportivo. O centro, cunha superficie de 22x32 e de formigón pulido pintado, conta con graderíos, vestiarios e servicios adaptados a minusválidos; material deportivo 8dúas canastras de elevación eléctrica, cortina divisoria, dúas porterías de balonmán e fútbol sala), e instalación eléctrica con 21 puntos de luz adecuada para albergar calqueira tipo de competición oficial.

No novo pavillón o servicio municipal de deportes desenvolverá actividades de baloncesto, fútbol sala, voleivol, tenis e balomán ademáis de outras que se realicen puntualmente.

A instalación, na segunda fase financiada polo concello, supuxo un gasto para as arcas municipais de 136.254,57 €.

A inauguración terá lugar ás 13.00 h.

Arriba
13-03-2003.- Arteixo convoca o primeiro certame de fotografía ambiental

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Arteixo convoca o primeiro certame de fotografía ambiental no que poderá participar calquera persona que o desexe.

O obxectivo deste novo premio é ilustra-la realidade do medio ambiente local. Por eso todos os traballos presentados, tres por persona como máximo, deberán de facer alusión a calquera dos aspectos do medio ambiente de Arteixo.

A fotografía presentada terá un tamaño mínimo de 20x25 cm e máximo de 30x40cm. Poden ser a cor ou en branco e negro e non se admitirán instantáneas tomadas con cámara dixital nin manipuladas dixitalmente.

Todas as fotografías formarán parte dunha exposición que albergará o Centro Cívico e cultural os días 23,24 e 25 de abril.

O prazo para entregar estes traballos remata o próximo 16 de abril e hai que as entregar no Departamento de Medio Ambiente do Concello ou ben por correo á seguinte dirección:

"Concurso de fotografía ambiental", departamento de medio ambiente; praza Alcalde Ramón Dopico,1; 15142 de Arteixo.

Se entregarán en sobre pechado con lema ou título e se adxuntará unha fotocopia do DNI; teléfono de contacto;data e lugar do concello onde foi tomada a fotografía, breve descripción da mesma e negativo.

O certame establece tres premios. O primeiro de cincocentos euros para material fotográfico; o segundo unha estancia en casa rural e o terceiro a ampliación e enmarcado da obra presentada.

Arriba
13-03-2003.- Arteixo centro do urbanismo nunhas xornadas organizadas pola Fundación de Estudios Políticos e Sociais

Arteixo é o lugar escollido pola fundación de estudios políticos e sociais e o colexo de arquitectos para desenvolver unhas xornadas que os vindeiros días 27 e 28 de marzo analizarán a situación do urbanismo en galicia e a nova lei do suelo recientemente aprobada pola xunta de galicia. O seminario pretende según o decano do colexo de arquitectos de A Coruña, Alberto Unsaín, "non só servir ós técnicos , si non que ten a intención de achegar ó urbanismo ós viciños".

O alcalde Manuel Pose anima ós viciños a acudir a estas xornadas porque poden resultar útiles á hora de reclamar.

Arriba
13-03-2003.- Arteixo solicita os areais de Suevos como zona de baño con caracter provisional

O Concello ven de solicitar á cunta de galicia a declaración de os areais de barrañán, Combouzas, Reiro, Valcovo, Hucha e a Salsa como aptas para o baño. De cara o verán e con carácter provisional esta mesma solicitude se fai para as praias de Alba, e Porto e Area Grande en Suevos. A provisionalidade responde , segundo o alcalde, ás precaucións que require o acondicionamento destes últimos areais propensos á contaminación por mor dos verquidos que aínda se rexistran procedentes do emisario de Bens.

A comisión de goberno, ademáis deste asunto, ocupouse tamén de aprobar un requerimento á empresa Norte Forestal para que arranxe os desperfectos causados polos seus traballo no camiño de medoi no lugar de o foxo en loureda. Di o alcalde que ordenanza que establece a reparación destes danos aplícarase en este e en outros casos sen miramentos.

A comisión deu ademáis o visto bo á declaración de urxencia da obra da área recreativa de meirás en meicende que se executará cun presuposto de 131.564 €.

Arriba
13-03-2003.- O pleno aproba por unanimidade o proxecto de ampliación da rede de saneamento

Por unanimidade os grupos da corporación, en sesión extraordinaria, apoian o proxecto para a mellora e ampliación das estacións de bombeo e saneamento en Arteixo, Bens e sabón. Trátase dun programa que se executará en 10 meses e con un coste superior ós dous millóns de euros servirá, segundo a xunta de galicia, subsanar as deficiencias actuais e garanti-lo correcto funcionamento da rede.

Para o grupo municipal do BNG se trata dunha boa noticia que tería que ter chegado moito antes.

Para Frutos Martínez tamén se trata dunha boa noticia aínda que advirte o socialista a necesidade de ampliar a rede de alcantarillado nos núcelos rurais.

Esta proposta socialista ten a súa resposta na voz do alcalde Manuel Pose que lembra que coa posta en funcionamento destas novas estacións entrarán en funcionamento as de Chamín e Barrañán.

O pleno tamén decidiu por unanimidade trasladar o pleno ordinario deste mes de marzo para o mércores día 26 debido ás xornadas que sobre urbanismo acollerá os días 27 e 28 o centro cívico

Arriba
06-03-2003.- Agricultura comezará en abril os traballos de asfaltado da carretera de Suevos a Rañobre

A consellería de agricultura se encargará en próximas semanas de asfalta-la nova carretera que discurre entre Suevos e Rañobre e que ese propio ente autonómico se encargara de abrir. Manuel Pose indica que o asfaltado non se puido realizar antes debido ó estado do firme. Asegura o alcalde que o morrillo co que conta agora a carretera era só a primeira fase das actuacións previstas. Adianta ademáis o alcalde que os traballos de asfaltado da carretera servirán tamén para pavimentar todo o núcleo de Rañobre.

As previsións din que os traballos comezarán o vindeiro mes de abril.

Neste mesmo capítulo de pavimentacións, e con cargo ó Plan Provincial de Cooperación, a comisión de goberno ven de aprobar varias obras en Loureda, Piñeiro, Suso-Cepo, Baer, Galo, Pedra e Fraga, Rúa e Cancelo. Nese mesmo plan inclúese o saneamento da zona dos Olmos.

Arriba
06-03-2003.- Nace o primeiro premio de poesía Dora Vázquez con motivo do Día da Muller

A Concelleira de servicios sociais Rosario Figueiras presenta mañá en rolda de prensa os actos programados polo concello de Arteixo con motivo do día da muller que se celebra o 8 de marzo próximo.

O acto servirá para dar a coñecer o primeiro certame de poesía Dora Vázquez que nace con motivo do día da muller. Dora Vázquez, que agora ten noventa anos, foi mestra na parroquia de Larín e é coñecida en Arteixo polos seus escritos e poemas.

A comparecencia diante dos medios de comunicación contará coa presencia de Carmen Muñiz, viciña de Arteixo de 55 anos, ex alumna de Dora Vázquez.

A presentación, mañá venres 7 de marzo, comezará ás 12.00 h na alcaldía da Casa Consistorial.

Arriba
06-03-2003.- As árbores terán nome de neno en Arteixo

214 árbores, un por cada neno nacido en 2002, servirán para conmemorar o vindeiro 22 de marzo o día mundial da árbore. O departamento de medio ambiente acompañará a pais e nenos o vindeiro día 22 a Monticaño para plantar distintas especies autóctonas, carballos, abetos e outros, que lucirán, nunha placa, os nomes de tódolos nenos nacidos en arteixo o pasado ano. Manuel Pose indica que o obxectivo desta iniciativa é promove-lo respeto ó medio ambiente desde idades tempranas e implica-los nenos no seu coidado e desenvolvemento dun xeito directo

Ë esta unha das actividades do concello adicadas á conmemoración do día da árbore que se celebra o sete de marzo. Nesta xornada os escolares do municipio tamén levarán a cabo unha plantación de especies autóctonas en distintos puntos do concello. Os estudiantes de Pastoriza e Galán estarán en O Monticaño mentres que os de Arteixo realizarán a plantación no viveiro municipal.

Monticaño, ademáis desta nova plantación, contará de cara o verán con novos edificios e acondicionamento que darán por rematada a segunda escola taller. O alcalde di que, pese a todo, os traballos poderían continuar cada ano, engadindo máis mobliario, plantacións ou ampliación dos museos. En calqueira caso, di Pose, eses novos traballos non podería os realizar unha nova escola taller.

Arriba
03-03-2003.- A biblioteca de Arteixo superou os 22.000 usuarios en 2002

A biblioteca de Arteixo alcanzou no pasado ano os 22.467 usuarios o que supón un incremento do 20% con respecto ó exercicio anterior. Son cifras que se desprenden da memoria deste departamento durante o pasado ano e que reflexa, ademáis, o notable aumento experimentado polos préstamos de material audiovisual que alcanzaron naquel período os 4.445 exemplares.

O número de socios das axencias de lectura é de 3598 dos que 440 solicitaron a alta en 2002. Durante o pasado exercicio o fondo bibliográfico municipal aumentou en 910 volúmenes o que deixa o fondo actual en 17.087 libros ós que habería que sumar 756 vídeos, 446 Cd's; 266 CdRom e 130 DVD.

Por idades a maior porcentaxe de usuarios, entre as axencias de Oseiro, Meicende e Arteixo, a representan os maiores de catorce anos, 17.611 personas.

En 2002 a biblioteca realizou 16.556 préstamos. Neste apartado destaca un incremento do 60% nos préstamos de material audiovisual que alcanzaron os 4455; e un 10% en préstamos de libros que supuxeron 9.104.

Harry Potter, en cada unha das catro aventuras publicadas sobre este personaxe, segue a se-la estrella para os usuarios da biblioteca aínda que cabe destacar o importante aumento que experimentou en 2002 a demanda de cómics sobre todo de Mortadelo y Filemón.

En literatura galega o máis solicitado segue a ser Manolo Rivas e a obra "As chamadas perdidas". Neste apartado destaca ademáis o título "Trece anos de Branca" de Agustín Fernández Paz. En literatura para adultos destacan as solicitudes dos libros de Isabel Allende, en especial "La hija de la fortuna".

A memoria da biblioteca recolle tamén a participación de cincocentos nenos , entre tres e seis anos, nas visitas organizadas ás axencias de lectura con motivo das distintas campañas de animación á lectura desenvolvidas ó longo do ano. Destaca ademáis a participación de preto de mil escolares nas distintas actividades de contacontos e a exposición "El mundo en tus manos" que , entre o 8 e o 25 de novembro pasados, recibiu a visita de máis de 500 alumnos dos colexos de Meicende, Pastoriza e Manuel Murguía.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |   Seguinte   |