Febreiro
|
|
28-02-2003.-
Arteixo celebra o terceiro campionato de duatlon escolar
Escolares de toda a provincia de A Coruña danse cita mañá sábado en Arteixo para participar no Terceiro Campionato de Duatlon escolar que celebra este concello.
A proba, en categorías infantil, cadete e alevín, entre once e dezaséis anos, inclúe percorridos en bicicleta e carreiras de 500 ,1000 e 1500 metros.
A saída está prevista para as once da mañá de diante do Pabillón Polideportivo Municipal. A organización indica que as inscripcións aínda se poden realizar no lugar da proba momentos antes do comezo da mesma. Ata o de agora hai preto de cincuenta participantes inscritos.
|
Arriba
|
|
28-02-2003.-
O pleno aproba o convenio que servirá para desvia-las liñas de alta tensión de Sol y Mar
Os votos favorables do PP e PSOE, con abstención do BNG, serven para da-lo visto bo ó convenio asinado entre o concello, unión fenosa e a consellería de industria para acometer, próximamente, o proxecto de desviación das liñas de alta tensión de sol y mar. É o máis destacado e debatido no pleno ordinario correspondente ó mes de febreiro celebrado onte mesmo.
O BNG xustificou a súa abstención neste punto ó calificar ó acordo como irregular. Fina Vázquez, voceira nacionalista, indica ademáis que , segundo o prazos establecidos no convenio, é posible que este proxecto teña que o executar unha nova corporación.
Para os socialistas, que votaron a favor deste acordo, trátase dun acto de fe e asegura Frutos Martínez ratifica a súa postura no pleno de abril de 2002 no que por primeira vez se tratou este asunto e que supuxo o abandono da sala de plenos por parte do seu grupo. Di Frutos, aquel convenio, era insuficiente. Sobre o novo acordo, o socialista di que é mellor e que reflexa compromisos aínda que lle plantexa dúbidas respecto da súa execución que argumenta , o socialista, nos atrancos que sofre o plan xeral.
Según o acordo o concello deixará de pagar uns 73 millóns de pesetas que lle corrrespondían no proxecto inicial e que habería que sumar ás aportacións de FENOSA e Industria. Nas negociacións establécese que ese coste o asumirá agora a compañía eléctrica e o concello só deberá dispoñer de 214.090 metros cadrados de terreno. Manuel Pose di que sin o convenio anterior nunca se tería chegado a este novo.
A conclusión é que o concello se ocupará de dispoñer o terreo para o que xa estableciu contacto cos máis de 100 viciños afectados. O pasado martes mantiveron unha xuntanza na casa consistoriual e a impresión do alcalde é positiva.
Di Manuel Pose que unha vez rematen os convenios ou as expropiacións, en caso necesario, a compañía eléctrica acometerá de xeito inmediato a execución do proxecto.
O Pleno serviu ademáis para que por unanimidade a corporación dese o visto bo a inclusión no inventario municipal de terreos afectados polo proxecto de ampliación e mellora da estrado que circula polo campo do birloque a uxes. O obxectivo e evita-la expropiación dos terreos por parte do ente provincial que, segundo o alcalde, ofrece precios ridículos que afectarían negativamento ós intereses dos viciños.
Da sesión plenaria destacamos ademáis a aprobación , con votos de pp e psoe e bastención do bng dunha moción que servirá para lle solicitar ó ministerio do interior o reforzamento da plantilla da garda civil no cuartel de arteixo ou a construcción dun novo cuartel en culleredo para que o de arteixo se ocupe únicamente do noso término municipal. Os voceiros municipais mantiveron onte unha xuntanza co capitán xefe e o tenente da benemérita para lles trasladar esta necesidade que, socialistas e populares, consideran prioritaria.
O BNG xustifica a súa abstención na forma en que se produce a solicitude. Fina Vázquez cre que previamente habería que consultar á xunta local de seguridade.
Para frutos martínez unha actuación é independente da outra en alusión á necesidade de contar ca xunta de seguridade.
No PP Juan Rey prioriza necesidades. O primeiro di, e acadar un compromiso de maiores medios de seguridade no concello. Non entende o popular a abstención do BNG.
Por último o pleno déixanos a aprobación, por unanimidade, dunha moción presentada polo PSOE no que todos os grupos rexeitan o ataque previsto polos estados unidos e os seus aliado contra Irak.
|
Arriba
|
|
26-02-2003.-
Aenor recoñece a alta calidade das instalacións e servicios da Piscina Municipal de Arteixo
A Piscina Municipal de Arteixo ven de obte-lo certificado ISO 9001-2000 que concede a Asociación Española de Normalización e Certificación. O recoñecemento chega despois da realización de diversas auditorías sobre a calidade das instalacións e os seus servicios.
Na avaliación desenvolvida por AENOR a Piscina de Arteixo obtivo un recoñecemento especial no que se valorou a súa xestión, a cargo da empresa GAIA dende hai dous anos, a limpeza e desinfección das instalacións, o mantenemento preventivo e correctivo, a atención ó cliente e a oferta de cursos e formación..
AENOR valora asímesmo no seu informe a planificación deportiva das instalacións que inclúe natación terapéutica, aquafitness e programas específicos de natación para adultos, bebés, disminuidos, escolares, embarazadas e terceira idade. Os responsables da pisicina encárganse periódicamente de realizar controles que avalíen o grao de satisfacción dos seus clientes.
A piscina conta ademáis con solarium, saunas e ximansio controlados e valorados positivamente no informe de AENOR.
A piscina de Arteixo rexistra unha afluencia media diaria de 800 usuarios. O seu número de socios ascende actualmente a 3.742.
|
Arriba
|
|
25-02-2003.-
Arteixo pon en marcha a "Brigada móvil de servicios" para favorece-la integración laboral de discapacitados
Formar a mozos e mozas que presentan algún tipo de discapacidade e contribuir á súa posterior inserción laboral é o obxectivo principal da "Brigada Móvil de Servicios" que pon en marcha o concello de Arteixo a través do "proxecto de emprego apoiado de personas con discapacidade" do plan coordenador de servicios sociais do Consorcio de As Mariñas.
Esta actuación permitirá, durante seis meses, a formación de cinco mozos e mozas con algunha discapacidade. Realizarán tarefas de servicios á comunidade, xardinería e limpeza viaria que permitirán , unha vez finalizado o período de formación , a súa inserción no mercado laboral ó tempo que prestan un servicio ó municipio.
As "brigadas de servicios" a nivel teórico e práctico dende o punto de vista da inserción socio-laboral, e tendo en conta experiencias anteriores, amósanse como un instrumento altamente eficaz nos procesos de formación e integración de discapacitados.
A primeira fase consiste na preselección e selección dos candidatos; nunha segunda fase acométese o proxeso de formación a nivel teórico que constará de cincuenta horas, e a formación práctica que terá unha duración de catrocentas horas. A última fase, inserción laboral, axudará e acompañará ós alumnos na búsqueda de alternativas laborais.
Os alumnos que formen parte do programa recibirán unha beca, 120,20 € cada un, que aportará o Consorcio de As Mariñas.
|
Arriba
|
|
25-02-2003.-
O deporte alternativo axuda a potencia-lo atractivo turístico do Concello
Rafting, rutas a cabalo, senderismo ou surf son algunhas das propostas incluidas no programa de deportes na natureza presentado pola concellería de deportes. Trátase dunha campaña que, entre febreiro e decembro deste ano, permitirá ós viciños de Arteixo e concellos limítrofes, disfrutar de novidosas e atractivas actividades deportivas que se conxugarán coa potenciación e divulgación do entorno do municipio como atractivo turístico. Roberto García, técnico de deportes, indica ademáis que tódalas actividades incluirán un apartado didáctico e social no que os participantes, ademáis do exercicio físico poderán coñecer a historia, arte e xentes dos lugares onde se practican.
Entre as ofertas o concello quere destacar as escolas taller adicadas especialmente ós nenos e que, en períodos vacacionais, lles permitirán convivir nun entorno natural, facer deporte e se relacionar co medio. O concello anunciou ademáis a futura edición, de cara ó verán, dun roteiro de senderismo no municipio. Nesta iniciativa colaborará Caixanova que aportará a financiación necesaria para a sinalización e acondicionamento das rutas.
O programa de deporte que supón un gasto de 14.000 € para as arcas municipais, inclúe outras actividades como viaxes á neve, surf, campamentos ou rutas en quad e a cabalo.
|
Arriba
|
|
24-02-2003.-
Normalización Lingüística axuda a empresas e asociacións a tramita-las súas subvencións
O departamento de Normalización Lingüística fai chegar estes días a representantes de asociacións (ACODA e Asociación de empresarios de Sabón) toda a información referida ó concurso público para a concesión de subvencións para o fomento do uso social da lingua galega. No envío o Concello bríndase, a través de este departamento, a colaborar e axudar na realización dos trámites necesarios para a concesión das axudas.
Por outra banda este departamento de Normalización Lingüística recibe, ata o 20 de marzo próximo, as inscricións dos viciños interesados en participar nos novos cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega para adultos e colectivos convocados pola consellería de educación. A inscrición pódese formalizar na Casa do Concello ou a través do teléfono 981.60.00.09.
O número de asistentes a cada curso é de 15 personas como mínimo e 35 como máximo e terán unha duración de 75 horas. A asistencia ás clases é obrigatoria.
|
Arriba
|
|
21-02-2003.-
Manuel Pose preside a clausura das xornadas de formación para dirixentes de asociacións
O centro cívico de cultural acolle mañá sábado 22 de febreiro a última das charlas incluidas nas segundas xornadas de formación para dirixentes de asociacións culturais, deportivas e educativas do municipio. Trátase dunha iniciativa do goberno local que pretende orientar e axudar ós dirixentes do movemento asociativo do concello a tramita-las súas subvencións.
A última das sesións, mañá a partir das once da mañá, tratará da elaboración das programacións e a dinamización social dos concellos. O ponente será Héctor M. Pose Porto que é profesor asociadodo departamento de pedagoxía e didáctica das ciencias experimentais na Universidade de A Coruña.
A estas xornadas asisten enha media de cincuenta representantes, directivos ou administradores, das distintas asociacións.
O alcalde Manuel Pose Miñones preside a clausura do encontro ás 13.00 h.
|
Arriba
|
|
13-02-2003.-
Arteixo proba un novo sistema de limpeza das praias
O Concello de Arteixo proba dende hoxe no areal de Barrañán un novidoso sistema de limpeza que, en teoría, permitirá separar a area de tódolos materiais pesados arrastrados á praia pola marea negra do Prestige.
Trátase dun ofrecemento da empresa Interbeira, ubicada no municipio e que se adica ó sumnistro de maquinaria, en todo o estado, para a separación de sólidos nas canteiras. A máquina que se está a utilizar en Barrañán pesa trinta toneladas e ocupa unha superficie similar á de un autobús. É autónoma e teledirixida por un operario especializado.
As primeiras experiencias resultaron positivas xa que en dúas horas de traballo a máquina separou boliñas de fuel de milímetros de diámetro mentres depositaba a area novamente na praia. O técnico de medio ambiente supervisa, in situ, estes traballos de limpeza.
Dentro dos ensayos realizados ata o de agora neste tipo de tarefas este resultou se-lo máis axeitado cunha efectividade, ata o de agora, dun 100%.
LIMPEZA DE FONDOS
Por outra banda o Concello ocuparase a semana próxima de investiga-la posible afección, pola presencia de fuel, dos fondos mariños do litoral do municipio. O departamento de medio ambiente, en colaboración con protección civil e policía local, recollerán mostras das augas que se encargará de analizar a Universidade de Santiago para, de os haber, determina-la presencia de hidrocarburos.
Catro buceadores, con equipos municipais, se encargarán ademáis de facer inmersións para comprobar se os fondos da costa de Arteixo están afectados polos restos do Prestige.
|
Arriba
|
|
12-02-2003.-
O parque eólico municipal aforrará o 50% da enerxía que actualmente consume o Concello
Os aeroxeneradores que o concello pretende instalar no municipio e que servirán para o abastecemento eléctrico municipal poderían aforrar un 50% do custo de enerxía que actualmente consumen os edificios administrativos e iluminación da vía pública. A intención do goberno local era evita-lo 100% do gasto mediante a xeneración de enerxía propia aínda que, di o alcalde, de momento non será posible. Con ese aforro de enerxía, argumenta o primeiro edil, conseguiremos xenerar cartos para a execución de outras obras que repercutirán máis directamente nos viciños como arreglo de carreteras e outras.
A ubicación definitiva do parque eólico municipal será Monte Alto e contará con tres aeroxeneradores que producirán máis do dobre de enerxía do que xenera, por exemplo, o recentemente instalado pola empresa Inditex.
|
Arriba
|
|
12-02-2003.-
Arteixo creará un comedor asistido para anci´ns no centro da Baiuca
Sesenta ancianos de Arteixo poderán comer, cada día, no comedor asistido que disporá no centro de mayores da baiuca a concellería de servicios sociais. A comisión de goberno ven de aprobar este proxecto que contará cunha partida aproximada de 18.000 € e pretende se finalizar de cara á primavera
Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa,explica o alcalde Manuel Pose Miñones, son liberar de cargas ós familiares dos anciáns, permiti-la súa integración, erradica-la soidade ou facilita-las tarefas dos que viven sos.
O funcionamento e custe do comedor será analizado polo departamento de servicios sociais tendo en conta a renda de cada un dos usuarios. Tampouco está decidido ó sistema de comidas aínda que o concello baralla o sistema de catering como o máis apropiado.
A comisión de goberno serviu ademáis para da-lo visto bo a unha partida superior ós 37.000 € para acometer un novo acceso á praia de barrañán e combouzas. Así mesmo apropbouse unha partida de 45000 € para acceso peatonal á presa de meicende, pavimentado do núcleo de souto por 38867 euros e red de pluviais e abastecemento en sol y mar, colector de oseiro, barrio da concepción, barrio nuevo e galán, abastecemento en c-552 por importe de 58.820,60 €
Por último destacamos que a comisión de goberno deu conta do cambio de horario dos puntos limpos da área coruñesa. O de Arteixo, situado en Sabón, funcionará, dende agora, os luns entre as dez e a unha do mediodía; e entre as 15.30 e as 18.30. Entre martes e venres o horario será de 9.30 a 13.00 pola mañá e pola tarde de tres e media a sete. Tamén funcionará o sábado entre as nove da mañá e as dúas do mediodía
|
Arriba
|
|
11-02-2003.-
O Concello achega Internet á terceira idade
Trinta anciáns participarán hoxe e o xoves próximo nunha charla sobre as utilidades que ofrece internet para o colectivo da terceira idade. A iniciativa, da Concellería de Servicios Sociais, pretende manter unha primeira toma de contacto co colectivo para coñecer as súas inquedanzas polas novas tecnoloxías e estudia-la posibilidade de establecer un curso prolongado. A charla a impartirán profesionais do departamento municipal de informática.
En grupos de quince personas a cita terá lugar ás 16.30 h na aula informática do Centro Cívico e Cultural.
|
Arriba
|
|
11-02-2003.-
A ampliación da rede obriga a corta-lo suministro de auga en nove rúas de Arteixo
Doce rúas de Arteixo permanecerán mañá, 12 de febreiro, sen suministro de auga entre as nove da mañá e as doce do mediodía.
Trátase das obras de ampliación e mellora da rede que afectará ós números impares, entre o 187 e o 227, da Avenida de Finisterre; números impares da Avenida dos Bosques; números catro e sete da Ría de Noia; Ría de Arousa; Historiador Vedía; Durán Loriga; Emilia Pardo Bazán; Otero Pedrayo e Ramón de la Sagra.
|
Arriba
|
|
10-02-2003.-
Máis de catrocentos escolares visitarán as bibliotecas do Concello na nova campaña de animación á lectura
A Concellería de Cultura pon en marcha un ano máis o seu programa de animación á lectura que ten como principal obxectivo dar a coñecer os servicios bibliotecarios, esperta-lo gusto pola lectura nos máis cativos e presenta-las novidades bibliográficas de 2003.
No presente exercicio, ademáis das sesións de contacontos que se prolongarán ata maio próximo dúas veces por semana, inclúense visitas dos alumnos de educación infantil ás axencias de lectura máis próximas ó seu centro escolar.
A campaña inclúe a visita de catrocentos cincuenta nenos e nenas entre o dez e o catorce de febreiro. Durante as mañás os rapaces se introducirán no mundo dos contos con apoio audiovisual a través de ilustracións nas que participan de xeito activo para rematar elaborando os seus propios contos.
|
Arriba
|
|
06-02-2003.-
O Concello estudia a construcción dun novo centro de educación infantil
O concello estudia a posibilidade de construir un novo centro de educación infantil e primaria no municipio segundo anuciou hoxe o alcalde Manuel Pose.
O primeiro edil desvelou que o alto índice de natalidade do municipio, un dos máis elevados da comunidade galega, así como a ocupación de novas vivendas en construcción, fan prever a saturación das aulas do Centro Ponte dos Brozos.
Pose asegura que se trata únicamente dun estudio ainda que desvelou a intención do goberno local de o construir nunha zona próxima ó centro actual para , asegurou, "concentra-la oferta sen a masificar". O alto ritmo de crecemento poboacional do municipio levan ó goberno local a pensar en infraestructuras similares para os outros dous grandes núcleos de poboación: Meicende-Pastoriza e Oseiro-Vilarrodís.
|
Arriba
|
|
06-02-2003.-
O deporte alternativo axuda a potencia-lo atractivo turístico do Concello
Rafting, rutas a cabalo, senderismo ou surf son algunhas das propostas incluidas no programa de deportes na natureza presentado pola concellería de deportes. Trátase dunha campaña que, entre febreiro e decembro deste ano, permitirá ós viciños de Arteixo e concellos limítrofes, disfrutar de novidosas e atractivas actividades deportivas que se conxugarán coa potenciación e divulgación do entorno do municipio como atractivo turístico. Roberto García, técnico de deportes, indica ademáis que tódalas actividades incluirán un apartado didáctico e social no que os participantes, ademáis do exercicio físico poderán coñecer a historia, arte e xentes dos lugares onde se practican.
Entre as ofertas o concello quere destacar as escolas taller adicadas especialmente ós nenos e que, en períodos vacacionais, lles permitirán convivir nun entorno natural, facer deporte e se relacionar co medio. O concello anunciou ademáis a futura edición, de cara ó verán, dun roteiro de senderismo no municipio. Nesta iniciativa colaborará Caixanova que aportará a financiación necesaria para a sinalización e acondicionamento das rutas.
O programa de deporte que supón un gasto de 14.000 € para as arcas municipais, inclúe outras actividades como viaxes á neve, surf, campamentos ou rutas en quad e a cabalo.
|
Arriba
|
|
05-02-2003.-
O inicio das obras da nova igrexa coincidirá co primeiro aniversario da morte de D. José
O vindeiro 28 de marzo, coincidindo co primeiro aniversario da morte de José Abelenda Pastoriza, Don José, párroco impulsor da idea, se procederá á colocación da primeira pedra do que será a nova igrexa de Arteixo.
O templo situado nas inmediacións do paseo fluvial, ocupará unha parcela de máis de 30.000 metros cadrados e disporá dunha superficie construida de máis de 1000 metros cadrados.
O alcalde Manuel Pose Miñones, dixo hoxe que a data de inicio das obras "quere servir de homenaxe dos feligreses a quen realmente impulsou a construcción deste templo e traballou na súa consecución".
As obras, financiadas con aportacións dos feligreses e a propia Igrexa Católica, suporá un orzamento de, aproximadamente, 1.300.000 €, e, pendentes da súa adxudicación definitiva terán un prazo de execución de dezaoito ou vinte catro meses.
Manuel Pose recoñece que, paralelamente, a esta construcción o Concello ocuparase, unha vez rematadas as obras, de acondicionar o entorno que formará unha gran zona verde, con aparcamento e acceso restrinxido a vehículos. " Ó novo templo poderá acceder os vehículos das vodas ou outros eventos similares", dixo Pose que indicou, ademáis que "haberá que negociar cesións ou expropiacións con propietaros de terreos anexos para desenvolve-lo entorno".
O novo edificio contará tamén con locales parroquiais e casa adxacente, mentres que a antigua igrexa fará as veces de capela.
Para acometer este proxecto a igrexa vendiu parte dos seus terrenos en Arteixo, concretamente o local que ata o pasado ano ocupaba Xiradela mentres que o antiguo párroco , Don José, cediu a súa casa en Barrañán como aportación.
|
Arriba
|
|
05-02-2003.-
Adianto da memoria do Centro Cívico en 2002
Unhas cen mil personas participaron en 2002 nas actividades programadas polo departamento de cultura. Son os primeiros datos que ofrece a memoria da concellería correspondente ó pasado exercicio e que aínda está pendente de concluir.
Segundo eses datos os viciños de arteixo disfrutamos en 2002 dun total de 185 actividades puntuais ó que supón o dobre que hai tres anos. Nas cifras destaca a asistencia a espectáculos tetarais, 600 personas en 24 representacións, así como a asistencia ás exposicións. A sala adicada a eses fins acolliu no pasado ano 26 mostras polas que pasaron, segundo a memoria de cultura, máis de 5000 personas.
O futuro pasa por mellorar a oferta e a diversificar por medio dos novos centros que se constrúen en Oseiro,Larín e Pastoriza ó que haberia que sumar o xa rematado en Uxes. Sonia Iglesias é técnico de cultura.
|
Arriba
|
|