|
||||||||||||||||||
|
Decembro10-12-2003.- Unha empresa mixta xestionará os servicios de abastecemento e saneamentoEn seis meses, segundo as previsións máis optimistas o concello creará unha empresa mixta para xestiona-lo servicio de abastecemento e saneamento. É a principal conclusión á que chegaron esta mañá os voceiros dos grupos municipais reunidos na comisión creada na lexislatura pasada para estudia-lo futuro do servicio no municipio. A proposta, do Partido Popular, contou con votos de abstención de Psoe, que presentou unha alternativa por escrito, e o BNG. As razóns que levan ó goberno a optar por esta alternativa, son segundo o voceiro Juan Rey, de universalidade e calidade. Nos próximos meses serán os técnicos do concello os que estudiaráN qué fórmula, dentro dunha empresa mixta é a máis adecuada. O concello podería, segundo as circunstancias participar da sociedade como socio maioritario ou minoritario. O voceiro popular Juan Rey indica que os beneficios futuros que produza esa sociedade poderían dar ó municipio a posibilidade de xestionar outros servicios como a piscina municipal. O goberno destaca, nesta proposta, que á hora de recibi-las propostas de xestión das empresas, terán en conta en primeiro lugar a calidade do servicio e en segundo lugar as taxas que se aplicarán. Sinala Rey que o recibo debe subir porque leva doce anos sen o facer en Arteixo e porque é necesario fomentar o aforro no consumo. Por unanimidade os grupos, sí decidiron propoñer ó Consorcio de As Mariñas a posibilidade de crear unha empresa que xestione o servicio en tódolos municipios que pertenzan a ese consorcio. Arriba04-12-2003.- Manuel Pose asina o contrato para inicia-la construcción do parque eólico municipal Nun prazo aproximado de oito meses o Concello de Arteixo podería inaugurar o primeiro parque eólico singular do municipio. Aforro e fomento das enerxías renovables son as prioridades que establece a administración para poñer en marcha este proxecto que se xestou na lexislatura pasada e que viu a luz nas últimas horas coa sinatura do contrato de concesión de obra pública entre o alcalde Manuel Pose e o representante da empresa adxudicataria dos traballos de construcción e explotación do "Parque Eólico de Arteixo". Trátase, segundo acordo da Comisión de Goberno de 25 de Novembro, da entidade Fomento de Enerxías Renovables (FERSA) que, segundo recolle o contrato, aportará un canon anual fixo de 30.000 euros que se actualizará cada ano dacordo coa variación do IPC. Ademáis a empresa obrígase a aportar un canon variable do 10.45% sobre a súa facturación anual. O cálculos apuntan a un aforro anual para as arcas municipais, superior ós 60.000 euros. O contrato entre administración e empresa recolle ademáis a constitución dunha fianza, a favor da administración local, de 53.464,72 euros. que permita responder ó cumplimento do documento asinado. Amador Castro Millarengo, representante da adxudicataria, destacou a iniciativa de Arteixo á hora de poñer en marcha este tipo de instalacións. Millarengo asegurou que o Concello serviu de exemplo a outras administracións que desenvolveron,posteriormente, proxectos similares. Antes do inicio das obras, que terán un prazo de execución de tres meses, a empresa aportará , antes do 26 de decembro próximo, a documentación necesaria para que o Concello solicite á Dirección Xeral de Industria, a autorización administrativa da actividade; aprobación do proxecto de execución das instalacións; declaración de utilidade pública, en caso necesario, das instalacións; e a inclusión da instalación de producción no réxime especial de Real Decreto 2818/1998. Arriba04-12-2003.- O Concello impulsa a lingua galega na campaña de Nadal do comercio local "Cos meus mellores desexos" é o lema da campaña que este Nadal promove o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo dirixida ao comercio local, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística. Trátase dun material novo e orixinal que, ademais de cumprir co obxectivo de introducir o galego neste ámbito de uso, resultará de utilidade para o traballo dos comerciantes, o mesmo cás realizadas en pasadas datas, cos carteis ABERTO/PECHADO e a campaña REBAIXAS. A iniciativa persegue, como principais obxectivos avanzar no proceso de incorporación e implantación do galego no sector do comercio. Ofrecer ós comerciantes material galego útil e atractivo; e chegar con unha mensaxe normalizadore tanto ós empresarios como á veciñanza. A campaña consistirá na edición dunhas follas DIN-A4 que conteñen 26 etiquetas en distintas formas e tamaños para que se poidan adecuar aos paquetes. Están impresas a unha tinta en papel adhesivo mate. Arriba |
|||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||