Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2003
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2002
Ver novas

Abril

09-04-2003.- O Concello amplía o seu horario de atención para consultas do censo electoral

Mellora-la e amplia-la atención que a administración presta ós cidadáns é o obxectivo que persegue a ampliación do horario de atención ó público que esta semana pon en marcha a oficina do padrón municipal.

Trátase de facilita-la consulta dos datos do censo electoral dispostos nestas dependencias dende o pasado sete de abril. O novo horario será entre nove da mañá e tres da tarde e de cinco a oito da tarde os días 9, 10 e 11 de abril.

As oficinas tamén estarán a disposición dos viciños o sábado día 12 entre as nove da mañá e as dúas do mediodía. O último día de consulta será o luns 14 de abril con xornadas de mañá e tarde entre as 09.00 h e as 14.00 h e pola tarde de cinco a oito.

Nos días que precederon a esta medidas as oficinas do padrón detectaron numerosos erros nos datos censais dos viciños que recentemente cambiaron de domicilio. Lembran dende ese departamento a importancia de que tódolos cidadáns comproben os seus datos para non ter problemas á hora de acudir a votar o vindeiro 25 de maio. Recomendan ademáis acudir ó censo provisto do DNI para, en caso de presentar reclamacións, a facer no momento.

Arriba
10-04-2003.- O Concello axardina a Avenida do Balneario

A avenida do Balneario, principal rúa do núcleo urbano de Arteixo, luce dende hoxe once novas especies de árbores que os equipos de xardinería se encargaron de plantar nas últimas horas. Distribuidas en once maceteiros, de nova incorporación, os xardineiros plantaron dous magnolios piramidais,situados nos extremos do paseo; un "ilex aquifolium variegata" (acivro de folla variegada); catro "prunus pisardii" (cerdeira de flor); e catro "hibiscus siriacus".

As xardineiras, circulares de formigón branco e con banco de madeira incorporado, se distribúen ó longo do novo paseo e incorporan, admáis das árbores, 218 arbustos de distintas especies.

O conxunto vexetal de novo paseo supuxo unha inversión de 3.550 euros.

As xardineiras sitúanse cara ó medio da rúa para evitar que o crecemento das árbores , de folla caduca, perxudiquen ós edificios.

Arriba
22-04-2003.- O Centro Cívico acolle a entrega de premios do XV Concurso de Contos "Manuel Murguía"

Coincidindo coa celebración do día do libro o Centro Cívico e Cultural de Arteixo acolle a entrega de premios do XV certame de contos "Manuel Murguía" na que participaron escolares de primaria, secundaria e bacharelato e ó que se presentaron 65 traballos.

O xurado deu como gañadora, en categoría de 1º e 2º de primaria a Sara Pombo Paz, do colexo de Galán coa obra "O león". En segundo ciclo de primaria resultou gañador Martín Castro Calvelo, tamén de Galán, coa obra "O castigo de Xaquín"; en treceiro ciclo a gañadora foi Beatriz Rey, de Ponte dos Brozos, con "Diario dunha guerra".

En secundaria non houbo relatos presentados e en categoría de bacharelato o xurado otorgou un premio compartido a Paloma Calvo, do IES de Sabón, por "Non quero a túa compaixón" e a Carlos Alberto Carro, do colexo Santa María do Mar de A Coruña, polo conto "Historia do noso tempo".

O premio Murguía infantil, segundo decisión do xurado, é para Paloma Calvo pola obra "Non quero a túa compaixón".

Os actos comezarán as 11.00 h coa representación de "Contos do vento acatarrado" a cargo dos Monicreques de Kukas.

Coincidindo coa celebración desta XV edición a concellería de cultura editou un libro no que se recollen os textos gañadores das cinco últimas edicións e que leva por título "Cousas de Contos".

Arriba
22-04-2003.- Cincuenta e cinco obras concorren ó Primeiro Certame de Fotografía Ambiental de Arteixo

Vinte e dous autores responderon á chamada da Concellería de Medio Ambiente para captar, cos seus obxectivos, a realidade ambiental de Arteixo. Concorren, con cincuenta e cinco instantáneas, ó primeiro certame de fotografía ambiental convocado polo Concello e co que se pretende concienciar á poboación da necesidade de conserva-lo entorno natural.

Os traballos forman parte dunha mostra que albergará a sala de exposicións do centro cívico e cultural entre o 23 e o 25 de abril próximos. A mostra pódese visitar en horario de mañá de once a dúas e pola tarde de cinco a oito.

O xurado fallará o premio o día 24 que se entregará o venres na sala de exposicións ás 19.30 h. Os premios consisten nun cheque de 500 € en material fotográfico para o gañador; unha estancia en casa rural para o segundo clasificado; e enmarcado e ampliación da obra para o terceiro.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |   Seguinte   |