Xuño
|
|
27-06-2002.-
A infancia e a familia centran a nova edición de Arteixo Solidario
O sábado seis de xullo o paseo fluvial de Arteixo acollerá a cuarta edición de Arteixo Solidario. Baixo o lema "mirando ó futuro" nace esta nova convocatoria que se centra, nesta ocasión, na familia e a infancia.
O alcalde Manuel Pose Miñones ofrecerá o vindeiro mércores tres de xullo, unha Rolda de Prensa, na que explicará o programa e obxectivos que persegue esta nova festa solidaria do municipio. O encontro cos medios de comunicación terá lugar ás 11.30 h na alcaldía do concello situada no primeiro andar da casa consistorial.
|
Arriba
|
|
26-06-2002.-
Ciencia, natureza e deporte actividades de consumo para os meses de verán
A ciencia é o fío conductor das actividades propostas pola Oficina de Información ó Consumidor (OMIC) para os vindeiros meses de verán. Baixo o título de OMICO Intergaláctico, nenos e nenas de seis a once anos, aprenden a importancia do consumo responsable como parte da economía doméstica, respeto ó medio ambiente ou aforro dos recursos enerxéticos.
O OMICO intergaláctico propón varios módulos de xogos especialmente pensados para os máis cativos. No primeiro, "Ciencia Intergaláctica", os nenos coñecerán os segredos da electricidade, depuración da auga ou os problemas plantexados pola contaminación. No segundo dos módulos, "xogos intergalácticos" os participantes desenvolven unha olimpiada e coñecen xogos tradicionais de outros países e culturas; as actividades complétanse noutros tres módulos que abarcan actividades relacionadas coa natureza, a cociña ademáis dunha festa final.
Este ano é a primeira vez que, ademáis de Arteixo, Meicende ,Oseiro e Uxes serán escenario das actividades propostas pola OMIC.
O prazo para se apuntar nesta iniciativa remata o vindeiro día 28 de xuño.
|
Arriba
|
|
07-06-2002.-
Mais de cincocentos nenos participan na clausura das actividades deportivas e culturais
O Pavillón Municipal de Arteixo acolle mañá sábado día 8 de xuño, a partir das 16.00 h, a clausura das actividades deportivas e culturais desenvolvidas polas APAS e o departamento municipal de deportes nos últimos meses.
Máis de cincocentos nenos e nenas participan nesta clausura na que haberá exhibicións dos distintos deportes e actividades realizados. Baile, teatro, manualidades, mecanografía, gaita, judo, kung-fu, predeporte ou patinaxe son algunhas das ofertas plantexadas.
As actividades son froito do convenio asinado entre o Concello e as APAS dos centros de Galán, Meicende e Arteixo a princpios de 2002 e que ten como obxectivo a diversificación, abaratamento, ampliación e achegamento das actividades culturais e deportivas que se viñan realizando.
|
Arriba
|
|