Xullo
|
|
17-07-2002.-
Izado de bandeira azul en Barrañán
O Alcalde do Concello, Manuel Pose Miñones, presidirá mañá xoves, dezaoito de xullo, o izado da bandeira azul concedida en 2002 pola Unión Europea ó areal de Barrañán. Ó acto terá lugar ás 13.00 h.
O encontro cos medios de comunicación será ás 13.00 h no areal de Barrañán, no paseo marítimo. No mesmo estarán presentes o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, Higinio J. Sánchez-Rodilla Fuentes e o xefe do servicio de Medio Ambiente Natural Federico Sánchez.
Ó acto están invitados a participar tódolos membros da corporación municipal.
|
Arriba
|
|
16-07-2002.-
O Concello instala as torres de iluminación no Ponte dos Brozos
O Concello de Arteixo, a través da concellería de deportes, ven de instala-la iluminación artificial no campo municipal Ponte dos Brozos. Os traballos, que realizou a empresa Elinte, consistiron na ubicación de catro torres de vinte metros de alto en cada unha das esquinas do céspede.
As torres contan con seis focos cada unha de 2000 watios de potencia. Os traballos tiveron un presuposto de 65.687,21 € dos que 22.508,85 € os aportou a Deputación Provincial de A Coruña.
A actuación segue a liña marcada pola Concellería de Deportes no exercicio de 2001 para a mellora das infraestructuras deportivas do municipio.
|
Arriba
|
|
15-07-2002.-
Manuel Pose recibe ós nenos participantes no programa de axuda ó Sahara
O alcalde de Arteixo, Manuel Pose Miñones, recibe o vindeiro xoves , ós nenos saharahuis que este ano convivirán con distintas familias de Arteixo.
Son sete os nenos e nenas que este ano participan neste programa no que pon en marcha a Asociación Galega de Axuda ó Sahara coa colaboración do departamento de servicios sociais. Cinco familias de Arteixo participaron nesta edición na iniciativa.
A recepción, ás sete da tarde, terá lugar na alcaldía da Casa Consistorial.
|
Arriba
|
|
10-07-2002.-
Análise da situación educativa do Concello e futuros proxectos
O alcalde, Manuel Pose Miñones, e a concelleira de educación, Marina Álvarez, ofrecen o vindeiro luns 15 de xullo, unha ROLDA DE PRENSA na que analizarán a situación da infraestructura educativa do municipio ó término do curso 2001-2002 e anunciarán futuros proxectos para o curso próximo.
O encontro cos medios de comunicación terá lugar ás 11.00 h na alcaldía da casa consistorial.
|
Arriba
|
|
10-07-2002.-
Cultura reparte máis de 16.000 Euros para a celebración de Festas Patronais
A Concellería de Cultura reparte estes días 16.824,28 € entre as distintas comisións de festas do municipio para axudar a celebrar as festas patronais de cada parroquia.
Concedéronse tódalas axudas solicitadas, dezanove, atendendo ó número de habitantes de cada núcleo e características dos festexos. A distribución é de 0,60 € por habitante; 90 € por facer carteleiría en galego; e 180 € para a montaxe de infraestructuras como palcos ou carpas.
Arteixo, con trece parroquias, presenta ó longo do ano, especialmente no verán, un amplo abanico de ofertas festivas. Por eso o número de comisións e de axudas concedidas supera o número de parroquias. Algunhas como Oseiro, Monteagudo ou Pastoriza celebran máis duna festa patronal atendendo os seus distintos núcleos de poboación.
A Concellería de cultura comunica esta semana ás distintas comisións as axudas concedidas.
Próximamente se comunicarán as subvencións concedidas ás asociacións culturais para o desenvolvemento das súas actividades.
|
Arriba
|
|
01-07-2002.-
A Concellería de Cultura inaugura as conexións a internet para os usuarios da Biblioteca
A Concellería de Cultura abre hoxe a posibilidade de se conectar a internet para os usuarios da biblioteca central.
Dous dos monitores dispostos na sala multimedia ofrecen esta posibilidade para os socios maiores de doce anos.
Segundo recolle o regulamento da biblioteca o acceso á rede é ilimitado para acceder a calquera contido, principalmente cultural e bibliográfico, e tan só está prohibido o acceso ós chats. Ademáis os encargados da biblioteca vixiarán o uso que se da á web por parte dos usuarios.
As sesións de conexión, que se poden solicitar por anticipado, serán dun máximo de corenta e cinco minutos.
A Concellería de cultura ofrece con esta nova iniciativa novas posibilidades de ocio e comunicación na biblioteca municipal que conta xa cun amplo fondo audiovisual e bibliográfico.
|
Arriba
|
|