Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2002
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
Xullo
Xuño
Maio
Abril
Marzo
Febreiro
Xaneiro
 
 2001
Ver novas

Outubro

28-10-2002.- Unha exposición interactiva ocupará a Biblioteca Municipal en novembro

A fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca é quen cede á biblioteca de Arteixo a exposición "El Mundo en tus manos", unha experiencia dirixida a rapaces de 8 a once anos ca que se pretende desperta-la curiosidade dos lectores polo coñecemento científico e valora-los libros de divulgación como instrumento para a promoción da lectura.

A mostra recolle unha selección de libros e CD-Roms de carácter informativo que permiten se adentrar no mundo do coñecemento dende opcións moi distintas dende a experimentación ó xogo, pasando pola consulta ou a divulgación en formatos atractivos que facilitan a captación dos lectores máis novos.

A exposición divídese en catro apartados: "sopréndete con los libros"; "yo hago tú experimentas"; "conoce el mundo que te rodea" e "resuelve tus dudas al instante". Os libros acompáñanse de paneis informativos e dous ordenadores nos que consulta-los CD-ROMs.

Alumnos dos centros públicos do municipio visitarán esta exposición durante as mañás mentres que as tardes será para o público en xeral.

Arriba
28-10-2002.- Arteixo apoia a declaración da Torre de Hércules como ben cultural Patrimonio da Humanidade

O pleno do Concello de Arteixo aprobará o vindeiro xoves, en sesión ordinaria, o seu apoio institucional á declaración da Torre de Hércules de A Coruña como "ben cultural patrimonio da humanidade".

A sesión plenaria, que comezará ás 20.00 h, servirá ademáis para da-lo visto bo ó POS (Plan de Obras e servicios da Deputación Provincial) en 2003 por un importe de 428.644,14 €. O orzamento procedente deste plan servirá para acomete-la pavimentación de varios camiños e estradas municipais así como para finaliza-lo saneamento de varias parroquias. Destaca neste aspecto a pavimentación do camiño entre Loureda e o cemiterio novo ou as obras de saneamento que se desenvolverán en Os Olmos, Pedra, Galo ou Baer.

Arriba
24-10-2002.- Deportes organiza un curso de técnicas de Conducción Segura

O servicio municipal de deportes, en colaboración coa a sociación xuvenil Berce, organiza para o domingo próximo, o primeiro curso de técnicas de conducción segura.

O obxectivo da xornada é mellora-lo grao de coñecemento e habilidade dos participantes sobre as técnicas de conducción así como os concienciar dos perigos que conleva unha conducción irracional. O curso dará a coñecer, ademáis, os diferentes sistemas de seguridade dos que actualmente están dotados os automóbiles.

As xornadas, en turnos de mañá ou tarde, tratarán temas como a posición de conducción; uso dos freos; usos do acelerador; dinámica de pesos, subviraxe ou sobreviraxe. A parte práctica comprende temas como a frenada asimétrica o slalom ou a freada esquiva.

Para impartir este curso cóntase con monitores de dilatada experiencia como o piloto Alex Riveiro, Antonio Solórzano ou Isaac Fernández.

Arriba
14-10-2002.- Arteixo mellora o saneamento do municipio coa ampliación e mellora de tres estacións de bombeo

Garanti-lo correcto funcionamento das estacións de bombeo do municipio para permitir un control e xestión eficaces, ademáis de subsanar as deficiencias que actualmente presenta a rede de saneamento, é o principal obxectivo do proxecto para "ampliación e mellora de bombeos e impulsións de Arteixo, Bens e sabón" presentado pola Xunta de Galicia ó Concello de Arteixo.

O estado actual da rede de saneamento presenta deficiencias debido fundamentalmente ó crecemento de poboación rexistrado nos últimos anos. O elevado caudal de augas residuais que chega as estacións de bombeo orixina un funcionamento contínuo da maquinaria que deriva en frecuentes averías e alivios incontrolados. A situación fai necesario un reacondicionamento ou, no seu caso, construcción, de novas estacións que garantan o seu correcto funcionamento dotándoas además dos necesarios dispostitivos de seguridade.

A estas causas habería que engadir a falla de infraestructura nesta materia do Polígono Industrial de Sabón e a escasez de inversións para a mellorar nos últimos anos.

O proxecto, que se executará en dez meses cun presuposto de 2.014.599,21€, contempla un bombeo en "Rañal 2" así como ampliación e mellora das estacións de Bens e Rañal.

O bombeo de Rañal 2 bombeará auga directamente ata o punto máis alto de Pastoriza e conseguirá diminuir os caudais actuais de Sabón e Rosadoiro para que éstes rindan plenamente.

O proxecto está incluido no "Plan sectorial de saneamento e recuperación do entorno das rías de A Coruña, O Burgo e Concellos limítrofes".

Arriba
10-10-2002.- O inicio do Curso Escolar devolve os Contacontos ás Bibliotecas do Concello

Coincidindo co inicio do curso escolar a Concellería de Cultura pon en marcha no último trimestre do ano unha nova campaña de animación á lectura para nenos e nenas de catro a once anos.

O obxectivo que persigue esta campaña é achegar ós nenos á biblioteca e as posibilidades de atopar nelas un mundo de fantasía e creación literaria por medio de conta contos.

Durante este trimestre, a partir do 14 de outubro, a biblioteca central e as axencias de lectura de Oseiro e Meicende recibirán, en distintos días, a visita de as compañías de teatro Trinke Trinke e Alacrán así como a da ilustradora Marisa Irimia. As sesións terán lugar, tódolos días, a partir das 18.30 h.

BALLET NO CENTRO CÍVICO

O auditorio do Centro Cívico e Cultural acolle mañá venres ás 20.30 h a representación de "Lua Amarga", un espectáculo de ballet a cargo da Compañía Druida incluida nos circuitos culturais de outono do Concello de Arteixo.

A representación, con entrada gratuita, conta coa participación de oito bailaríns e música de Beethoven; a coreografía e dirección é obra de Mercedes Suárez e a escenografía corre a cargo de Suso Montero.

"Lúa Amarga" arranca con esta situación: "Un día que non me sentía ben, decidín morrer un pouco..."

Arriba
03-10-2002.- Empresarios de éxito amosan o seu traballo nun seminario organizado polo Servicio Municipal de Emprego

Difundir ideas convertidas en proxectos empresariais de éxito e amosar exemplos prácticos sobre a súa posta en marcha son os principais obxectivos dun seminario que, organizado polo Concello, se desenvolverá mañá venres a partir das 20.00 h no edificio de servicios sociais de Arteixo.

"Seminario de difusión da cultura emprendedora" pretende concienciar ós interesados de que calquera con unha boa idea e a motivación suficiente pode poñer en marcha unha empresa de éxito.

Organizado e promovido polo IGAPE e con profesionais de BIC Galicia este seminario forma parte dun ambicioso ciclo de prácticamente cen seminarios da mesma naturaleza que se celebran en toda a comunidade autónoma durante 2002.

Os encontros diríxense a personas con inquedanzas empresariais. A asistencia é totalmente gratuita e a duración do mesmo é de tres horas. Durante a súa celebración se contará coa participación dun emprendedor de Arteixo que exporá o seu caso particular.

Arriba
01-10-2002.- O Concello adica máis de setenta mil euros as actividades extraescolares

Algo máis de 70.000 €, con este presuposto póñense en marcha hoxe as actividades deportivas extraescolares nacidas a raíz dun convenio asinado recentemente entre o Concello e as apas dos centros públicos Ponte dos Brozos, San Xosé Obreiro e galán.

O acordo contempla os mesmos fins e obxectivos que o asinado no pasado exercicio aínda que varía, sustancialmente, a cantidade que a administración adica ás actividades.

Neste senso, a memoria presentada pola concellería de deportes destaca que o financiamente aumenta para os centros de Arteixo e Meicende nun 39,89% , mentres que para o centro de Galán experimentouse un incremento presupuestario do 60%.

O obxectivo que se persigue con esta oferta é dende a administración,o desenvolvemento dos valores formativos, utilitarios, hixiénicos, sociais e de ocupación do tempo libre. Pola súa banda as APAS pretenden con este acordo a promoción nos centros públicos de actividades que permitan a formación integral do alumnado.

O convenio recolle ademáis o compromiso do concello de facilita-lo transporte gratuito para actividades como xogos escolares e campaña de natación.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |