|
25-11-2002.-
Arteixo conmemora o Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres
"Dezaséis días de activismo sen violencia e pola tolerancia e a igualdade", con este lema o Concello de Arteixo, a través do departamento de servicios sociais conmemorará o día internacional da non violencia contra as mulleres.
Os actos principais centraranse o día vintecinco. Comezarán con unha concentración silenciosa de cinco minutos ás doce do mediodía diante da casa consistorial ós que se convoca a tódalas asociacións, departamentos municipais, centros de ensino e demáis institucións públicas e privadas. A casa consistorial lucirá ademáis, durante todo o día, e ata o dez de decembro, un lazo lila como símbolo dos dezaséis días de activismo. Tamén se leerá un manifesto contra a violencia de xénero que recproducirá ó longo do día a emisora municipal.
Carteis informativos así como a elaboración dunha guía informativa en contra da violencia completan as actividades ás que se sumará con programación especial a Radio de Arteixo, a páxina web do concello, www.arteixo.org. e a fundación Caixa Galicia que difundirá información sobre as distintas actividades a través do sitio www.socialia.org.
|