Maio
|
|
28-05-2002.-
Arteixo homenaxea a Carlos Casares na entrega do XI Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
O alcalde de Arteixo, Manuel Pose Miñones, presenta o xoves 30 de maio, os actos programados pola Concellería de Cultura con motivo da entrega do XI certame de narracións breves Manuel Murguía.
O encontro cos medios de comunicación terá lugar o xoves 30 de maio as 12.30 h na alcaldía da casa consistorial. Acompañará ó alcalde o coordenador deste certame literario Enrique Rabuñal e a responsable de cultura Sonia Iglesias.
A entrega do XI premio de narrativa servirá ademáis para poñe-lo punto e final ás celebracións do X aniversario do mesmo e a presentación do libro "Paisaxes con Palabras" que recolle textos inéditos de tódolos gañadores deste certame nos seus dez primeiros anos de vida. Haberá ademáis unha homenaxe o escritor Carlos Casares recentemente falecido.
|
Arriba
|
|
27-05-2002.-
A Biblioteca Municipal aprende ós usuarios o uso do ficheiro dixital
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca municipal, aprenderá ós usuarios das axencias de lectura o uso dos ficheiros dixitais recentemente implantados na biblioteca central.
Trátase de varias charlas, para un máximo de catro personas por grupo, nas que os usuarios aprenderán o manexo de arquivos a través do ordenador, clasificación dos volumes, cómo atopar información e nocións de navegación en internet sobre recuperación de documentación e acceso ós catálogos de bibliotecas públicas.
Os interesados poden apuntarse ata o día trece de xuño. As prácticas levaranse a cabo, unha hora por sesión, ata a primeira semana de xullo en horario de mañá.
Por outra banda a biblioteca organiza para esta semana "encontros con escritores", unha iniciativa que pretende achegar a creación literaria, a ilustración e os medios de comunicación ós viciños.
Xosé Cobas e Xosé Durán estarán na Biblioteca central mañá día 28 e o mércores 29. Xavier López visita a Axencia de lectura de Meicende.
|
Arriba
|
|
24-05-2002.-
Dez disciplinas deportivas no Primeiro Día do Deporte na Rúa de Arteixo
O Concello de Arteixo organiza o vindeiro día 1 de xuño o primeiro día do deporte na rúa, unha cita que pretende se converter en tradición para achegar a práctica deportiva ós cidadáns e fomenta-la convivencia.
A iniciativa permitirá os arteixáns e visitantes participar en dez disciplinas deportivas e xogos. Baloncesto, patinase, xadrez, escalada ou kayak son algunhas das actividades propostas que se completarán con talleres e exhibicións.
O programa completo se presentará o vindeiro MARTES 28 DE MAIO en ROLDA DE PRENSA. O alcalde Manuel Pose Miñones e os responsables da concellería de deportes serán os encargados de o presentar. Será a partir das doce do mediodía na ALCALDÍA do concello.
|
Arriba
|
|
21-05-2002.-
A Oficina de Información Xuvenil cambia de ubicación para optimiza-los recursos
O Concello, co obxectivo de optimiza-los seus recursos e achegar os seus servicios ós viciños, decide tralada-las dependencias da Oficina de Información Xuvenil, actualmente no edificio de servicios sociais, ó edificio de servicios múltiples.
A "mudanza" rematará esta mesma semana e será a partir do día 27 de maio cando comece a funcionar este departamento na súa nova ubicación. A proximidade á Radio Municipal e ó departamento de deportes, dependencias municipais frecuentadas por xóvenes, propiciaron este traslado.
A OIX ocupará as dependencias que ata o de agora ocupaba no terceiro andar de Servicios Múltiples a Concellería de Educación que, tamén o vindeiro día 27 comezará a atender ós viciños no Edificio de Servicios Sociais, un lugar máis adecuado ás súas necesidades debido, en parte, á súa proximidade á zona escolar.
Os cambios afectarán tamén á concellería de deportes que, merced o traslado, ampliará o seu espacio no edificio de servicios múltiples.
|
Arriba
|
|
13-05-2002.-
A Escola Infantil de Arteixo modelo de xestión en Europa
A Escola Infantil Municipal de Arteixo recibe o vindeiro mércores, quince de maio, a visita de un grupo de estudiantes franceses que acoden a se interesar polo modelo de xestión e organización do centro municipal. Os estudiantes proceden do Centro L'herbergement, en Vendee na rexión de La Loire, onde cursan servicios á comunidade.
O atractivo deseño das instalacións así como o proxecto educativo da escola municipal fan que este tipo de visitas sexan cada vez máis habituais. Directivos e representantes doutros concellos acudiron dende a súa posta en marcha a coñecer in situ o modelo de xestión. A escola infantil é ademais sede de cursos para profesionais do medio.
Os estudiantes chegarán á escola ás 10.00 h.
Por outra banda, os nenos e nenas do centro participarán ese mesmo mércores na celebración do día das letras galegas. Para este acto a escola creou un grupo de teatro, "Os Cuxiños", que poñerán en escena, a partir das 16.00 h, unha obra baseada no texto de Wenceslao Fernández Flórez, "El Bosque animado". O grupo de teatro o integran nenos e nenas de dous a catro anos.
|
Arriba
|
|
08-05-2002.-
Aberto o prazo para participar na Cuarta Edición da Xuntanza da Terceira Idade
O departamento de Servicios Sociais mantén aberto, ata o vindeiro venres, o prazo para se inscribir na cuarta Xuntanza da Terceira Idade organizada polo Concello de Arteixo.
Trátase dunha cita tradicional e xa consolidada xa que o Concello quere homenaxear ó colectivo de terceira idade nun acto de confraternización no que tamén participan veciños doutros concellos coruñeses.
O prezo, seis euros, inclúe o transporte, xantar e baile posterior ademais dun percorrido polo tradicional feirón e misa ó aire libre na área recreativa do Seixedo. A organización prevé unha participación masiva neste acto que xa se converteu en cita ineludible de primavera para os máis vellos de Arteixo e arredores.O ano pasado este encontro congregou a 1500 persoas. O Concello xa enviou invitacións a tódolos municipios da área coruñesa ademais doutros que tradicionalmente se suman a este evento como Carballo ou Cabana de Bergantiños.
As inscricións pódense formalizar no edificio de servicios sociais ou no Centro da Vellez da Baiuca.
|
Arriba
|
|
07-05-2002.-
Os escolares poñen en práctica o aprendido nas clases de Educación Viaria
Alumnos da rama de actividades deportivas ó aire libre, do ciclo medio de formación profesional poñen en práctica, mañá mércores oito de maio, o aprendido nos últimos meses nas clases de educación viaria.
Os alumnos percorrerán en bicicleta o núcleo urbano de Arteixo simulando unha saída con un grupo programado.
Na clase práctica preténdese potenciar hábitos de seguridade e coñecemento das normas de tránsito rodado. Os monitores responsables da actividade farán ver ós participantes os perigos cos que se poden atopar cando exerzan a súa actividade laboral, ( a titulación de FP faculta a monitores de actividades ó aire libre en bicicleta, a cabalo ou a pé).
O percorrido será guiado polo responsable de área de educación viaria do Concello.
|
Arriba
|
|
06-05-2002.-
Trinta e nove socorristas vixilarán as praias de Arteixo na nova campaña de verán
O Concello de Arteixo convoca para os días 24, 25, e 26 de maio probas para a contratación, durante os meses de verán, de trinta e nove socorristas.
Os interesados deben de entregar, antes do día 22 de maio na base de protección civil (Polígono de Sabón, parcela 24), a documentación requirida para participar na selección: fotocopia do DNI, titulación de socorrista ou técnico en primeiros auxilios e currículo.
As probas, que o pasado ano superaron trinta e oito candidatos, consistirán na realización dun exercicio teórico, e dous prácticos, un en piscina e outro en mar aberto. Este último realizarase na praia de Barrañán e consistirá en percorrer 500 metros en carreira continua; nadar aproximadamente un quilómetro e novamente carreira continua durante 500 metros.
Os elixidos desenvolverán tarefas de salvamento entre o 15 de xuño e o 15 de setembro en tódolos areais de Arteixo. As súas funcións, dependendo da súa cualificación, consistirá na vixilancia da praia; vixilancia da costa en embarcación ou atención en posto de primeiros auxilios.
Os interesados poden acadar máis información no teléfono 981.64.14.14.
|
Arriba
|
|
06-05-2002.-
Manuel Pose presenta o novo centro social de Uxes
O alcalde de Arteixo Manuel Pose Miñones, presenta mañá, en Rolda de Prensa, o novo centro social do Concello en Uxes. O acto terá lugar ás 11.00 h no novo centro situado detrás da Capilla de Uxes. (pódese acceder ó mesmo por autovía ou pola carretera de Feáns).
O novo centro, primeiro dunha serie de edificios similares que o Concello pretende achegar a tódalas parroquias do municipio, o seguinte será o de Oseiro, supuso una inversión de dez millóns de pesetas para as arcas municipais.
|
Arriba
|
|