|
09-08-2002.-
O Concello reduce ó 50% do IAE ós comerciantes afectados polas obras de peatonalización da Avenida do Balneario
A Comisión de Goberno do Concello de Arteixo aprobou, para a anualidade de 2002, unha reducción do 50% no importe correspondente ó pagamento do IAE ós comercios "afectados" polas obras de peatonalización da Avenida do Balneario.
Trátase dunha medida compensatoria para paliar os presuntos prexuízos que as obras poidan provocar na actividade empresarial.
A decisión adoptada polo goberno que preside Manuel Pose pretende apoiar ó desenvolvemento do pequeno comercio e por extensión, á economía do municipio. Unha vez rematen os traballos de peatonalización, o novo trazado da Avenida compensará con creces os posibles prexuízos actuais xa que se converterá na rúa comercial de referencia no termo municipal.
Economicamente a reducción do IAE beneficia a corenta e catro negocios, de tódolos tipos ( hostalería, boutique, óptica, calzado, salóns de peiteado...) e supón unha reducción do ingreso previsto polo concello, en concepto de IAE, de aproximadamente 9000 €.
|