Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2001
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
 
 2002
Ver novas

Setembro

28-09-2001.- Apertura do novo curso no conservatorio

O centro cívico e cultural de Arteixo acolle o vindeiro luns, 1 de outubro, a presentación do curso 2001-2002 do conservatorio. O acto se desenvolverá a partires das 19.00 h.

O conservatorio de Arteixo, que comezou a súa andaina hai sete anos, imparte estudios regrados de grao elemental, catro cursos; e de grao medio tres cursos. Actualmente cursan no centro os seus estudios 64 rapaces. Os instrumentos que se imparten son : piano, guitarra, frauta, saxofón, violoncello e violín.

Arriba
26-09-2001.- A Policía Local tramitou máis de setecentas denuncias de tráfico en 2001

A policía local de Arteixo tramitou no que vai de ano un total de 760 denuncias por infraccións de tráfico. Segundo se desprende da memoria elaborada por este departamento municipal, os axentes interviron en un total de 185 sinistros rexistrados nas estradas do concello co resultado de 17 persoas feridas de diversa consideración.

Entre as actuacións da policía destacan as 38 incautacións de droga que refricte a memoria e a detención de 16 persoas. A estas habería que engadir 74 denuncias con atestado en colaboración coa Garda Civil.

Neste 2001 o departamento de policía incrementou o seu parque móvil para cubrir todas as necesidades que se presentan no término municipal. Este parque se compón, actualmente de catro vehículos patrulla, un todoterro e dúas motocicletas de nova incorporación.

En capítulo de ordenación urbana, o que rexistra un maior número de intervencións, a policía local tramitou ata 1.770 informes;296 partes por deficiencias en elementos de mobiliario público e se tramitaron 24 solicitudes de novos vados.

A memoria da policía indica que neste período disminuiron considerablemente as denuncias urbanísticas con respecto ó pasado ano. En 2001 se rexistraron, neste apartado ata 88 denuncias.

Neste mesmo apartado destaca a realización de 16 informes elaborados a partires de verquidos e medio ambiente e 42 informes de desbroce de fincas.

De cara ó vindeiro ano 2002 seis axentes da policía local asistirán a un curso de atestados de tráfico que se impartirá na Academia de tráfico da Garda Civil de Mérida, un centro de recoñecido prestixio a nivel mundial.

As previsións indican, ademáis, que se continuará co labor iniciado xa hai sete anos, na educación vial e que se centrará, novamente, na prevención como parte fundamental do incremento da seguridade no tráfico.

Arriba
25-09-2001.- Arteixo contará con unha unidade de control das emisións contaminantes do polígono industrial

Unha unidade móvil do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia se encargará nos vindeiros meses, de estudia-la orixe e natureza das posibles inmisións contaminantes que se rexistren no Polígono Industrial de Sabón.

A iniciativa é posible gracias ós contactos establecidos pola Concellería de Medio Ambiente nos últimos meses.

O Alcalde Manuel Pose Miñones e o técnico de Medio Ambiente, Luis Varela, explicarán os obxectivos e situación desta unidade móvil no trascurso dunha rolda de prensa que se celebrará o vindeiro xoves 27 de setembro na alcaldía deste Concello a partires das 11.00h.

O encontro cos medios servirá para aportar novidades respecto do proxecto de recuperación medio ambiental no embalse do Rosadoiro.

Arriba
21-09-2001.- O novo IES de Pastoriza abre o Curso 2001-2002

A directiva do IES de Pastoriza abrirá oficialmente o novo curso escolar o vindeiro martes 25 de setembro nun acto que se desenvolverá a partires das 10.30 h.

O novo centro escolar de Arteixo, no que cursarán os seus estudios uns 400 rapaces, é froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e o Concello de Arteixo. O novo edificio ocupa unha parcela de 11.000 metros cadrados e contou cun presuposto de 333.230.903 pesetas dos que a Concello aportou 161.284.888 pesetas.

O edificio consta de 16 unidades da ESO, con 16 aulas polivalentes, 2 aulas de música, 2 aulas de informática,2 aulas de plástica e visual, 2 aulas-taller de tecnoloxía, 2 laboratorios, seminarios e biblioteca, ademáis dun ximnasio e un amplo patio cuberto. Todo isto nunha superficie total de 4.338 metros cadrados cunha superficie útil de 3.947 metros cadrados.

Arriba
20-09-2001.- O Conselleiro de Educación recibe maña a unha representación de Arteixo

Unha representación da APA de Ponte dos Brozos, así como a directiva do centro, acompañados pola alcaldesa en funcións do Concello e a concelleira de educación manterán mañá venres 21 de setembro unha entrevista co Conselleiro de Educación para analiza-la situación creada ó comezo do curso escolar.

A premura dos dirixentes locais así como a necesidade de buscar solucións permiten a celebración de este encontro que responde así ás peticións dos pais e nais afectados e que trasladaron ós representantes do goberno local o pasado mércores.

O encontro terá lugar na sede da consellería en Santiago de Compostela ás 13.00 h.

Arriba
20-09-2001.- O "Outono Cultural" inclúe máis de vinte actividades ata o mes de decembro

Manter unha actividade cultural continuada, ofrecer alternativas de ocio e aproveita-las infraestructuras que ofrece o Concello son os principais criterios que seguiu a Concellería de Cultura para deseña-la programación de Outono que se desenvolverá ata o vindeiro mes de decembro.

O teatro, con representacións semanales é un dos principales atractivos desta programación que inclúe, neste apartado, espectáculos de novo cuño e algúns de éxito xa contrastado. Asé se achegarán a Arteixo nos vindeiros meses as principais compañías galegas como Trinke Trinke, Tres Globos, Teatro del Norte, Sarabela, Áncora, Teatro do Galileo ou Tristans. Entre as obras destaca a representacións de "Lázaro de Tormes" o día 26 de Outubro; ou "O Lapis do Carpinteiro" a cargo de Sarabela teatro o 30 de Novembro.

A música é outro dos principais atractivos desta programación e a ela estará adicado especialmente o mes de Novembro. A Orquestra de Cámara Galega, Bandas Municipais, Big Bands, Coros de Cámara, Dúo Rosas de Amor ou o grupo de percusión latina Presto Vivace son só algúns dos músicos que visitarán Arteixo nos vindeiros meses.

Ademáis a Concellería de Cultura propón varias exposicións para achegar ós viciños distintos aspectos da arte, dende o máis vanguardista ata as expresións máis tradicionais. "Los secretos de los árboles" será a primeira destas exposicións a partires do vindeiro mes de outubro.

As actividades culturais inclúen, o vindeiro cinco de outubro, a presentación de libro conmemorativo do X aniversario deo Certame Manuel Murguía no que actuará a Coral Polifónica Follas Novas.

Una data destacada será o vindeiro 27 de outubro coincidindo coa celebración da segunda feira histórica Arteixo 1900, unha iniciativa na que se recrea o Arteixo de principios de século con persoaxes relevantes do Concello, así como actividades lúdicas e recreativas.

Arriba
19-09-2001.- O Concello apoia as reinvindicacións dos pais de Ponte dos Brozos ante o Conselleiro de Educación

O Concello de Arteixo, a través da Concellería de Educación, mantén contactos con Consellería de Educación e Delegación en A Coruña, dende o pasado mes de Xullo para tratar de axiliza-los traballos de remodelación do Centro Ponte dos Brozos. Tras unha entrevista mantida esta mañá, entre membros do Goberno Local e representantes dos pais, o Goberno local manifestou o seu acordo total e apoio incondicional ás reivindicacións dos afectados.

A alcaldesa en funcións, Isabel Vila Vilas, califica a situación de intolerable, tanto polos perxuízos que provoca ós pais como, sobre todo, ós alumnos.

Os representantes do Goberno Local concretarán unha entrevista co Conselleiro de Educación para que éste reciba ós pais, a ser posible esta semana.

Dende o Goberno local negase calqueira acusación de desidia xa que, dende o mes de xullo se manteñen contactos con representantes da administración autonómica para axiliza-los traballos.

Por outra banda, o Goberno tamén instou á empresa que executa ós traballos, a axiliza-lo máximo posible as obras. Esta fin de semana está prevista a chegada, dende Pontevedra, de distintos elementos que se instalarán no centro. O goberno local esixiu á empresa a colocación inmediata dos mesmos para facilita-lo retorno paulatino, e o antes posible, dos rapaces ás súas aulas e ó seu horario habitual.

Os representantes dos viciños indicaron que presionarán "todo o que faga falta" ante a administración autonómica para solucionar esta situación o antes posible.

Arriba
18-09-2001.- Servicios Sociais oferta catorce actividades para os maiores durante o curso 2001-2002

A oferta abarca a todas as parroquias do término municipal.

SERVICIOS SOCIAIS OFERTA CATORCE ACTIVIDADES PARA OS MAIORES DURANTE O CURSO 2001-2002

Ofrecer posibilidades de ocio ós adultos, así como axudar á promoción e dinamización social e humana deste colectivo, en beneficio dunha maior calidade de vida, son os obxectivos cos que, un ano máis, a Concellería de Servicios Sociais pon en marcha a oferta de actividades para adultos durante o período 2001-2002.

Son catorce alternativas divididas en tres grupos: obradoiros, aulas de adultos e saúde. Os obradoiros inclúen manualidades, debuxo e pintura, restauración e tapizado, bailes de salón, labores, teatro e canto.

As aulas de adultos abarcan programas de alfabetización, educación básica e obtención do graduado.

En canto á área de saúde inclúe actividades de reforzo da memoria, natación, ximnasia e baile-ritmo.

Algunha destas alternativas están, específicamente deseñadas para a terceira idade. Así en labores,teatro, canto, e reforzo da memoria, terán prioridade os maiores de cincuenta anos.

Os modelos de inscripción pódense formalizar no departamento do Servicios Sociais. Só serán de pago, 2.500 por curso, as actividades de manualidades, debuxo e pintura, bailes de salón e restauración e tapizado.

As actividades, na liña do Concello de as achegar a todas as parroquias, se impartirán en locais habilitados en Arteixo, Pastoriza, Oseiro, Meicende, Vilarrodís, Larín, O Rañal, Suevos, Monteagudo, Chamín-Barrañán, Uxes e Lañas. Os cursos se prolongarán dende outubro ata maio de 2002.

Arriba
14-09-2001.- Remata o servicio de salvamento

Este fin de semana xa non haberá socorrismo nas praias.

O DÍA 15 DE SETEMBRO REMATA O SERVICIO DE SALVAMENTO NO CONCELLO DE ARTEIXO

A partir deste domingo os usuarios das praias non contarán con ningún socorrista para facer fronte as eventuais urxencias.

Dende o Concello de Arteixo quérese recordar ás peroas que se acerquen as praias que extremen as precaucións a partir de agora.

Arriba
12-09-2001.- A piscina municipal de Arteixo clausura a campaña de natación 2001

O día 15 de setembro, Arteixo remata a sua campaña de natación.

A PISCINA MUNICPAL DE ARTEIXO CLAUSURA O PRÓXIMO DÍA 15 DE SETEMBRO A CAMPAÑA DE NATACIÓN 2001

Nesta campaña, ademais das actividades propiamente acuáticas, realizábanse o longo de toda a mañan, actividades culturais, deportivas, recreativas e de ocio, as cales tiñan como marco principal o pabellón de Arteixo.

O acto de clausura estará enfocado mais ben á natación, cunha exhibición por parte dos 250 nenos participantes nesa campaña, no cal poderán asistir tanto pais coma familiares.

O Concello de Arteixo e a piscina municipal invitan a todolos medios de comunicación a asistir a este acto.

Arriba
02-09-2001.- Exposición do censo electoral

As reclamacións pódense presentar nas Oficinas do Padrón Municipal

EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL ATA O VINDEIRO DEZ DE SETEMBRO

Con motivo das próximas eleccións ó Parlamento de Galicia 2001 o Concello de Arteixo expoñerá, dende hoxe e ata o vindeiro día 10, as listas do censo electoral. Todas as persoas que queiran poden as consultar, nas oficinas do Padrón Municipal na planta baixa da Casa Consistorial, e presentar a reclamación correspondente no caso de que algúns dos seus datos censais sexan erróneos.

É aconsellable que aquelas persoas que cambiaran de enderezo nos últimos meses, así como os que cumpliron recentemente 18 anos, comproben os seus datos.

As listas estarán expostas de luns a venres entre as 08.30 h e as 14.30 h.

Para presenta-las reclamacións só será necesaria a presentación do DNI.

Ademáis hai un teléfono de información gratuita: 900-101-900

O censo de españoles residentes en Arteixo ascende a 18.030 empadroados. A estes se suman os españois residentes ausentes que ascende a 1.038 persoas.

Arriba
01-09-2001.- A Avenida do Balneario será peatonal

A obra, presupostada en cincuenta millóns de pesetas, se sacará a licitación nas vindeiras semanas

A AVENIDA DO BALNEARIO SERÁ PEATONAL

O Concello de Arteixo peatonalizará unha a rúa máis céntrica do núcleo urbano nun trazado aproximado de douscentos metros. Trátase do proxecto de peatonalización da Avenida do Balneario  entre a Avenida de Fisterra e a Rúa de Viveiro que contará con subvención plurianual que para a realización da obra concedeu a este Concello a Consellería de Industria e Comercio.

O Goberno local considera de especial relevancia a execución desta obra para “humaniza-lo” núcleo urbano do Concello así como para favorece-lo desenvolvemento do pequeño comercio local especialmente concentrado nesta zona.

O anteproxecto recolle a necesidade de executar a obra atendendo a elementos de calidade o que potencie o uso da vía creando un entorno agradable, que atraia ás personas, modernizando e dinamizando o comercio que existe na zona. O documento propón, para tal fin, unha pavimentación de distintos tipos de enlousado que conformen unha separación para o paso extraordinario de vehículos lixeiros a garaxes e locais comerciais no centro da rúa, e outra exclusivamente peatonal preto das edificacións. O anteproxecto contempla a conservación do arbolado existente, a fin de mante-lo carácter actual da avenida.

A peonalización se realizaría ó longo de 200 metros, con un ancho de 12 metros. O presuposto inicial suporía un investimento de 50.000.000 de pesetas y un prazo aproximado de execución de sete meses.

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |