Outubro
|
|
30-10-2001.-
A Área do Seixedo crecerá máis de tres mil metros cadrados
O departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo ven de remata-la elaboración dun proxecto, que se levará a cabo nos vindeiros meses, enmarcado no Plan XXI para a promoción do turismo de natureza da Deputación Provincial de A Coruña.
A actuación, que ten un presuposto inicial de 11.738.503 pesetas (70.550 Euros), contempla o acondicionamento das marxes do río Seixeda dende a área recreativa ata o núcleo de Ponte en Vilarrodís. O planteamento céntrase nunha franxa de terreo que discorre ó longo do río, por ambas marxes, e que abraca unha superificie aproximada de 3200 metros cadrados. Trátase dunha área cuberta por vexetación adventicia e presenta toda a zona limítrofe ó río, a típica formación de bosque galería.
Con esta actuación búscase conformar un espacio de utilidade pública con dous enfoques complementarios: lúdico para satisface-las necesidades de esparcemento das poboacións próximas; e didáctico, para o que se aproveita a riqueza e características das especies animais e vexetais da zona.
A nova área estará percorrida por un paseo fluvial con unha franxa de circulación de 1'5 metros, e unha franxa verde da mesmos ancho. Para a banda de protección entre o río e o paseo, o proxecto contempla un recubrimento con escollera naquelas zonas nas que a acción da auga, en época de crecidas, poida erosiona-lo talud que tamén se proxecta.
A ampliación da área recreativa do Seixedo, coas características plasmadas no proxecto, permitirá dar un novo pulo á política municipal de dotar de zonas verdes e de esparcemento ós distintos núcleos do Concello.
|
Arriba
|
|
24-10-2001.-
Premios de debuxo sobre a exposición "Los secretos de los árboles"
Cento cincuenta e un escolares de Arteixo concorriron ó premio de debuxo organizado polo Concello e Unión Fenosa con motivo da exposición "Los secretos de los árboles" propiedade da compañía eléctrica.
O obxectivo da mostra, achegar ós rapaces a riqueza natural da península, incluíu, ademáis de visitas guiadas, a convocatoria dun concurso de debuxo sobre a temática da exposición. A esa convocatoria respostaron 151 escolares dos centros de Meicende, Ponte dos Brozos e Manuel Murguía.
O xurado entregou nove premios divididos en categorías, por idades, de 0 a seis anos, de 7 a 9 anos e de 10 a 14 anos.
A entrega de premios terá lugar mañá xoves 25 de outubro nun acto ó que asistirán a concelleira de educación Marina Álvarez e un representante de Unión Fenosa ademáis dos propios premiados e o profesorado dos centros.
Os premios consisten en distinto material lúdico e didáctico. Dende un maletín de supervivencia, tenda de campaña, prismáticos ou maletín de pinturas.
|
Arriba
|
|
23-10-2001.-
Alumeado en Quinto Pino e Larín novidades do plan de obras e servicios
O Pleno Municipal que se desenvolverá o vindeiro xoves dará o visto bo ó Plan de Obras e Servicios (POS) da Deputación Provincial para o exercicio de 2002.
Os traballos, que inclúen unha aportación municipal do 5%, inclúen a instalación de alumeado na estrada AC-410 dende o Quinto Pino hacia a zona de Arias Hermanos. Esta obra se fará en dúas fases. A primeira , con cargo ó POS cun presuposto de 51.799,86 euros dos que o Concello aportará 2.589,99 euros. A segunda fase, cun presuposto de 24.040,49 euros se fará en función das baixas de contratación que se produzan nos traballos principais.
O segundo deses traballos contempla a instalación de alumeado na estrada C-552 dende prolongación de Lañas ata Anide-Larín. A obra, presupostada en 76.504,56 euros, contará con unha aportación municipal de 6.415 euros.
|
Arriba
|
|
18-10-2001.-
Os escolares coñecen as árbores da península coa axuda do Departamento de Medio Ambiente
Alumnos de primeiro de ESO coñecerán nos vindeiros días a historia e natureza das árbores que poblan a Península merced ás visitas guiadas que á exposición "Los secretos de los árboles" organizou o Concello de Arteixo a través do seu departamento de Medio Ambiente.
Os escolares, acompañados dos técnicos de Medio Ambiente, percorren unha mostra que inclúe máis de cen fotografías das diferentes especies arbóreas, así como cortes de madeira, frotios e sementes das mesmas.
Nas primeiras visitas os nenos amosan especial interese pola falta do eucalipto, unha árbore que consideran típica da paisaxe galega e que é producto da importación. As visitas pretenden achegar ós nenos ó bosque e os inculcar a importancia de conserva-las especies autóctonas.
A exposición permanece na sala do Centro Cívico ata o vindeiro día 24 e o público pode a visitar en horario de 11.00 a 17.00 h; e de 17 a 20.00 h.
Por outra banda, o Auditorio de Centro acollerá mañá venres unha nova representación teatral das incluídas na programación cultural de outono. Trátase, nesta ocasión, de "O Lapis do Carpinteiro", baseada nunha obra homónima de Manuel Rivas. A compañía Sarabela Teatro, baixo a dirección de Ánxeles Cuña, presentará este espectáculo que conta, no seu elenco de actores, coa presencia de Fernando Dacosta, Suso Díaz, Fina Calleja, Elena Seijo, Josito, Xavier Estévez, Pepe Souto e Tito Asorey.
|
Arriba
|
|
10-10-2001.-
A Segunda Edición da Feira Histórica 1900 incluirá un concurso gastronómico
Arteixo acollerá o vindeiros días 26 e 27 de Outubro a segunda edición da Feira Histórica 1900 na que se recrea o ambiente do municipio a principios de século. A iniciativa, que o pasado ano congregou a máis de 5000 personas, inclúe este ano novas actividades entre as que destaca un concurso gastronómico baseado na cociña de Picadillo.
Outra das novidades que aporta esta segunda edición é que se celebrará durante unha fin de semana enteira.
O alcalde de Arteixo, Manuel Pose Miñones, presentará o programa da feira nunha Rolda de Prensa que se celebrará o vindeiro martes 16 de outubro no Centro Cívico e Cultural a partires das 11.00 h.
No encontro cos medios os técnicos de departamento de informática presentarán a páxina web do Concello. (www.arteixo.org) de recente creación. Na mesma pódese atopar información sobre todos os departamentos do Concello.
|
Arriba
|
|
09-10-2001.-
O entorno da presa de Meicende será un área natural de esparcemento
O Concello de Arteixo convertirá o entorno da presa de Meicende nunha reserva natural e área de esparcemento para os viciños desa industrializada zona do municipio.
O proxecto é froito da colaboración institucional con empresas do entorno: Repsol que aportou 25 millóns de pesetas, e ALCOA e SGL que ceden o uso da parcela onde se ubicará o novo parque.
Repsol, no convenio asinado co Concello, destaca o su interese por participar nesta iniciativa como mostra da súa vontade de participar en cantas actuacións favorezan e promovan o medio ambiente natural, e en concreto, das súas instalacións.
Pola súa banda Alcoa-Inespal S.A e SGL.CARBÓN S.A manifestan que co convenio pretenden a recuperación do entorno da presa para creación dun área natural adecuada ás actuais necesidades medioambientais, urbanísticas e poboacionais.
O alcalde Manuel Pose Miñones presentará o vindeiro xoves 11 de outubro este proxecto nunha Rolda de Prensa que terá lugar na alcaldía do Concello a partires das 11.00 h.
O mesmo proxecto se presentará ós viciños nun acto que, o mesmo día, se desenvolverá a partires das 20.00 h no local do Clube Sociedade Esperanza de Meicende. Ó mesmo están invitados o Conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo e directivos das empresas que participan na iniciativa.
|
Arriba
|
|
06-10-2001.-
O servicio de Deportes modifica a súa estructura para ofrecer mellor servicio
O Servicio Municipal de Deportes de Arteixo, na liña de "deporte para todos" e coa intención de ampliar e mellorar a súa oferta, deseña para o ano 2001-2002 unha nova estructura e organización que permitirá o desenvolvemento dunha maior actividade deportiva.
O novo deseño comeza polas escolas deportivas nos centros públicos de municipio. Trátase de actividades deportivas extra-escolares pensadas como iniciación ó deporte que se ofertan tendo en conta o desenrolo psicomotor dos nenos e xóvenes en idade escolar coa intención de completa-la súa educación, fomentar o espírito de equipo e o aspecto lúdico. Para o desenvolvemento destas actividades o Servicio de Deportes contará coa axuda, indispensable, das APAS dos centros. A oferta inclúe actividades de pre-deporte,xadrez,patinaxe, deportes, judo, karate, multiaventura, ximnasia rítmica e aeróbic. As clases se impartirán nos centros escolares entre as 16.00 e as 18.00 h.
Nun escalón superior se situarían as escolas deportivas municipais onde se busca a participación da xuventude, fóra das habituais actividades escolares. Tamén este bloque está pensado no fomento do "deporte para todos" e aberto a todas as idades.
Esta oferta se levará a cabo nunha instalación municipal ou concertada e con medios humanos e técnicos especializados. Neste campo se inclúen Escolas deportivas de terceira idade;mantenemento,aeróbic, recuperación funcional, judo, baloncesto, patinaxe, tenis e fútbol.
Por último a pirámide se completa con clubes deportivos específicos e actividades puntuais onde os cidadáns poden finalizar ou federarse nos deportes onde q ueiran competir en clubes de baloncesto e fútbol en todas as parroquias. Ademáis ó longo do ano o Servicio de Deportes ofertará diversas actividades de fin de semana como recorrido en quads, paintball, piraguas, rutas a cabalo ou sendeirismo.
|
Arriba
|
|
05-10-2001.-
"Los secretos de los árboles" primeira exposición da programación cultural de outono
A sala de exposicións do Centro Cívico e Cultural de Arteixo acolle dende o luns 8 de outubro e ata o 24 do mesmo mes a primeira das mostras incluidas na programación cultural de outono deseñada pola Concellería de Cultura.
Baixo o título "Los secretos de los árboles" a mostra recolle aspectos interesantes e descoñecidos de trinta especies de árbores da península ibérica a través de preto de 100 fotografías orixinais a cor. Preséntanse primeiros planos de cada unha das especies de ramas, flores, froitos , porte e corteza seguido dun comentario acerca dos aspectos máis interesantes de cada árbore como os seus aproveitamentos e curiosidades.
A exposición, obra de Susana Domínguez e Ezequiel Martínez, acompáñase de mostras de froitos, sementes e cortes de madeira das diferentes especies.
Haberá visitas guiadas para escolares e o público pode acceder á mesma en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 17 h a 20 h excepto os domingos e festivos.
|
Arriba
|
|
05-10-2001.-
A mellora da xestión municipal obxecto dun convenio coa Universidade de A Coruña
O Concello de Arteixo ven de asinar un convenio coa Universidade de A Coruña que ten por obxecto a realización dun sondeo de opinión para mellora da calidade dps servicios públicos.
As actividades, que se desenvolverán, inicialmente por espacio de tres meses, constará dun traballo de campo que realizarán membros da facultade de Socioloxía . Paralelamente a Concellería de persoal realizará unha enquisa sobre o mesmo .Trátase con esta iniciativa de facer accesible e sinxelo ó cidadán o trámite burocrático e administrativo. O sondeo, realizado por Socioloxía, servirá para determina-las principais demandas dos viciños neste campo e dispone-los medios necesarios para os satisfacer.
Por outra banda o Concello concurrirá ós premios que da a Consellería de Xustiza e Relacións laborais ás entidades locais con máis de 5000 habitantes, que realicen traballos na liña de mellorar a atención ó cidadán. Arteixo presentará dous traballos referidos á simplificación do procedemento administrativo e á prevención de riscos laborais.
|
Arriba
|
|
02-10-2001.-
O servicio de desenvolvemento local axuda á creación de actividade empresarial
O Concello de Arteixo, en colaboración coa Consellería de Familia e promoción do emprego, ven de poñer en marcha o Servicio de desenvolvemento local. Trátase, con esta iniciativa, de implantar políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
Para alcanzar os seus obxectivos o servicio realiza unha prospección do mercado coa fin de identificar ocos e posibles emprendedores.
Poñen en marcha campañas de difusión para estimular potenciais oportunidades de creación de actividade. Para esto levan a cabo accións de sensibilización que permitan o fomento dunha maior conciencia empresarial como fomento do emprego.
Os técnicos acompañan o inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos. Asesoramento da viavilidade técnica, económica e financiera dos proxectos son algúns dos apoios ademáis de información sobre trámites administrativos, axudas e subvencións para empresas de novo cuño. O asesoramento se completa con apoio técnico ós novos empresarios durante as primeiras etapas de funcionamento do novo negocio.
Neste senso o vindeiro día seis de outubro, o Centro Cívico acollerá unhas xornadas adicadas á formación e divulgación do cooperativismo e empresas de economía social. A actividade, subvencionada pola Consellería de Xustiza e organizada polo Concello, a través do Centro de Formación Ocupacional, consta de catro módulos nos que se analizarán o modelo cooperativo como empresa; o réxime económico das cooperativas; constitución dunha sociedade cooperativa ou a análise dunha experiencia real neste campo.
|
Arriba
|
|