Concello de Arteixo  
Correo Novas Inicio
 
 2001
Decembro
Novembro
Outubro
Setembro
Agosto
 
 2002
Ver novas

Novembro

29-11-2001.- O certamen de narracións breves "Manuel Murguía" alcanza a decimo primeira edición

O Concelleiro de Cultura, Juan Antonio Mouzo Grille, presentará mañá venres 30 de novembro, as bases que rexerán a décimo primeira edición do Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía"

O Certame literario, o máis importante das súas características na Comunidade Galega, abre en 2002 unha nova etapa despois da celebración do décimo aniversario nesta convocatoria de 2001.

No acto informativo estará presente, asemade, o coordinador deste certame Henrique Rabuñal Corgo.

O encontro cos medios comezará ás 11.30 h na sala de xuntanzas do Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

Arriba
28-11-2001.- Servicios Sociais organiza unha campaña informativa no Día Internacional de Loita contra a SIDA.

Con motivo do Día Internacional de Loita contra a SIDA, que se celebra o vindeiro sábado un de decembro, o Concello de Arteixo, a través da concellería de Servicios Sociais, pon en marcha unha campaña de sensibilización sobre a prevención do VIH dirixida tanto ó alumnado dos centros de ensino secundario do municipio coma á cidadanía en xeral.

As actividades propostas, e que se desenvolven ó longo de toda a semana, supoñen a disposición de mesas informativas nos centros de ensino do Concello. Mañá xoves esa mesa estará no Centro de Formación Profesional de Arteixo e o venres no Instituto de Pastoriza. A información acompáñase con reparto de preservativos e publicidade en relación coa prevención da SIDA.

O sábado esa mesma actividade trasladarase ó Feirón de Arteixo para que toda a cidadanía poida acceder á información. Ademais, durante esta semana a Radio Municipal ofrece datos sobre a incidencia do VIH no mundo e emite cuñas informativas ó respecto.

Arriba
27-11-2001.- O Concello creará unha área recreativa na travesía de Meirás en Meicende

O Concello de Arteixo creará unha área recreativa de dous mil metros cadrados en Meicende, unha zona especialmente necesitada destes espacios e que o Goberno Local quere incorporar paulatinamente ó entorno.

O goberno que preside Manuel Pose quere, con estas iniciativas, facilitar ós veciños de Meicende o acceso a zonas verdes de esparexemento nun entorno eminentemente industrial. Nesa liña trabállase, actualmente, na creación do parque do encoro que pasa por ser un dos proxectos máis ambiciosos do actual equipo de goberno e que se executará nos vindeiros meses.

A nova zona verde sitúase entre o colexio San Xosé Obreiro e a igrexa. Preténdese crear un espacio aberto con zona vexetal e mobiliario urbano que presente un entorno agradable e de esparexemento para os veciños. O parque respectará as actuais conexións co pequeno espacio público situado diante da igrexa e contempla a execución dun muro vexetal contra a parte traseira do colexio.

O pleno que celebrará a corporación municipal o vindeiro xoves inclúe un punto na orde do día no que se propón a aprobación e declaración de utilidade pública dos terreos nos que se situará esa nova zona recreativa.

Ademais a sesión plenaria contempla, noutros puntos, a autorización da Consellería de Educación para a desafectación de tres escolas unitarias; así como a aprobación inicial dos regulamentos de funcionamento da biblioteca municipal e das instalacións deportivas municipais.

Arriba
26-11-2001.- Servicios Sociais diversifica a súa oferta coa Aula Aberta de Sol y Mar

A Concellería de Servicios Sociais comeza a descentralización dos seus servicios coa apertura da Aula Aberta de Sol y Mar, en Oseiro. Trátase con esta iniciativa de achegar ás parroquias actividades e servicios tradicionalmente centralizados en Arteixo.

A aula aberta de Oseiro nace merced á colaboración entre o Concello e a Asociación de Viciños Manuel Murguía que cede o seu local para uso municipal durante quince horas á semana.

No novo espacio prográmanse actividades para distintas idades, especialmente para a terceira idade, infancia e xuventude. Así, os luns adícanse ó "rincón do xogo" con especial atención ás actividades para os máis cativos. Os martes establécese un punto de atención directa coa Oficina de Información Xuvenil para evitar ós mozos o ter que acudir a Arteixo para realizar calquera consulta. Os mércores haberá teatro e os xoves formación do voluntariado. Os venres a aula permanecerá aberta e se pensa nas propostas dos viciños para realizar actividades directamente demandadas por eles.

O horario destas actividades é de catro a sete da tarde, e contará con personal especializado do Concello e monitorado.

A nova aula funciona dende o pasado mércores aínda que a súa apertura oficial terá lugar nos vindeiros días. Arestora procédese ó acondicionamento definitivo do espacio con traslado de novo mobiliario e equipos informáticos.

A apertura desta aula aberta é o primeiro paso que da a Concellería de Servicios Sociais na descentralización dos seus servicios. Próximamente outras parroquias contarán con un espacio similar que facilite o desenvolvemento de actividades dos cidadáns.

Arriba
22-11-2001.- O Servicio de Deportes levará ós escolares ó Deportivo-Valencia

Escolares de primaria dos centros de Arteixo poderán asistir gratis ó próximo encontro que disputarán en Riazor o Deportivo e o Valencia. Será o vindeiro día nove de decembro e a oferta inclúe, ademáis da asistencia ó partido, transporte de ida e volta.

O servicio municipal de deportes quere, con esta iniciativa, achegar a práctica deportiva, a todos os niveis, ós escolares do municipio. Dende o deporte de base ata a elite.

Nesa liña tamén se oferta para os escolares de 10 a 13 anos, a posibilidade de participar na "campaña de neve" para o que se conta coa colaboración da Deputación Provincial. Entre xaneiro e febreiro próximo os rapaces poderán viaxar á estación invernal de San Isidro para practica-lo esquí. A actividade será subvencionada e o custo non sobrepasará, todo incluido, as 10.000 pesetas.

Por outra banda, o Servicio de deportes, amplía a oferta deportiva do Concello coa creación da escola municipal de Tai Chi que se pon en marcha merced a un convenio de colaboración co Ximnasio Di-Som. A actividade, pensada principalmente como mantenemento para a terceira idade se desenvolverá o luns, mércores e sábados no ximnasio de Ponte dos Brozos. As inscricións xa se poden formalizar no servicio municipal de deportes.

Ademáis chegouse a un acordo co clube "Rookie" para poñer en marcha unha escola de Baseball. A oferta redúcese a rapaces de entre 6 e 12 anos e se desenvolverá os sábados nas instalacións municipais da Avenida de Arsenio Iglesias. A escola de baseball será gratuita.

Arriba
21-11-2001.- "New York, New York" no Auditorio do Centro Cívico e Cultural.

"New York, New York"; "Peter Gunn" ou "La Pantera Rosa" son algúns dos ritmos que se escoitarán mañá xoves no Auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo como parte do programa desenvolvido pola Concellería de Cultura para homenaxear a Santa Icía, patroa dos músicos.

A Big Band do Conservatorio de Carballo será a encargada de enche-lo recinto de música americana nun acto que comezará, con entrada gratuíta, a partir das oito da tarde. O programa inclúe pezas de Henry Mancini, Neil Diamond ou Benni Goodman.

Dentro desa programación dedicada a Santa Icía a música soará tamén o sábado, día 24, na igrexa de Santa Mariña en Lañas. Neste caso trátase dun concerto de cámara que, a partir das 18.00 h, ofrecerá o grupo "Ludus Tonalis", que interpretará, entre outras, "Nobody Knows", "Yesterday" ou "canto de berce"

Por outra banda a programación cultural de outono recupera este venres as representacións teatrais. Nesta ocasión, a partir das 20.30 h, o Auditorio acollerá a obra "Sucesos" a cargo de Áncora Produccións. As entradas para asistir ó espectáculo, para maiores de catorce anos, xa están á venda no Centro Cívico ó prezo de 200 pesetas.

Arriba
19-11-2001.- O Concello mellora as instalacións da piscina municipal

O Concello de Arteixo investirá máis de catro millóns de pesetas na mellora das instalacións da piscina municipal. Trátase de completa-la infraestructura da piscina aportando novos elementos que redunden na ampliación de servicios e na satisfacción dos/as usuarios/as.

Os tres mil setecentos corenta e nove socios e socias cos que conta actualmente a piscina poderán gozar, nun prazo aproximado de quince días, de novos elementos para o ximnasio. Neste senso disporanse novas cintas andadoras, pesos libres, bicicletas e outros elementos demandados polos/as usuarios/as.

Ademais, procederase en vindeiras datas, á instalación de dúas saunas que completen a infraestructura deportiva das instalacións. Neste senso salienta este ano a inclusión dun solario. A inclusión destes elementos responde ás demandas dos usuarios e usuarias da piscina. O seu uso non ocasionará, exceptuando o solario, o pagamento de tarifas especiais.

Na nova campaña a piscina dispuxo ademais novas actividades como natación para bebés, matro-natación ou aqua-fitness.

Arriba
16-11-2001.- Protección Civil ocupa as novas dependencias do Parque de Bombeiros

Os trinta e cinco membros que integran a Agrupación Local de Protección Civil de Arteixo, ocupan dende hoxe, as novas dependencias dispostas para o seu traballo no edifico do novo parque de Bombeiros situado na parcela 24 do Polígono Industrial de Sabón.

O traslado de equipos de material comezou a se facer a pasada semana. As novas dependencias ocupan unha superficie superior ós 200 metros cadrados e contan con zona de oficinas, sala de reunións, centraliña e habitacións con liteiras para pasa-las noites.

Ademais habilítase unha zona para os vehículos que actualmente ocuparán dous camións de bombeiros e tres todo terreos.

O traslado de persoal e equipos non supón cambios nos teléfonos de emerxencia de protección civil que continuará operando a través do 981.64.14.14.

As instalacións completaranse proximamente cun pequeno ximnasio que compartirán os membros de Protección Civil e o corpo de bombeiros que se traslade a Arteixo.

Ata o de agora a Agrupación Local de Protección Civil ocupou unha sede provisional na Avenida do Balneario nas antigas dependencias de urbanismo antes da reforma da Casa do Concello. Anteriormente estaban na planta baixa do edifico de servicios múltiples reformada recentemente para amplia-lo centro da terceira idade da Baiuca.

Arriba
14-11-2001.- A Biblioteca Municipal informatiza o servicio de préstamo

Tres mil cento sesenta e seis perosas, socios e socias da biblioteca municipal, dispoñen estes días do novo carnet que da dereito ó servicio de préstamos na Biblioteca Central e as axencias de lectura de Meicende e Oseiro.

O novo servicio, parte do proceso de informatización do departamento, permitrá ós resposables do mesmo manter un control directo sobre o material que entra e sae da biblioteca. Nesa misma liña está en proceso de aprobación definitiva, o regulamento de funcionamento das bibliotecas municipais. O documento permitirá normalizar os préstamos, uso de equipos audiovisuauis, utilización das salas ou normas de estancia nas axencias de lectura.

Por outra banda a Biblioteca municipal ven de ultimar a campaña de animación á lectura prevista para este mes de novembro e que se dirixe a escolares de primeiro, segundo e terceiro de primaria dos centros de Arteixo, Oseiro e Meicende.

Dar a coñece-los servicios da biblioteca ós primeiros lectores e achegar, de xeito lúdico o mundo da creación literaria é o obxectivo principal deste taller. A través de contacontos, a cargo de Alacrán Teatro, os rapaces se iniciarán na literatura, como lectores e como creadores.

A actividade se desenvolverá os vindeiros días 19, 20 e 21 de novembro, en horario de mañá, en cada unha das axencias de lectura do municipio. Os escolares acudirán ó centro que esté máis próximo ó seu colexo. Haberá transporte para os alumnos.

Arriba
14-11-2001.- Ritmos Cubanos na programación musical do Auditorio

Danzón, bolero, songo, chanqui ou guaracha serán algúns dos ritmos que a Concellería de Cultura oferta dentro das actividades musicais previstas para esta semana. O vindeiro venres, 16 de novembro, o Auditorio do Centro Cívico, acolle a actuación do grupo de "percusión latina Presto Vivace". Trátase dunha actividade de carácter gratuito que comezará ás 20.30 h.

Trátase dunha iniciativa que traerá a Arteixo a unha das poucas formacións que en Galicia adícanse ó cultivo do ritmo latino con percusión. A calidade, nos diferentes tipos de sons e nengón, son a súa principal característica.

O programa do vindeiro venres inclúe pezas como "Juan Tanamera", "Son de Loma", "Me gustas tú", ou "La negra Tomasa", entre outras.

Arriba
13-11-2001.- A segunda fase da Escola Taller de Monticaño contará con un investimento superior os 170 millóns de pesetas

Cincuenta e catro alumnos integrarán o grupo de traballo que se encargará, nos vindeiros dezaoito meses, de aborda-la segunda fase do proxecto municipal de recuperación do monte do Monticaño, en Pastoriza.

A Xunta de Galicia ven de aprobar unha subvención para este fin, de 122.886.774 pesetas ás que o Concello de Arteixo sumará preto de 50 millóns. O custo total da escola, nesta segunda fase, superará os 172 millóns de pesetas.

Os novos alumnos asistirán a un curso de formación de seis meses de traballador forestal, carpinteiría, cantería e albañelería. Ademáis se ocuparán de rematar os traballos iniciados na primeira fase do proxecto: concluirán traballos de acondicionamento no edificio que albergará a cafetería, a casa do conserxe, un mirador e un edificio de oficinas. Por outra banda se continuará co proceso de repoboación forestal da zona con especies autóctonas.

O proceso de selección dos alumnos, que compartirán as administracións local e autonómica, comezará inmediatamente para que a nova escola taller comece a funcionar antes do vindeiro día 15 de decembro.

A primeira fase desta iniciativa abarcou unha superficie de 50.000 metros cadrados. Os traballos realizados comprederon a reforestación, acondicionamento de camiños en aglomerado e inicio de construcción de edificios. A prmeira fase supuso un investimento cercano ós douscentos millóns de pesetas que aportaron a Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo.

Arriba
08-11-2001.- Comezo das actividades deportivas municipais e extraescolares

O servicio municipal de deportes comeza hoxe as actividades escolares e municipais previstas para este exercicio despois do convenio asinado recentemento coas APAS dos centros escolares e dentro da nova estructura deportiva disposta polo concello co fin de diversificar e amplia-la oferta.

A oferta deportiva conta, para este período, ata maio de 2002, con unha aportación municipal de 13.600.000 pesetas o que supón un incremento de cinco millóns con respecto a 2000. A consignación inclúe 3.000.000 pesetas para adquisición de material deportivo nos centros escolares.

As actividades extraescolares, que se impartirán nos centros de Galán, Meicende e Arteixo, pretenden completar e potencia-la educación física regrada nos centros para escolares de infantil de primaria. Neste senso ofértanse actividades de pre-deporte, xogos ou psicomotricidade.

As escolas deportivas municipais chegarán a tódalas parroquias do Concello coa intención de diversificar e amplia-la oferta existente. Entre outras, se impartirán actividades de mantenemento, ximnasia de terceira idade ou deportes como fútbol e tenis.

Dentre do grupo de actividades deseñadas polo servicio municipal de deportes atopamos as que se imparten mediante convenios asinados con clubes deportivos. Neste senso o servicio de deportes ven de asinar un acordo co clube Patin-Axel para impartir a actividade de patinaxe. Nas vindeiras datas buscarase un acordo similar co Clube Baloncesto Arteixo para imparti-la actividade de baloncesto.

Arriba
08-11-2001.- O Concello aposta polas enerxías renovables

O Concello de Arteixo, en colaboración co INEGA, está a desenvolver unha análise dos posibles recursos eólicos do término municipal. O estudio se realiza en dous puntos de grande potencial eólico como Barrañán e Monte Alto.

As instalacións, dúas torres desmontables provistas de sensores e equipos de rexistro e adquisición de datos, analizarán a forza do vento existente na zona durante os vindeiros dezaoito meses. A partires dos resultados obtidos neste período se determinarán as características da zona, así como a frecuencia, dirección e intensidade dos ventos. Os datos obteranse mensualmente.

As conclusións do estudio determinarán o potencial real do emplazamento e a viabilidade dunha futura instalación de xeneración enerxética para autoconsumo.

As instalacións para a realización do estudio se ubican en Barrañán e Gomesende por seren estes dous puntos os máis idóneos polo seu potencial eólico.

Arteixo prepárase, con esta iniciativa, para a aplicación da recente normativa da Xunta de Galicia aprobada o pasado 25 de outubro, mediante un decreto que regula a creación de parques eólicos singulares. Estas instalacións teñen unha potencia non superior a tres megavatios e adícanse únicamente ó autoconsumo de enerxía nas propias instalacións municipais.

Trátase, polo tanto, dun proxecto pioneiro no ámbito municipal onde o Concello de Arteixo, eminentemente industrial, aposta polas enerxías renovables e de respeto ó medio ambiente dentro dunha nova concepción que trata de achegar a xeneración ó consumidor final.

O Concello de Arteixo quere, con esta iniciativa, poñer a primeira pedra dun longo camiño cara ó uso de enerxías renovables e alternativas que axudan a mellora-lo entorno e preserva-lo medio ambiente.

Arriba
07-11-2001.- A pavimentación e saneamento da rúa de Cee en Meicende aliviará o paso de tráfico pesado

O Concello de Arteixo ven de inicia-lo levantamento das actas previas á ocupación dos terreos afectados polo proxecto de pavimentación e saneamento da Rúa de Cee en Meicende.

A importancia do proxecto fai que o Concello opte pola vía expropiatoria por primeira vez despois de que outros expedientes de este tipo se fixeran por parte de outras administracións. O expediente afecta a trece propietarios dos que, a metade, xa chegaron a acordos co Concello. Non se descarta, por parte da admnistración, o chegar a acordos co resto de afectados antes de conclui-lo trámite expropiatorio.

O informe técnico do proxecto, presupostado inicialmente en 6.491.056 pesetas, destaca a importancia desta actuación para mellora-la calidade de vida dos viciños da zona. Segundo ese informe se necesita ocupar os terreos que enlazan coa Avenida de Palleiro nun primeiro tramo; e coa Avenida de Butano no segundo.

O primeiro deses tramos conta con precarios servicios urbanísticos de alcantarillado e abastecemento conectados ás redes da Avda de Palleiro. O segundo non conecta coa Avenida de Butano e carece de servicio de saneamento que, actualmente, faise mediante fosas sépticas.

A proximidade da Rúa de Cee ás instalacións de Repsol e Butano fan necesario, segundo o informe técnico, resolve-la conexión entre ambas vías para evitar o tráfico pesado procedente das instalacións industriais e facilita-lo tránsito peatonal e rodado na zona. O informe conclúe que a obra é extremadamente necesaria por razóns de seguridade, salubridade, ornato e hixiene.

Arriba
06-11-2001.- A música clásica chega ós escolares do municipio con concertos didácticos

A música, en forma de concertos didácticos, e a literarura, centran as actividades culturais desta semana no Concello de Arteixo.

Achegar a música de cámara ós xoves, e facer que a sintan próxima e viva, é o obxectivo dos concertos didácticos que ven de promove-la concellería de cultura para os escolares do municipio. O vindeiro venres, 9 de novembro, os nenos dos Colexos de Galán e San Xosé Obreiro de Meicende, asistirán ó primeiro destes concertos didácticos a cargo do cuarteto Castenda. No espectáculo, que comezará ás 10.00 h no colexo de Galán, preséntase a música clásica entremezclada con aquela que, habitualmente, escoitan os nenos dándolle un xiro ó vello tópico que condea ós instrumentos clásicos a interpretar únicamente obras de repertorio. Na actividades preséntanse e explícanse os instrumentos que aparecen; escoitase unha mesma melodía interpretada de distinto xeito e alúdese ós distintos estados de ánimo que pode suxerir unha peza.

O adagio de Albinoni, o Canon de Pachelbell ou a pequena serenata nocturna de Mozart serán algunha das pezas que Castenda interpetará para os escolares de Arteixo.

Por outra banda o auditorio do Centro Cívico acollerá, tamén o venres, a presentación do libro "A derradeira decisión" do autor arteixán, de adopción, Francisco A. Vidal. O esritor estivo moi vencellado nos últimos anos a este concello xa que viviu na parroquia de Oseiro e participou activamente nas actividades da Asociación de Viciños Manuel Murguía. Foi ademáis un dos principais defensores da figura de Murguía á hora de acadar unha data das letras Galegas para o autor nacido en froxel. O acto, que comezará ás 20.00 h e con entrada libre, rematará con un concerto a cargo do dúo "Rosas de Amor" .

Arriba
05-11-2001.- Os maiores de Arteixo viaxarán a Canarias

O Concello de Arteixo, a través do departamento de servicios sociais mantén aberto o prazo de inscripción para a viaxe que se realizará a canarias entre o 12 e 19 de novembro próximos.

Os interesados, ( terceira idade, pensionistas e xubilados), deben de formaliza-la súa inscripción no departamento de servicios sociais entre o 5 e o 8 de novembro próximo.

A viaxe, que se oferta a 80 persoas , levará os vecinos a Puerto de la Cruz na illa de Tenerife. Os viaxeiros disfrutarán de réxime de pensión completa nun hotel de tres estrelas.

O prezo da viaxe establécese en 42.000 ptas por persoas.

Máis información

Arriba
  |   Anterior   |   Inicio   |