Ir o contido principal

Nadal para todos os públicos

O Nadal chega a Arteixo este venres 30  Novembro co tradicional encendido das luces. Será ás 18.30 h na Avenida do Balneario e, como tamén marca a tradición, haberá reparto de chocolate, pasarrúas e actuación musical. O "Circo de Navidad" chega dende Portugal para animar, dende as seis da tarde, as rúas do centro de Arteixo. Un circo de variedades onde se destilan todos os sentimentos destas datas como a amizade, a tolerancia e a igualdade. Con música e malabares sumaranse ao encendido navideño, participarán na chocolotada posterior e percorrerán novamente as rúas ata a Praza do Balneario para ofrecer unha actuación de fin de festa. 

Nadal2018

 

É o pistoletazo de saída a un mes de actividades, propostas de ocio e festexos para todos os públicos e todas as idades. 

Nova edición do encontro de panxoliñas, monólogos, Feira do Galo, outra edición do Arteixogo, xantar de Nadal para os maiores ou gala solidaria son só algunhas das propostas que finalizarán coas cabalgatas de reis xa no mes de xaneiro. 

galo

Non faltarán á cita o festival de cantos de Nadal, o espazo xuvenil nin a Festa de Fin de ano que amenizará, nesta ocasión a orquestra Los Satélites.