Escudo do Concello Correo Inicio

Ruta

dos Areais

Mapa de ruta

Nesta ruta de senderismo pódese contemplar a fermosura dos areais de Arteixo. Ruta que comeza en Barrañán e que bordea toda a costa polos areais até chegar ao Porto de Suevos. Os extensos areais de Barrañán, Valcovo, O Rañal e Alba son un fermoso lugar de esparexemento durante todo o ano.

Balneario de Arteixo

Sáese do paseo do areal de Barrañán e sóbese pola CP-0514 en dirección ao areal nudista das Combouzas. Á altura do carril-bici, á esquerda hai un camiño de terra que conduce ao areal de Area Grande, bordeando a costa.

Igrexario de Loureda

Despois duns 1800 metros achégase até o areal de Area Grande e desde aquí cómpre desviarse pola estrada á esquerda para dar co areal de Area Pequena. Séguese costa arriba pola pista de terra e bordeando a costa até achegarse ao areal do Carreiro. Ó remate da subida cómpre seguir recto até entrar nun bosque de eucaliptos onde hai un camiño cara á esquerda e outro que sobe recto; cóllese o da esquerda que é o que conduce ao areal de Ripibelo.

Desde o areal de Ripibelo continuamos polo camiño de terra en dirección ao Rañal, todo recto, sen se desviar. O camiño remata nun cruzamento coa estrada onde se collerá contra a esquerda e ao baixar áchase o campo de fútbol do Rañal.

Desde o campo de fútbol crúzase a ponte que pasa sobre o Río Bolaños e ao chegar ao cruzamento, cómpre desviarse en dirección ao areal e, a uns cincuenta metros, hai un carreiro areoso á dereita que bordea o areal e que conduce até Sabón

Casa rectoral

A partir do areal de Sabón sóbese cara á estrada deixando a central á esquerda. Ó rematar a subida pódese ver á esquerda un desvío, tómase e ao remate da baixada no cruzamento cunha estrada máis ampla cómpre virar á esquerda.

O Pazo de Atín

Continúase recto deixando a Central á esquerda e vendo o encoro do Rexedoiro á dereita. Continúase o camiño e albíscase a centraliña de Unión Fenosa da térmica de Sabón e despois a ponte que marca o final do encoro. Ó pasar o encoro vírase á esquerda até chegar a unha antiga estación hidroeléctrica abandonada "Bocatoma" a onde se chega despois de ter percorrido un quilómetro desde o areal de Sabón.

Igexario de Morás

Desde este punto cómpre coller un camiño de terra que bordeando a costa sen se desviar se achega até un cruzamento cunha estrada de asfalto. Neste cruzamento coa estrada hai que virar á esquerda baixando unha costa que conduce ao Porto de Suevos e hai que facer un percorrido de tres quilómetros para achegarse a el e rematar así a ruta.

  • Distancia total: 9,2km.
Mapa de ruta