Para as rutas recoméndase levar unha mochila con auga e algún alimento rico en azucres para que realice unha achega enerxética que o corpo agradecerá durante o percorrido. En canto á vestimenta aconséllase levar roupa deportiva (cómoda), roupa de abrigo dependendo da climatoloxía e, moi importante, o calzado. Preferentemente unhas botas de "treking" aínda que o terreo non presenta moitas dificultadaes e se podería usar un calzado deportivo simplemente.